O xardín de casa foi máis que suficiente para probar se a cámara funcionaba ou non. Queiras que non, conseguir algo á metade de precio sempre levanta algunha sospeita, anque aparentemente estea todo o equipo como recén estreado. Perto tiven sorte, todo vai como a seda :)
as hortensias de miña nai, que están grandes coma repolos :)
apertas para todos dende Madrid!
4 comentarios:
¡que chulo queda! ¡que fotoxénicas son as condenadas das flores! En realidade, despois do que choveu, están un pouco plof, co peso da molladura caeron todas un pouco, pena que a xente non poida sentir como arrecende a primeira...
Como me gusta isto das fotos. Encantaríame poder facelas a metade de ben ca ti, pero non sei nin por onde empezar. Pódesme dar unha pista. Bueno eu son das que tería que ir a clase.
Chulísimas.
Cando queiras damos unha clase teórica práctica na casa e que se apunte quen queira :) non sei gran cousa, pero o que sei, ensínoo encantadodelavida :)
Ma... estaban moi bonitas coas gotiñas esas do rocío, aínda me daban ganas de ir por un "flis flis" de auga e rocialas un pouco máis.. :) pero non fixo falta.
Mañá á noite xa vou pacasa :)
Biquiños!
Vaste queixar ti das túas fotos, cabrita. Porque non sei facelo, que se non, poñía agora mesmo un enlace para o teu blog, para que vira a xente as túas... heille decir a Ru que o poña. As túas si que arrecenden namais velas...son un regalo para os ollos e para o paladarrrr, xa non o quero imaxinar...
Publicar un comentario