lunes, 22 de febrero de 2010

Secuencia en Ne miña

Canto máis surfeo menos sei. E refírome, sobretodo, ás posibilidades de que haxa un bo baño ou non en función das condicións meteorolóxicas.
Cantas máis veces vas a unha praia, máis veces che sorprende para ben ou para mal; O que fai que cada vez esteas menos seguro das posibilidades de baño.

Moitas veces, chámanme amigos preguntándome como están as praias de por aquí para non pegarse a kilometrada de balde, e atópome co dilema. Se lles digo que non creo que haxa nada, e paso eu de casualidade porque vivo ao lado e hai olazas... síntome mal claro! e se digo que se veñan porque creo que pode haber algo e ao final quedamos todos en terra coméndonos os mocos...mal asunto tamén.

En fin...

Que o outro día achegueime a Nemiña sabendo que non a ía a coller no punto de marea adecuado... e había baño igual.

Houbo un pico en marea alta, outro en media e outro en baixa. Cando normalmente só hai un piquiño en alta (e con moita sorte).

Xa saíran todos da auga, e bañeime eu só. Bueno, non tan só: Cando o sol comezou a sumerxirse no horizonte, acompañáronme unha bandada de golfiños que saltaban e surfeaba moi preto de min. Un auténtico espectáculo natural. Sen adestradores nin elementos artificiais. Neses momentos, por un lado sínteste en total harmonía coa natureza, integrado molécula a molécula, e por outro sínteste un pouco intruso, por pertencer á raza animal que pretende destruílo todo.



Suso Tudor, que andaba por alí, quedouse coa miña cámara e sacoume un par de secuencias:




Non hai nada como verse (en foto ou video) para darse conta de todo o que un fai mal, ou todo o que se podería ter intentado e non se intentou.
Neste caso, ademais de correxir a postura, penso que o que se podería ter intentado sería un reentry aproveitando o punto vertical da onda, non? Porque fun demasiado optimista pensando que o tubo sería o suficientemente grande para entrar. E digo "intentar" por decir algo... é como mercar un boleto do euromillón. Se non se merca non toca non? :)

Unha aperta!

E esta semana disfrutádea, mirádea, e saboreádea como se fósedes nenos...

8 comentarios:

Anónimo dijo...

JOer rubix que dia mas wapo!La foto del botom wapisima! yo aqui comiendome los moquillos con el hombro fastidiado y tabla nueva sin poder estrenar. La viste?
Danix

Señor Werty dijo...

Cada vez teño mais ganas de facer surf de novo, carallo¡¡¡

Sau2

Couselo dijo...

Non fago surf, entrei de casualidade nesta páxina, só que me impresionaron as fotos e quería darte os meus parabéns.

Isabel Tomé dijo...

Fillo, os mocos non os comas, leva clines, que cho teño dito ¡marrano!

curuxa dijo...

Grazas, Rubén. En días como hoxe, as fotos túas e o teu comentario fan o mesmo efecto que un chapuzonciño virtual. Vou minimizar a túa entrada para volver mirala de vez en cando.

Fran dijo...

Totalmente dacordo co teu comentario acerca das condicions do baño. Eu xa estou chegando a conclusión de que o guinguru confunde mais que informa. Acerca da parte tecnica, sobre iso xa non podo aportar moito. Saudos e unha aperta pra tod@s.

Rubén Prieto dijo...

Danix! tabla moi guapa, a ver se a estrenamos o finde ;)

Werty, pois ánimo carallo!

Couselo, moitísísimas gracias!! benvid@

Ma, es una forma de hablar mujerrr..

Curuxa! moitas graciñas polo teu comentario! alégrome de que che servira de "refresco"

Fran, era máis romántico antes de windguru, cando tiñamos que coller o periódico de dous días atrás para ver as borrascas, isobaras, e calcular metros, vento e dirección de mar defondo adecuado... peeeeero..

Biquiños e apertas para todos! gracias por comentar

BarbaKana dijo...

Joer ! pedazo momento.Yo aun espero un tubo que me trague entero...sera una lavadora más..pero con la sonrisa bajo el agua !! Pena de video a camara leeeenta...o stop-motion,como lo del mural...Un saludo!!