sábado, 2 de enero de 2010

Unha de consellos

Fai 6 anos, estaba sentado nun banco dunha estación de autobuses, observando á xente que subía e baixaba, que chegaba e marchaba, que falaba e calaba, que miraba ou durmíaa (aquel "rapeiro" tira un papel na papeleira, a señora sacode o paraugas, o home gordo de xersei de rombos estase quedando durmido no banco, unha parella bícase e abrázase sen parar ¿chegaría ou irase?, a avoa agarra ao neto da man, unha señora baixiña ponse á cola do autobús...) intentando adiviñar a onde ían, que lles preocupaba, que os facía felices, e que demo se lles podía estar pasando pola cabeza. Os que máis me chaman a atención son os maiores. Canta experiencia, canta sabiduría, cantos consellos cheos de polvo porque ninguén se interesa en sacalos e buscar entre as follas cheas de vivencias, entre os anos cheos de palabras.

Rompendo a barreira da vergoña e do "que dirán", mirei para o vello duns 80 anos que estaba sentado ao meu lado, e pregunteille sen un "Ola" como aperitivo:

- Se tivese vostede 18 anos, que faría? (a miña idade naquel entón)

E pensando que me iluminaría cun par de consellos construídos de arrugas, callo, e un zume de arrepentimentos e alegrías, contestou:

- Pois esperar polos 19.
- .....


Entre que non era precisamente a resposta que me esperaba e que a súa expresión acusábame de ser un vivo exemplo de "a xuventú está tola"...non sabía moi ben que contestar, pero bueno. Serviume para ser consciente de que se hai xente nova que vive "esperando a que pasen os anos", como se non fosen envellecer...de vella seguirá pensando igual, esperando a morte. E dende logo que cada un é libre de vivir como lle apeteza, pero dame rabia cando vexo a xente que "desaproveita", ao meu modo de ver, a súa vida non vivíndoa a tope. Con isto non quero dicir que este vello tan amable (que non me pegou nin me contestou mal) fose un destes casos. Ao mellor era un paracaidista do exército americano que deu á volta 3 veces ao mundo, unha andando, outra en bicicleta e outra a cabalo...pero non lle apetecía contestar a aquel pipiolo da estación.

Aínda que, agora que o penso, ao mellor o vello contestoume intelixentemente e con humildade, porque os consellos hai que descubrilos por conta propia para que sirvan :) Como me rallo.

En realidade supoño que aquel Rubenciño que comezaba a saír do cascarón estaría esperando algo como o que se di neste video. (Vale moito a pena)


Unha aperta a todos e sede moi felices!

5 comentarios:

mou de lugo dijo...

Feliz ano ;)

Estou moi de acordo, Ruben. Hoxe en dia estamos a perder a experiencia dos "vellos" por non parar a escoitalos.
En moitos casos son apartados, ou xa non forman parte da unidade familiar, e as veces preguntamos porque hoxe pasan cousas que antes non pasaban...

Moi boa reflexion a dos consellos!
saudos

Rubén Prieto dijo...

:) certo..
graciñas polo comentario.
Por certo meu, como facemos coa sudadera? téñoa aquí lista. Mañá paso por coruña. Acércocha e qeudamos ou deixocha en raz?
Si queres contactame.. xa sabes.. carpediemsempre@hotmail.com
apertas!!

paideleo dijo...

Mui bo video.

ferdoesaro dijo...

con este video fixen unha coreojrafia de expresion corporal e aprobei polo que disia o video, non polo que bailei...e impresionante
ijual que a tua reflexion

Rubén Prieto dijo...

Moitas gracias fer...
o video está tremendo, para ver moi a miúdo e non olvidarse das cousas que importan
Un saúdo!