miércoles, 7 de octubre de 2009

entrada número 365

Se as entradas fosen días, este blog tería hoxe un ano. Pero en realidade ten case dous anos e medio.

Os días de onte e antonte, paseinos na capital galega facendo un traballiño para un novo programa de televisión que se estreará este sábado (creo).
Sempre aparco no mesmo sitio, onde non hai que pagar e á vez tes o coche vixiado por cámaras. Hai un cartel que prohíbe o estacionamento pero faltan cousas como para que esa prohibición sexa legal de todo, por iso sempre hai sitio.. unha bicoca vamos.
E alí atopeime a este gatiño descansando nunha postura moi humana, aproveitando o calorciño do motor dun coche recén aparcado (suponse).
Photobucket
Photobucket
(Experimentando co fotochó) Anque sexa menos "correcta", a min gústame máis a supersaturada/luz intensa... a ti?


Bueno, pois o traballiño en si era un mural dunhas letras
Un mural moi simpliño pero complicado de facer á vez.
Photobucket
Photobucket

A súa dificultade radicaba no tamaño das letras (dous metros cada unha), e na superficie ondulada da chapa metálica sobre a que tiña que pintar. Tamén me tiña que currar as pinceladas para que non contrastasen moito o pintado a pistola da base co pintado a man. E encintar nesa superficie é cousa de chinos. Acabei por encintar cachiño a cachiño en cada ondulación...xa que, senon, pasabas máis tempo arreglando a forma rápida de facelo que facéndoo amodiño e con boa letra (nunca mellor dito).
Ademais, as poucas medidas que tiña no plano para facelas, fóronse ó garete ó modificar a inclinación das letras. Vamos, que o "ROB" foi feito totalmente a ojímetro, e o "LAND" coa axuda dun proxector da metade para arriba.

En total, unhas 12 horas de traballo un tanto...especiais. Rodeado de 50 persoas estresadas traballando a contrarreloxo, con probas de sonido continuas, probas de luces, fogonazos de focos que che impedían ver ben do que deslumbraban ou que che facían tolear ás pupilas de forma que non distinguía a miña cor da do fondo. Pero bueno... ogallá me chamen mañá para facer outro. Non me queixo :)

Por certo, e falando do mundo audiovisual, se queredes ver a última curta na que participei, podédela ver AQUÍ. Quero facer público o ben que o pasamos na rodaxe. Foi todo xenial, cun equipo moi eficiente, sen presións, sen prisa pero sen pausa, un trato inmellorable, boas palabras para todos todo o rato... Unha rodaxe que me deixou tatuado un sorriso e con ganas de ir a pola undécima curta :)

Apertas!!

4 comentarios:

peter p. de mille dijo...

Acabo de ver a curta de Froiz & Co. joeeer, que parecidiño es ó Don Raul...
Só que ó que se ve a ti vaiche moito mellor en certos aspectos "vitais".

O neniño está feito todo un home do renacimento... artista, pintor, escritor, fotógrafo, actor, giggollo...

Señor Werty dijo...

A min o que me gusta das fotos é o gato jajaj que bo. A curtametraxe moi boa.

sau2

Rubén Prieto dijo...

eu? artista? escritor? que va.. (jajjaja)

Sr Werty! a min tamén me fixo moita gracia.. gracias a que decidín empregar como "bolso" a cámara coa súa respectiva funda e así estou sempre preparado para o que me poida encontrar.. como a postura do garfield este jeje

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,