Hoxe, despois de comer, pegueime unha escapada a Rostro para surfear unha horiña e despois estudiar ben fresquiño.
pensaba que a marea ía a estar demasiado baixa, pero nada mais chegar vin unhas dereitas que xunto co pouco tempo do que dispoñía, foron factores decisorios para que o seguinte xesto despois de quitar o cinturón de seguridade, fose quitar o cinto do pantalón.
Estaba completamente só
O tamaño era máis ou menos o meu preferido (unha porta e pico as máis grandes)
e na textura do mar notábase que horas antes estivera o vento case oeste porque estaba algo revolto, pero cara o medio da praia, a textura do mar íase alisando..e finalmente quedouse un suroeste suaviño que lle pegaba ben.
Había bastante corriente que te desplazaba do pico, e xa é dificil dabondo situarse ben cando estás só na auga con algo de tamaño como para que che dificulten a tarefa. Ademáis, cara a esquerda da praia, a corrente tiraba cara a esquerda, e cara o centro da praia, tiraba para a dereita. Un lío.
Como sigo sen cámara, vou a facer como kyle xy pero a lo cutre, jeje. Vou a intentar plasmar imaxes que teño na cachola.
Seguro que moitos dos lectores do blog, que fan surf, algunha temporada trataron de facer un diario cos días de surf, anotando cousas como o tamaño das olas, o vento, os compañeiros, definindo as olas... pois eu nunca o fixen. Moitas veces me apeteceu pero son moi vago. O que facía eu era, cando estaba na universidade, nas asignaturas que me aburrían moito, facía dibuxos das "fotos mentais" do baño e só anotaba o día e o lugar. E con iso solía acordarme do baño.
Hoxe deume por facelo outra vez para ensinarvos dúas cousas:
despois de esperar un bo anaco pola serie sentado na táboa... sen darme conta a corrente desprazoume cara o medio da praia, onde as olas son máis grandes e fortes.
Bueno, pois caeu a uns 30 m de min unha serie, que a pesar de estarmos no quinto pino, sacou area do fondo, levantouse un barrote todo marrón, e fixo un tubo como unha casa cun labio máis gordo que a miña mesiña de noite!
Foi algo tal que así (o monigote púxeno eu para que vexades a proporción)
Despois desa ola prometinme a min mesmo:"como vexa outra desas... marcho pacasa"
e a outra cousa rara foi a seguinte: indo de camiño hacia o pico que sacaba algunha dereita, cadroume de casualidade unha esquerda. Destas olas que as colles como quen non quere a cousa para avanzar uns metros paralelo á praia, e ó final se levanta un olote. Pois ben, levantouseme tan rápido e sorprenderonme tanto tantas seccións tan seguidas..tan. que xa non sabía nin que facer na ola. Limiteime a correr para adiante. Ó final, ía a caer unha boa sección por diante, pero calculei que non cabería no tubo, polo que me decantei por intentar un floater. Subín con demasiada forza para arriba, e cando ía por encima do tubo, nun intento desesperado de correxilo erro e volver para abaixo, inclineime hacia abaixo tanto que me acabei apoiando coa man. ó final non o conseguín. Quedeime detrás da ola, pero foi unha sensación para gardar no serebelo.
Xa vedes, ós que estamos aprendendo calquer cousa nos chama a atención.
E prefíroo, porque me acordo de cando empezaba a facer windsurf, e o día que planeaba coa táboa... era o máis feliz da miña vida. E agora, o día que non se planea un 50 % do baño... é unha merda.Ou non, amigos windsurfistas?
Un abrazo, boas ondass, e a conservalo espiritu do principiante!
3 comentarios:
CARALLO PARA AS OLIÑAS. IDA SON JRANDES DE CARALLO. HAI QUE METERLLE UN PAR DE JUEVOS AINDA PARA BAÑARSE. EU AHI CREO QUE IBA COLLER O BODY E DEIXAER A TABLA NO COCHE. PARA METERME UNS AEREOS E UNS ROLLIÑOS QUE XA FAI TEMPO QUE NON OS FAGO... E SEGUN PARECE AS OLIÑAS ESAS IÑAN FORSA COMAREA.
UN SALUDO A TOSSSSS
DEIVIS
que guais os debuxos! estoume acordando do debuxo de cando tiñas 4 ou 5 aniños.. o que tiñas colgado na porta da tua habitación, tes que subilo aqui!
:) bicoss
tades taraos.
pa diario o q habia na cola,acordadesbos?entrando na eskerda o lao de wendy.jeje como molaba todolos dias apuntaos,as olas y o q marcara o dia,como(judias fixome doer a cabesa)jeje. tes q colgar movidas desas. ala a tomar x kulo.
TEI
Publicar un comentario