Moi boas!
Hoxe, debido ó temporal, non curro. Demasiado "jevis" as condicións para rapaces que acaban de empezar no surf; inda que hai algúns como Nico, que non lles da medo. Demostroumo onte ;)
Pois ben, como hoxe teño un ratiño, cólgovos dunha vez por todas unhas fotos que tiña ganas de que vírades. Como son moitas, e me iba a eternizar subíndoas, baixeilles algo a calidade, e eso que xa non era moi boa. Pido disculpas anticipadas.
O 4 de agosto fumos a facer o descenso do río xallas. De monitores ían os nosos amigos David (o deivís dos comentarios), David (bato, tarzán, masapán..), e Alberto (malías, judias, judi para os amigos).
Pasámolo en grande, e a paisaxe que puidemos disfrutar, non se ve tódolos días.
Comezamos:
O descenso comeza dende o embalse, e remata na tan coñecida fervenza do río Xallas
Equipados con traxes de buzo con reforzos, casco, chalecos e tenis vellos... chegamos á primeira poza
Tivemos auga totalmente cristalina durante todo o descenso, e cunha temperatura ideal, nin frio nin calor, cero grados.
Aquí vemos a Tei remolcando a Rosi
Pasamos por sitios que parecen escenarios dalgunha película de James Bond
E aquí o primeiro indicio de que este é un deporte de risco, jeje, unha pequena víbora veu a saudarnos o pouco de comezar. Aquí Bato (tarzán), salvándonos dos perigos. Pero unha idea nos rondaba ó resto... ¿por donde estaría a nai desta criatura?
chegou o primeiro saltiño decente. Aquí todos pensativos...
aquí david mostrándonos o seu dominio da situación :)
Neste salto todos nos animamos a facer a voltereta
Unhas saían ben e outras non tanto jeje
Outro salto, este xa era voluntario, so subía quen quería.
Aquí ó lado había outro máis alto, que é o do video
Jeje, e mirade aquí a David, co grande que é e metido nese furadiño
Había moitos tobogáns que tiñan un saltiño no medio. Moi divertidos
A ver se atopades a cabeza de golfiño
Esta vista era espectacular, había que saltar, e uns metros máis adiante facer o primeiro rapel
Este creo que é o mesmo salto pero visto dende outro lado
Dende aquí facíamos o rapel, e esta sensación de altura era moi similar á do salto do video (e que dende abaixo non parecía nada!)
uns baixaron por un sitio, e outro baixamos por outro
Esta era a parte máis alta pero menos vertical da baixada
Aquí estamos Tei, Rosi, Alba e eu, mostrando a nosa alegría por seguir vivos jeje
Mentres esperábamos a que baixaran todos, disfrutamos deste salto
Aquí levei un planchazo no peito de moito cuidao
unha das miles de fervenzas que vimos polo camiño
Dende o aire podíase divisar, como uns compañeiros disfrutaban dun jacuzzi natural. E pensar que pagamos pastóns por unha bañeira con burbullas nun spa
Pozas...
Rochas...
Este era un tobogán no que rematábamos caendo nunha poza. Pero no camiño, había un cabr***onazo (deivís, como non) que no camiño, agarrábache por unha perna e ibas o resto do camiño deslizándote, dando voltas totalmente descontrolado. Foron unhas risas. Sobretodo os careto da xente, como este meu jeje
Aquí chegamos ó punto que máis impresionaba de todo o camiño. Mirábas para abaixo e pensabas: "mima, teño que baixar ata alí, colgado dunhas cordas; cordas que atan uns amigos que estan como cabras...jeje como mola"
Alguén tiña que ser o primeiro. Aquí van Tei e Rosi
Menos mal que as árbores non ten vértigo, porque si non esta moi mal o ten que estar pasando
Aquí, Miguel, orgulloso de si mesmo e do que estaba facendo...berraba: "Holaaa!! soy Miguel, el hijo de Lola de Corcubióoonnn!!" jajaja
Ultimo tramo da baixada
a partir de aquí xa daba igual.. seguir baixando ou saltar directamente
Se vos fixades ben hai un puntiño no medio que é David, o último en baixar.
Por fin chegamos...sans e salvos :) A paisaxe seguía sendo tremenda
E despois de tremenda aventura, ocorreuseme comentar: "¿imaxinades que despois de baixar todo esto caeramos aquí nesta pasarela?"... e en fracción de segundo xa están david e bato (monitores) colocándose para sacala foto :)
Unha aperta a todos!
3 comentarios:
vaia pasada! encantoume! fun mirar unha vez o típico domingo que abren as comportas e está a fervernza de Ézaro en pleno apoxeo (e atestado de guiris) pero non imaxinaba que houbese tal cantidade de saltos e recunchos entre o embalse e o mar.
o pasariades de medo!
una saudo!
Que guaaaaaaai! Eu tamen queeeerooo! Eu tampouco tiña nin idea desa baixada....
Vendo a fervenza os domingos dache a impresión de que vén directamente ó dereito do encoro, jeje..
Moi chulas as "afotos"
Biquiños!
comoo MOOOLALAAAA EU TAMEN QUERO FACELO!!!!!!!!!!! jeje
xa era hora que despois de 3 anos facendo o barranco, conseguira unhas fotos con xeito del, e inda por riba cos meus colegas.jejeje.foi un dos barrancos mais comodos que fixen.
parece mentira que vivamos tan cerca dun sitio tan vonito e que apenas o coñeza a xente. ten vido xente do eraro e non saber que eso se podia facer,e que habia tantas pozas e saltos.jejeje
animo a todo o mundo a que veña a facelo, xa que se pasa moi ben e non e peligroso, podedes preguntarlle a xente que o fixo.
eso si eu dos monitore non me fiaria moito jejjjeej sobretoddo dun tal deivis que ta medio furado jejjeeje NOOOOOOO.
raquel cando veñas pasar uns dias pola tua terra queroche ver apuntada para facer o barranco que che ten que gustar mogollon.
e ti iago a cascada xa a vistes dende abaixo agora toca dende arriba,colgao por unha corda, saltando, nanado....
veña un saludo a todos e espero vernos polo barranco, que merece apena.
DEIVIS.
Publicar un comentario