martes, 8 de septiembre de 2009

Ruta ó pico Mustallar (Reedit)

Hoxe chegamos Dani (Facede click AQUÍ para ver a súa reportaxe) e eu dunha bonita excursión que fixemos ós Ancares.

Saímos onte pola tarde de Coruña rumbo Piornedo, cargados de boa música, comida, bebida e ganas de comernos a montaña.

Cando chegamos dimos un paseíño pola aillada aldea e alucinamos coas pallozas, cabazos, casiñas, capela...

Despois de cear estivemos un bo rato na furgo de cháchara e saímos de noite a sacar unhas fotos. Estivemos moi entretidos buscando composicións, ideas e momentos que inmortalizar ata que algo interrumpeu o que estabamos a facer. Escoitamos cómo un atni (animal terrestre non identificado) se acercaba sixilosamente cara nós (a son dun cencerro inundábao todo dende que o animal tiña posto o obxectivo en nós a un km de distancia). Finalmente vimos como o animal (que superaría os 400 kg) surxía da oscuridade e estaba disposto a atacarnos (viña con total parsimonia pero o ruído que facía o pedazo de cencerro parecía insinuar que estaba disposta a facernos algo)... pero salvou a nosa integridade o noso amigo pastobrador. Un can medio labrador medio pastor nejro comaopecado que decidiu facernos compañía nas nosas conversas fotofrikis e espantar ó atni cencerráceo a risco de recibir a couce que este amablemente lle mandou gratuítamente polo aire.

Despois de durmir na furgo a unha temperatura máis que ideal, despertámonos ás 7 para almorzar e comezala ruta.

Partimos dende unha altura inicial de uns 1200 metros ata chegar os 1924 metros da cima do Mustallar. É unha auténtica gozada recorrerse 16 km sin ver un só eucalipto. Todo monte autóctono, galego.

Ó ver os tremendos cantís, pradeiras e brisas suaves que subían pola montaña permitindolle ós buitres subir centos de metros en círculos sen darlle unha sóa vez ás ás...acordeime moi moito do parapente que aínda non teño. Pero a próxima vez que vaia... ou levo un parapente ou será para baixala facendo snow.

Arriba estivemos un par de horas, charlando, case durmindo, comendo, bebendo, e disfrutando do silencio absoluto que en tan poucos sitios se pode chegar a "oír". Se tivese que escoller unha palabra para describir aquel momento, escollería "Paz".

Ó baixar, deixei saír o animal que levaba dentro e bebín de regatos a catro patas, peguei carreiras prados abaixo nas que o 80 % do tempo estaba intentando frenar... e intentei integrarme coa fauna autóctona
Photobucket
(Máis fotos da excursión no blog de Dani, fai click AQUÍ
Cousa que debín de conseguir á perfección xa que a unhas décimas de sacala foto, a vaca pegoume un par de lengüetazos importantes. Vaia risas.

Continuamos ruta abaixo sacando algunha que outra foto ata chegar a furgo... repuxemos líquidos, picoteamos algo e volta pacasa. Disfrutando da música, charlas, vistas...e atopándonos con incendios provocados por algún malnacido.

Que ben se queda un despois dunha excursión así. Moitas paisaxes bonitas nos quedan por ver na nosa terra antes de ir buscalas a outros países. Cando te das conta de que gastaches menos que un día saíndo de festa, viches paisaxes increíbles, fixeches exercicio e ligaches con unha boa rubia...quédanche máis ganas aínda de non parar o cu en casa e aproveitar ben o tempo. Para unha excursión coma esta só fan falta uns 30 euros para comida e gasolina, un día libre e ganas de facer algo.
Así que anímovos a despegar o cu do asiento (a non ser que estés traballando, claro), deixar de leer blogs coma este e pasar a ser o protagonista das vosas propias historias.


Unha aperta moi forte patí

7 comentarios:

Anónimo dijo...

bonita ruta, compay. o boi e a baca ;) que disfrutes o xoves. boas ondas
mesi

Anónimo dijo...

baca, vurra,
mesi

Juan dijo...

Que envidia! E non é polo lametón da rubia,eh!
Bonito lugar e boa subida. Fixesteme ganas de volver por alí

Anónimo dijo...

jajajjajajaj, pareces Tarzán en la montaña, jajajaja, buenísima

La chica del sur

pet dijo...

Non me extrana... a vaca tamén ten sentimentos... e ese torso, ese pelaso, esa mirada bovina...

Claro, o noso neno é tan juapiño, que a vaca non puido resistirse

Rubén Prieto dijo...

jajajajaja...mirada bovina si... intentaba imaxinarme o que pensaría unha vaca ó ver a un fulano cunha pedazo de cámara apuntando para min a dous metros de distancia.. intentei meterme no papel.. jajaja
Un fotón un fotón jejeje...

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,