jueves, 24 de diciembre de 2009

Sudaderas! chalecos!.. bueno, bonito, barato!

Imos adiante!

Cando decidín facer sudadeiras para os "catro amigos" que seguen o blog, nin se me pasou pola cabeza que ía a chegar a este punto (130 pedidos en menos de un mes!), pero xa que a cousa parece que avanza, decidín intentar facer as cousas ben.

A semana pasada rexistrei a marca "surf costa da morte" co seguinte logo
Photobucket
A partir de agora, os deseños que saque, sexan como sexan, levarán ese logo en miniatura nalgún lado da prenda como distintivo, cual cocodrilo de lacoste, pero con máis clase jajaja

Hoxe saltei o muro do veciño para disfrutar do seu estudio de fotografía que ten montado en casa, con flashes profesionais, paraugas reflectores...etc e ademais de aprender un par de trucos aproveitamos para sacarnos unhas fotos coas sudaderas e algunhas das cores que están saíndo
Photobucket

Aquí temos a yaiza posando cunha sudadera último modelo ;) anticipándose á moda que arrasará no mundo enteiro este inverno xD
Photobucket

Roberto, cazador cazado cunha sudadeira azul marino zafiro. Vaia xoias de cámaras que ten o condenado.
Photobucket
Photobucket

Tamén fixen un chaleco con un montón de bolsillos pola parte dianteira (moi de fotógrafo:) que non quito de encima
Photobucket

Debido ao coste do rexistro da marca que teño que intentar amortizar e do choio que me deron estes pedidos (envíos, pagos, impagos, quedadas, chamadas, tallas que non serven...etc), tal e como avisei, decidín dar por rematada a "oferta de lanzamento" e as sudaderas e chalecos pasan a costar 30 €

Ademais, se pretendo que algunhas tendas (como Raz a partir da semana que ven) vendan algunha sudadera miña, non podo pretender facerlles a competencia cun precio tan ridículamente barato.

Ademais das sudaderas, podedes escoller calquer tipo de prenda nos seguintes catálogos e eu adapto este primeiro deseño da mellor forma posible, facendo un precio do máis económico. Só tedes que consultarmo.
VALENTO
ZIRAKETAN

En fin, elaborei un informe que, se cubrides, introducirame automáticamente os datos do pedido nunha ficha de excel para levalo todo coa mellor organización posible

Cubrides todo, dádeslle a enviar e listo.

Se escolledes a opción para que vos envíe a sudadera a casa, contade con uns 7 euriños máis. Fai un bo regalo de nadal! ;)

Unha aperta a todos!!
Que o pasedes moi ben nestes días, e noutros tamén. Os días de festa e os de non festa. Sede felices en xeral, sabedes que sempre volo digo. Non vos esquezades de sorrir

FELIZ INVERNO!!!
:*

6 comentarios:

Anónimo dijo...

ke pasou ruben.mandeiche unha solicitude dunha sudadera espero ke chege se non disme algo.non tes mais fotos de marruecos??ke teñas unhas boas festas de nadal unha aperta,koko

Rubén Prieto dijo...

si si, Xa me chegou.
Fotos de marruecos teño 6 gigas, pero tempo para seleccionalas e preparalas.. moi pouco. :)

Pasao moi ben ti tamén koko!
apertas fortes!! pa ti e pa parienta!

Manolo pataqueiro dijo...

Sudadeiras non pero me viñan moi ben unhas botas desas para ir a pastalas vacas estan en venta esas ou unhas iguais??

manolo dijo...

As botas nas q apareces coa sudadeira vermella

Rubén Prieto dijo...

jajajaja todo está en venta Manolo, pero para ir ás vacas recomédoche unhas catiúscas de joma, que che chejan casi á rodilla para que non te empapelas pantorrillas de barro.

Tamén che podo consultar os precios dos tractores cisterna co logo en xigante de surfcostadamorte para enxurrar á última moda, que quedan xenial en serio jejeje ;)

unha aperta, felices festas e que Alá nos garde o sentido do humor ;)

Rubén Prieto dijo...

claro, totalmente dacordo jeff. O yes1 ese non ten nin idea