Dani, Anahí e eu atopámonos hoxe a Nemiña dun humor moi común nela. Trátase do típico baño no que, ou che dificulta moito a chegada ao pico (marea baixa), ou te lanza sin dudalo mar adentro impedíndoche situarte ben (marea alta).
(experimento de foto)
Un baño no que, ao estar só, aumenta a dificultade para estar no sitio oportuno no momento adecuado...
E se non estás ben colocado... toca comer de lo lindo. Porque Nemiña soe funcionar pequeno, pero cando ten xenio... ten xenio. E das de "de facer as cousas facelas ben".
É o típico baño no que te botas cando che apetece castaña porque te atopas en forma. E como hoxe non era o caso... (levo un mesiño surfeando moi pouco) pois pasamos. Ademais, non atopei o pincho por casa (xa ten tela o asunto) e alí só tiña a vella 6,3. Outro tema importante, co meu nivel medio-cre creo que sería unha auténtica lotería coller ben unha onda.
Ademais non era baño para que disfrutásemos os tres. Aínda que agora que o penso Anahí seguro que nos sacaba unhas fotos de campionato :) (si dábamos pillado algunha)
E non sei si vos soe pasar, pero cando estás a punto de entrar nun baño destes, xa case decidido, quédase o mar en calma chicha... e despois aparece un seriote que arrasa con todo incluída a zona onde deberíamos estar colocados para coller o resto das olas.
O bo destes baños? que colles unha ola boa e vale por tódalas olas que poidas coller en medio inverno. E será da que te acordes por moitos anos...
5 comentarios:
nunca vin Nemiña así, pero non me importaría nada.
unhas fotos impresionantes
AFF kra mto massa teu blog,
amo o mar, vc eh mto fera.
parabééns mew, teu blog... arrasou. :D
buff mete medo so mirando a foto,tades tolos so de pensar en entrar ahi,e con eses inventos k te gastas...joer para rematar ben o dia.
eso es amor a primera vista jajaja por lo menos para mi, que olas tan guapas..
un abrazo alis
Graciñas!
xa me estou empezando a arrepentir de non ter entrado... xD
Publicar un comentario