Fun a ver se rescaba algún baño... pero a marea estaba demasiado alta e impedíalle ás olas romper coma é debido.
Así que fun coa cadela, con Rula, a dar un paseo polos cantís de Rostro.
O sol comezou a sumerxirse nun mar de nubes facendo que o meu dedo se volvese tolo disparando sin parar. Un pouco máis e poño o modo ráfaga :)
Con tal ansia me puxen a disparar que cando o sol se escondeu, e volveu a aparecer por unha estreita franxa que había sen nubes xusto no horizonte facendo unhas formas e raios de luz incribles..... quedeime sen batería.
Empeceime a cagar en todo o cagable e non tirei a cámara co trípode polo acantilado de puro milagro. En canto me vin "desde fóra", fixen un rapido exame de conciencia, e dinme conta de que estaba nun sitio precioso, no momento estelar dunha impresionante posta de sol, coa miña mellor amiga non humana... e "malnomeando" a xente que non tiña culpa ningunha. Así que, senteime nunha pedra acompañado de Rula, relaxeime, respirei fondo e disfrutei das vistas mentres agarimaba á princesa da casa.
Ás veces penso (si, penso), que con tanta cámara, tanto mobil e tanto aparello electrónico capturador de momentos, olvidámonos de disfrutar a realidade tal e como é, pura, sen aparellos; Centrándonos en nada máis que disfrutar e intentar recordar as sensacións vividas.
Unha aperta!
5 comentarios:
Onte gato, hoxe can, vexamos mañá jajaja. ¿tedes ese bo tempo por ahí abaixo?
sau2
Mañá rato
jeje.
Por aquí... estivo nublado.. saíu o sol ese ratiño antes de poñerse a bucear.
e hoxe.. nubes e claros :)
Estas feito un ART ISTA.
O corazón é a nosa millor cámara.
Felicidades polas fotos, polo relato e pola reflexión.
Un saudo.
Michi :-)
Aaaaaiiii meu amijiño, como me recordas a un neno que cunha cámara de película (ainda tardarían anos as dixitais) acoplou con cinta aillante unhos prismáticos á súa cámara compacta para poder facer fotos de solpor...
É curioso ver como os artistas tendemos a repetirmonos nas nosas intervencións na natureza
Publicar un comentario