miércoles, 14 de octubre de 2009

Descansando no Miño

Unha raiola de sol comezou a abrirse paso entre os meus párpados. Froto os ollos antes de abrilos, antes de saber en que comunidade autónoma estou. Segundos inquietantes :) Miro ao meu arredor para identificar en que situación espazo-temporal me atopo.
Véxome tapado cun gorro de esquimal, abrigado ata as trancas, e un bo saco. Estou no coche, totalmente estirado sobre o asento do piloto reclinado a tope (os coches grandes son unha marabilla, pero necesito unha autocaravana). Vale, fácil. Estou en Lugo, e onte foi o gran sábado do San Froilán. Non penses mal, non é que sexa amigo do "grupo OH" e non recorde o sucedido, senon que poucas veces me esperto no mesmo sitio. Esto é unha rutina para min. Antes de almorzar, teño que averiguar onde me atopo jeje.

Miro a hora e doume conta de que durmín unhas 3 horas, pero o día xa comezou e hai que pórse en marcha. Póñome en busca e captura dunha cafetería con wifi para almorzar como Poseidón manda e miralo correo, feisbuk, comentarios do blog e esas cousas...
Ó pouco tempo chámame Tony, un gran amigo de Ferrol co que pasei parte da noite anterior. Quedamos e almorzamos xuntos.
Argallamos un plan para comer, e como somos de gustos parecidos, non nos resulta moi complicado (os dous che somos un pouco cutres/hippies/naturistas).
Decidimos ir a unha parte do río Miño (á que non fora nos 4 anos que vivín en Lugo) con media empanadiña, pan bimbo e paté pata negra. Un "manjar" nun sitio inmellorable para estar tan preto da cidade.
Photobucket
Cando chegamos era cedo para comer, así que pegámonos un chapuzón e saquei fotos a barrer.
Photobucket
A auga estaba fresquísima. Non fría; fresquísima. Foi unha renovación por dentro e por fora, de corpo e espíritu :)
Encántame bañarme en auga doce. A sensación de "casi poder beber" a auga na que nadas, é un gustazo. Poder pasar a lingua polos labios sen que a sede se multiplique por 3. O único que, bucear sin ver absolutamente nada, da un pouco máis de "yuyu".

Xusto na parte alta da pequena fervenza que se ve na primeira foto, hai como unha plataforma de formigón de 3 metros de ancho e uns 60? de largo, por onde a auga pasa cunha profundidade de uns 15 cm (dende onde se está tirando Tony). Aí me tumbei para sacar as seguintes fotos.

A mariñeira de auga doce


Photobucket
Por momentos, cando nos visitaba unha leve brisa, comezaban a chover follas dos árbores creando unha estampa preciosa, pero non me coincidiu de estar eu totalmente preparado para sacar a foto desexada. Confórmome con esta que caeu á auga moi preto de min.

Había unha zona na que había bastantes zapateiros (nome científico: Aquarius najas). E para min, acaban de gañarse o título dos animais máis difíciles de fotografiar, e eso que non tiven oportunidade de probar con moitos. Pero ó ser tan pequenos, tes que acercarte moito á auga, móvense moi rápido polo que hai que empregar unha velocidade de obturación de 1/400 para arriba, e para non quedarme sen luz na foto tiña que abrilo diafragma a tope, polo que a profundidade de campo é tremenda. Como resultado, ás veces enfocáballe o cú ó insecto, pero non a cabeza. E eso xa soe pasar cos insectos que están quietos, pero estes, a parte de pegar como impulsos supersónicos na auga, non estaban quietos nunca porque o vento arrastrábaos. Vamos, un show. Pero estou contento co resultado destas dúas fotos.
O zancudo


Photobucket

Ó principio limitábame a intentar fotografialos dende arriba, e telos enfocados xa era un logro. Pero despois propúxenme cazalos dende abaixo, para poder xogar cos reflexos na auga

Con pés de chumbo


Photobucket

Unha aperta!

5 comentarios:

Señor Werty dijo...

Boas fotos, a verdade é que estamos tendo un tempo de verano.

sau2

Rubén Prieto dijo...

Graciñas sr werty, onte a auga estaba coma o caldo. Nin en todo o verán tivemos a auga tan boa penso eu...
que siga que siga, pero qeu veñan olas! que si non prefiro frío a barrer

Anónimo dijo...

que sorte teñen eses zancudos. bueno na miña terra chamanse zapateiros.como molaria remontar as olas correndo a toda hostia e o chegar ali afundirse e pillar a ola,jejje

un saudo
deivis.

Anónimo dijo...

tio, eres un autentico artista. mira que na miña memoria tiña ben clariño ese recordo bonito do dia en lugo, pero rememoralo lendo o teu texto e vendo as fermosas imaxes que atrapas foi unha autentica gozada. todo un luxo ;)

unha aperta,

Tony

Rubén Prieto dijo...

Deivis! zancudo foi o nome artístico que lle adxudiquei ó bicho jaja... xa puxen que se chama zapateiro, nome sientífico aquarius naja, os que non teñen alas son nestea limon jaja .... ¬_¬ A ver cando che da por ler as entradas! :) Xa molaba correr coma eles.. e chimpalas olas.

Joba toni!.. vaia comentario más chulooo :) aaaiiinss.. si fosemos maricós que ben o íbamos a pasar jojojo. Zenquius por idear ese día. Por certo, que tal o paseo de despois? atopaches algo interesante?