domingo, 27 de septiembre de 2009

Regata da amizade

Despois dunha semana que se resume en risas, olas, amigos e tenda de campaña... Decidimos ir de festa a Coruña a disfrutar da súa última noite en Galicia. Pasámolo en grande. Rímonos a fartar. Foi a despedida perfecta...

E despois de durmir unhas horiñas (non vou a dicir cantas) arranquei para o barco a participar na regata. Que foi, pola nosa parte, un pouco catastrófica.

Para comezar, antes de desamarrar, non chegaba electricidade ó barco e as baterías estaban descargadas, polo que non podíamos arrincar o motor e saír do pantalán. A través do walkie escoitábamos como todos estaban preparados para saír, xa navegando e nós aínda non soltáramos amarras.

Despois de facer vintemil probas con empalmes, medindo co polímetro en diferentes puntos, reiniciando cargador, leds, xerador... etc.. alguén lle pegou un meneo con algo de mala leche a algún aparello, e todo se puxo a funcionar. Mentres quedaban menos de 10 minutos para comezala regata, nós estábamos en terra cargando baterías para arrincalo motor e saír de aí.

Cando quedaban 4 minutos para o bocinazo de saída, desamarramos e saltamos ó barco. Xa coas velas listas, en canto saímos do porto izámolas e pasamos pola liña de saída só un minuto despois que o resto. Pero oes, tamén da gustirrinín saír de últimos e ir adiantando a todos pouquiño a pouco antes de pasar pola primeira boia. Debido ás dimensions do barco, podemos adiantar por sotavento dos barcos que non nos desventan, e cando pasamos a barlovento, quedan tambaleando de mala maneira.

Deunos algo de guerra o Mirfak, o barco da armada española que no seu momento foi tecnoloxía punteira, do mellorciño, onde navegaba o príncipe non fai moito seica. Pero despois da primeira boia xa empezamos a sacarlle ventaxa.

Tropezamos bastante nun izado de spi, onde as escotas estaban cruzadas e a "vela con forma de globo" saíu feita un churro. Tivemos que arriar, trimala ben tendo coidado de que non portase (diso encargábame eu, e non vexades o que acojona estar agarrado a unnha vela de tropecentos metros cadrados que ameaza con cargarse de vento e sabendo que si se che escapa, líase gorda).
Nesa manobra debimos perder un minuto.

E como consecuencia do cristo que se montou desa, e non todo quedou como tiña que quedar, na trasluchada montamos o seguinte chocho. Máis grave.
Photobucket
O tangón non quedou enganchado no mastro e non o quitamos para a manobra, unha vez no novo rumbo, co spi doutro lado, o tangón quedouse enganchado a sabedios que, e quería tirarse pola borda. Mentres un intentaba agarralo, eu intentaba desenganchalo do mastro colgado da coz, pero coa presión que iso facía era tarefa imposible.

O tangón, que é un pau que sae do mastro cara proa, caeu á auga e coa velocidade que levábamos comezou a irse hacia popa (enganchado aínda ó mastro) ata que topou cos obenques e o partiu en dous. Aló vai un pauiño de carbono que pode chegar ós 6000 euros, así, en menos do que canta un galo. A cara que se lle queda a un é digna de ver.
Gracias a quen sexa, non lle pasou nada a ninguén. O que nos outros barcos é unha anécdota, no Hansa, pódese convertir nun accidente grave. Un botavarazo nun barco de 10 metros pódeche facer un bo chichón, neste pódete matar.

Así é todo... quedamos de primeiros en tempo real, pero "só" a uns 7 minutos por diante do segundo, que non foron suficientes para gañar en tempo compensado. Así que, outro segundo posto para o Hansa.

Despois da regata tomámolos pinchiños obrigados, coa súa cerveza e/ou mojito...
Photobucket
Onde realmente se toma máis en serio a 3ª palabra da Regata da Amizade. Bo rollo a pesar das desfeitas, vaciles ós responsables da manobra (safei), comentando xogadas e charlando un pouquiño de todo.

Despois fun sacar un par de fotos do barco dende un punto onde se pode ver de cabo a rabo o "jarandísimo" que é.
Photobucket
É o primeiro da dereita.

A ver o que fan hoxe, o segundo día da regata, que eu non podo asistir xa que marcho agora mesmo para Sanxenxo a pintar o mural da piscina. Por alí andarei esta/s semaniña/s

Apertas!

1 comentario:

Isabel Tomé dijo...

Fáiseme raro raro raro que Peter non apareza de primeiro para poñer o seu pouquiño de sorna ante a rapidez, eficacia,contundencia, saber estar....do cronista (deixeime levar polo espírito de J.L. Moreno).
Un día habedes romper a cabeza, que cho digo eu. Mira "cacho pau" que para tronzar iso... manda chover na Habana.Miedito me dais, marineros!