Hoxe tocou poñerse de faena! Encántame.
Puxémonos Tamara e eu a pintar un teatriño para facer numeros titiriteiros e a cousa quedou así :)
E como en casa de ferreiro coitelo de pau.... aínda teño en casa a miña táboa recién shapeada esperando a que me decida que pintarlle. Para as táboas dos demais, paredes, etc... non tardo nada en decir "eu faría esto, aquilo ou aqueloutro..." pero para as miñas cousas non sei porque sempre tardo máis en decidirme.
O outro día nunha reunión, comecei a garabatear nunha folla, fixen unha cabeza dun cabalo e despois emocioneime e seguín... :)
E agora á noite acabo de facer un deseño para unha tatuaxe dun bo amigo (Arturo, unha aperta!)
As pistas que tiña para facer algo que lle gustase a él(hai xente que se empeña en pensar en un mesmo para deseñar as cousas, e o tema non é así) eran as seguintes:
- Un tribal no que se adiviñe unha calavera
- Calavera mala (en realidade poucas calaveras transmiten bo rollito non?)
- E que fose alargado dando casi aspecto de calavera de Alien...
Garabateando saíu isto...
a ver si era algo así o que tiña na cabeza
Que será remodificado, sobretodo no que é o interior da liña, que irá igual que outra tatuaxe que ten no hombro. E xa postos.. tal e como fago cos murales, fixen unha pequena montaxe para que se faga unha lixeira idea de como lle pode quedar
Unha aperta Arturo!!!
3 comentarios:
No es el estilo que me gusta en los tatuajes, me va más el estilo japonés o el americano clásico, pero aun así es un buen trabajo.
Sau2
Graciñas Werty:)
a min en xeral non me gustan as tatuaxes...Ou polo menos nunca vin nin imaxinei algún o suficientemente bonito como para querer velo toda a vida... Pero neste caso intentei comprender o que o meu amigo quería e plasmalo. Ademais, tendo a ventaxa de saber a localización incluín algunh acousiña que creo que lle pode favorecer... Como por exemplo, encaixar e dar forma á mandibula da calavera para "simular" o músculo oblicuo (este que tanto gusta ás mulleres) e na parte de arriba tres raias simulando o serrato. Aínda que non se identifican.. penso que inconscientemente pode sentar ben.
Ao dono gustoulle. Será o primeiro que leve tatuado un dibuxo meu! todo unha honra para min :)
apertas!
carallo cambiei o idioma jajaja. Sobre os tatuuuusssss eu levo un no hombro dereito pero pequeno, sempre quise facer un grande no brazo pero a muller bótame de casa jajaja
Sau2
Publicar un comentario