viernes, 26 de octubre de 2007

En busca de vento

Ó igual que ás veces se percorre a costa en busca de boas olas, hoxe fixemos o mesmo pero buscando un bo sitio para facer kite.
chegamos ata camariñas, atopando sitios moi bonitos que nunca viramos.
Sempre o digo, se chegamos a pagar un pastón para ir a algún sitio e vísemos un sitio así, diríamos: valeu a pena. E temos cantidade de sitios chulísimos ó lado de casa que nin sabemos que existen

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e ó final acabamos facendo kite en Muxía, na praia de espiñeirido e navegábamos ata o espigón, acabando a sesión na praíña que hai na entrada de muxía, pegando saltiños nunha microlagoa que se formou coa marea alta. A auga estaba completamente plana, era unha auténtica gozada. O malo que so había uns 25 metros de ancho e os saltos había que facelos no medio para non ter ningún tipo de susto, verdade David? jeje. A xente alucinaba. Vese que non é un deporte moi visto aínda por esta zona, que coche que nos vía coche que paraba a mirar. Xente grabando, móbiles, xente asomada ás ventás..Vamos, que houbo público. Cousa que lle encanta a uns que me sei eu :)

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Un saúdo!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Isto non e Hawaii ¡¡¡e Jauja!!!.Temos uns dos sitios millores do mundo para a práctica de deportes de natureza,pero sobre todo cos relacionados co mar.E non o digo como fanático patriotero.A revista de tirada nacional Fuerza 7,no seu Nº 2 (xa fai uns aniños) recoñecía a praia de Carnota como a millor do mundo para a práctica do windsurf.

Gracias os deuses,sólo uns poucos afortunados podemos disfrutar de istos micro-paraísos que nos encontramos nas reviravoltas da nosa costa ¡e que dure!.

Polo leído,pero sobre todo polo oído,a sesión de Muxía foi todo un espectáculo.Solo faltou a Tv.
A seguir dando caña e a disfrutar.
Un saúdo.

Juan Louro ( Ezaroenfotos.blogspot.com)

Anónimo dijo...

ruben! q pasa ! non contestaches o meu sms , fumos a nemiña e pillamos olas wapas pero algo pequenas, son RObs!!! fixen un blog, yeah! unome a festa!

o meu e www.lavidaporelnorte.blogspot.com

o mercores ou martes imos de novo a nemiña, vente!!!!

Rubén Prieto dijo...

Boas Juan!
Benvido!

A verdade é que tes razón. tanto para wind como para olas; se os guiris que se percorren toda europa surfeando me din que a súa estancia nesta zona foi a mellor da súa viaxe.. supoño que será por algo. Calidade e tranquilidade

ah, e o teu blog moi chulo, vaia fotazas que sacas, si señor. enlázote.

Rops!!!!
cando lin a mensaxe xa era hora de ir para cama :) quedoume o mobil en casa...k jodienda
alégrome de que pillaras boas olas, a ver si así vides máis a miúdo jeje...
ah, enlázote tamén

Un abrazo ós dous