Hoxe foi tremendo
Fun á praia co meu amigo tolo Ignacio, sobre as 3 para coller a marea alta. Non pintaba mal de todo, pero parecía que as olas non tocaban ben o fondo. As que o facían, eran bonitas.
A velocidade á que nos poñemos o traxe de neopreno é indirectamente proporcional ó mollado que esté. E cambiámonos moooooi despacio (chorreaban)
xa cando nos estábamos colocando os inventos, vimos unha olaza perfecta. Tería casi unha porta de tamaño, e rompeu con un tubo perfecto durante uns 4 ou 5 segundos. Segundos nos que eu berreaba ¡sifón!, ¡sifón!, sifón! ata que o fixo.
despois deso corrimos a toda mecha para a auga.
O mar estaba totalmente ordenado e máis glassy que unha piscina sen estrenar. de vez en cando viñan unhas oliñas decentes, pero morrían no canal, perdendo bastante forza. Forza que foron recuperando a medida que ía baixando a marea.
As olas, cada vez mellor e mellor, con tamaño máximo de unha porta. pero non volvimos a ver ningunha como a do sifón.
A sorpresa, foi a visita dos golfiños.
Achegáronse ó pico onde estaba eu, e eran ENORMES, acercáronse a máis non poder. Viñan surfeando as olas e deixábanas xusto cando as ía a coller eu (alguén lles debería de ensinar as normas de localismos e preferencias, eles son os primeiros surfistas da historia). Aínda que nunha ola, vin unha sombra por debaixo que supuxen que sería un deles. Só me asustei cando ía a facer o pato nunha parede na que un golfiño se dirixía a toda caña cara min. (como chocara conmigo... eu non sei si quedaría enteiro)
Foi impresionante. Xúrovos que había un que parecía un ballenato, debía de pesar 300 quilos polo menos. Está ignacio de testículo :)
Seguimos collendo dereitas bastante boas durante un rato (xa coa compañía de Rueda), pero cando se acercaba a hora de ter que ir a estudiar, esperei a última ola. (esa que tarda tanto en chegar.. se é mala...porque é mala e non vale, e si é boa... porque queres outra desas)
Esperando esperando, por fin collín unha que, debeu ser a máis parecida a esa olaza que víramos dende a orilla antes de entrar.
Rompeu rapidísima e con moita forza. Agacheime un pelín, clavei a man na parede para frenar un pouco... e a disfrutar do espectáculo. Un cilindro perfecto me perseguía, intentando abrazarme e conseguindo taparme por encima (non completamente). Co frenesí do momento o cerebro non me deu como para buscar outras técnicas de frenado que non fosen clavar a man na parede. O ruido...atronador, sonaba a oco, e os meus berridos gays (xa sabedes de cales falo, todos fixemos algún) soaban a eco, como nunha habitación baleira.
Un día para lembrar
Unha aperta
3 comentarios:
desde luego que bien viven algunos...
mecachis no estaba yo alli para hacer las fotos. Una pena , pero ayer me acoste mas tarde de lo que pensaba y hoy no me dio tiempo a ir.
Que suerte tienes Ruben!!!
a verdade non me queixo anónimo, que estudiando 7 ou 8 horas diarias me quede tempo para pegarme un bañiño, non ten precio.
Dani, pensei moito en chamarte, pero ó principio non pintaba moito mellor que antonte que estiveches ti...
e antes de provocar que alguén se faga 100 km en coche, téñoo que ter moi claro :) ademáis, supuxen que si non estabas sería porque non puideches.. jej
Unha aperta!
pd. si vichelas prediccións, supoño que nos veremos pronto ;)
Publicar un comentario