viernes, 12 de febrero de 2010

Disfraz de Avatar

Ou mellor dito, de Na`vi.

(Carlos, aínda non a viches?) ;)
Se non víches a película en 3D, estás tardando. É unha auténtica pasada. Eu fun ao cine medio mosca (porque non me soen gustar as típicas películas ás que lle dan tanto bombo, tipo señor de los anillos ou harry potter) pero saín ENCANTADO. De feito, ó día seguinte volvín a vela dende uns asentos que vibraban...e volvería a vela por 3ª vez.

Dito isto, ao que ía. Supoño que a todo o mundo se lle ocorrería disfrazarse en carnavais de Avatar, porque saes do cine desexando ser un Na`vi, indíxena de Pandora.

A min xuntáronseme as ganas de ser un Na`vi, coas que tiña (dende fai anos) de facer uns zancos (dos de atar ás pernas). Así que púxenme mans á obra. Se me da tempo de facer o disfraz, ben, e senon... pois teño uns zancos.

Dispoñíame a encargar uns na carpintería pero pensei que ao mellor apañaba co que tiña por casa. Así que aquí explico como fixen (en plan chapuzas) uns zancos aquelando con tódolos aqueles que teñas para aquelar no teu aquel.

Atopei iso (á estructura de madeira vinlle forma de caballete e pensei que era unha señal para que pintase a táboa dunha vez) e coa axuda dun machete, unha serra e un martelo quedeime co que me interesaba...

Cunha serra de calar recortei dunha madeira máis grosa estes tacos

que soportarán a maior parte do peso.
Medín a altura desexada tendo en conta que o sobrante de arriba non pode ser nin moi corto (para que faga ben firme) nin que pase dos xeonllos.
E a base de puntas e martelazos fixen esta chapuzada de zancos. 4 puntas pola parte de abaixo do taco (cunha inclinación perpendicular á forza que exerceremos ao subirnos), unha por cada lado en diagonal para que o taco non se separe de pau, e dúas grandes por arriba para o mesmo. Despois 4 puntas en zig zag clavando a táboa na que irá o pé ao taco.

O meu benquerido proxenitor dime que iso vai aguantar 20 pasos, con moita sorte. Eu xa os probei e penso que como moito pode escachar a táboa onde vai o pé, xa que fai firme en pouca superfice. Pero o taco, aposto a que non cae, cajona`ví. De todas formas, para reforzar o un e o outro, farei o que me propuxo: colocar dous "ángulos" de madeira máis en cada zanco, un a cada lado.
Ah, e atopei un cacho dunha tubería da auga, corteina ao medio e fixen unha especie de protector/abrazadeira para os xemelgos. Cubrireinos dalgunha tea ou espuma, fareille unhas ranuras e pasarei por elas unhas cinchas de belcro para fixar os zancos ás pernas.
Algo tal que así

Aproveito para presentarvos a miña táboa recén pintada. Púxenme a pintala sin saber o que ía a facer. Foi fruto da máis pura improvisación, pero non me disgusta de todo o resultado. É que se esperaba a que se me ocorrese o debuxo perfecto non a pintaba nunca (Chus! cando querias laminámola!). Os bordes brancos e a parte de abaixo irá con resina tintada de amarelo e laranxa.

Seguindo co disfraz de Avatar...
Buscando tutoriais de maquillaxe atopei cousas como este personaje que di que se maquilla en 10 segundos...son unhas risas (a partir do segundo 35)


E outros máis currados como este (moi longo)


Para a cabeza pensei en mercar unha peluca e facerlle trenzas. Se non é o suficientemente longa, engancharlle unha trenza feita con lá. Para facer como si estivese rapado polos lados, tratarei de buscar un gorro de piscina azul (ou branco para pintalo) e cortar a peluca e pegala nel.

Para o corpo, o propio sería ir con taparrabos e pintado, pero como somos humanos, e imos pasar frío... Buscarei uns leggins ou mallas de tía azuis, taparrabos e licras ou camisetas de manga longa apretadas.

E se alguén me presta un cabalo, póñolle atrás dúas patas máis e bueno, xa non falta detalle :)

E ti? de que vas ir?

Unha aperta!!

9 comentarios:

Carlos el rojo dijo...

Ni la he visto, ni la veré. ¡Abajo Avatar! ¡Boicot al Cameron! ¡No más pitufos del espacio!

PD: La tabla, al final, te ha quedao bastante apañá. A ver si este finde bajo por ahí y la veo en diresto.

PPD: Odio los carnavales.

Anónimo dijo...

carlos xa somos dous sen ver avatar, a ver si nos dan un premio por elo, que nolo merecemos.jejje

con respeto a tabla ruben vouche dicir a verdade. e un pouco fea. cas boas ideas que tes ti sempre e o artistico que eres me pareciu raro que fixeras eso.si ma deras amin creo que me saldria aljo millor.jejejje, non o tomes a mal.
creo que no teu fondo opinas tamen o mesmo. un saudo

deivis.

Rubén Prieto dijo...

Sosos coño!
que queredes, que non se forre o Cameron por facer disfrutar a medio mundo de dúas horas e media fantásticas?
que pensades...? que agora mesmo está dudando de si cenar en restaurante ou uns espaguettis en casa porque lle faltan 20 euros de dous chavales que hai en galicia? jeje
Vós volo perdedes!
A mellor proba é que, cando normalmente calquer película gusta a uns e non gusta a outros...esta... é que non coñezo a ninguén ao que non lle gustase! e cando a vexades (porque a veredes) teredes que darme a razón, porque non hai cojones a atopar algo o suficientemente grave como para que tire por terra o espectáculo visual que vos ides perder se non a vedes en 3D. Masquesosos! xD

Con respecto á táboa.... Carlos, gracias. David, capullo. (ter amigos pa esto) Teño aquí gardados 4 fuegos da festa de pereiriña para lanzar cando fagas un comentario positivo. Cona!
(lectores, no os preocupeis, somos amigos y vamos de buen rollo eh) joputa!

Unha aperta pa todos menos pa deivis
;)

Nacho dijo...

eu vina e paréceme unha cinemática dun videoxogo (as peliculiñas esas guay feitas entre fase e fase)pero de duas horas...
non sei... nin fú nin fa! É unha pena que gasten tantos cartos en facer eso e despois outras coa 10ª parte fan maravillas...
Máis cartos para Haití e menos para os pitufos do espacio! Estou con Carlos el rojo.

Diego B. Yáñez dijo...

Aunque yo igual tendría que estar calladito, he visto los comentarios y como no trago al flipao del Cameron(que no ha inventado nada nuevo, ya que el 3D existe desde hace mas de 60 años y el argumento de Avatar es igual que "Bailando con lobos")Que sepas ruben (y esto viene de estudios que hemos hecho en la Escuela de cine con nuestro profesor especialista en 3D) que la mitad de la pelicula esta rodada en 2D y la gente traga, y Cameron se cree Dios (y si es tan bueno a ver porque se raja y no es capaz de hacerla entera en 3D;de hecho ningún primer plano -entre otros muchos- está hecho así porque es complicado, que no imposible,pero Cameron se rajó).Si no prueba a kitarte las gafas en medio de la película y ya veras. No digo que la peli sea una autentica mierda pero el marketing esta barriendo las ideas

Fran dijo...

Eu a mirei en primeira fila, debido a un fallo na compra das entradas por internet. Cando levaba unha hora de peli sentin un dolor no ollo dereito que me acojonei a ostia. Durante a proyección sentinme mareado, unha das persoas que viña con nos acabou vomitando o final da peli. Segun parece recomendan non mirar as zonas desenfocadas -cosa que fixen, quizas por ahi veñan os mareos-. Visualmente hay momentos espectaculares, concretamente cando van enriba dos paxaros. Tamen estou de acordo con Gerry, a estetica videoxogo manda moito. Tamen resulta un pouquiño larga, recomendable? Penso que vale a pena de ver. Saudos

Alvaro Perez dijo...

Pues a mi me gustó bastante!será tipo videojuego pero aun así esta muy bien lograda, la volvería a ver!
y lo que quiero ver es tu disfraz de Avatar Rubén, que yo me iva a hacer el mio pero al final ahí quedó la cosa.

Saludos

Señor Werty dijo...

Eu a vin pero o destacable é o 3D a peli non é moita cosa, e xa ameazan cunha 2ª parte. Así que o mellor, a túa taboa.

Sau2

Rubén Prieto dijo...

mimaaa!! xuntáronseme aquí tódolos aos que non lles gustou a peli! jajaja

a ver.. vou intentar contestar un pouco a todos...

Eu non me considero crítico de cine nin nada polo estilo... é máis, considérome un ignorate no tema porque vexo moi pouco cine.

O que si é que, como espectador, teño qeu dicir que me alucinou. Que fun a coruña a propósito para vela e quedeime para vela o día seguinte por 2ª vez. E volvería a vela unha terceira.

Gerry, claro, máis cartos para haití. Pero o Cameron gastou tantos cartos porque sabe que os iba a recuperar, e si os recupera é porque os espectadores pagan. Creo que recuperou o invertido en dúas semanas. E pagámosllo entre TODOS. Eu ingresei cartos na conta de medicos sen fronteiras e máis fun a vela peli. Se todos os que foramos vela peli ingresásemos o mesmo custo da entrada para haití, poderíase forrar o chan da illa con billetes de un dolar.
jeje.. e si, parece un videoxogo, pero é que se pasa tan ben... jeje

Diego, certo que o marquetin barre ideas, pero eu fun vela "a pesar do marketing" porque é algo co qeu non trago. E si, dinme conta do que comentas. Da segunda vez qeu a vin probei a quitar as gafas moitas veces... e sobretodo nos primeiros planos potentes (nestes nos que se ven os poros da piel) non había 3d, ou polo menos no que estaba enfocado. Porque o de atrás (o desenfocadoo) parecía que estaba alonxado en vez de acercar o enfocado non sei si me explico. Aínda que media peli estivese en 2D como espectáculo visual do mellorciño que vin nunca. Que o argumento é como bailando con lobos ou pocahontas? pois si, pero mira, son duas películas que me gustaron moito. comparala con elas non é algo negativo ao meu modo de ver. Bailando con lobos tamén me gustou moitísimo...
Gracias por animarte a comentar meu!! A opinión dun pofesioná é tamén moi interesante (este rapaz estudiou imaxe e son... non?)

Fran, que pena, en primeira fila é unha putada ver calquer peli... e máis en 3d supoño...

Varo! por fin alguén ao que lle gustou a peli neste blog home! jeje Que eu escribín que non coñecía a ninguén que non lle gustara e xuntáronseme todos aquí no blog! jajaja

Werty, graciñas! pois eu serei dos primeiriños en ver Avatar II jeje
O argumento, aínda que sexa máis ou menos previsible, paréceme que está moi ben montado. Bastante coherente e lóxico a pesar de ser de ciencia ficción

Unha aperta a todos e graciñas por comentar!!