Enzoufándome máis que un neno con 20 caldeiros de pintura de dedos; rompéndome a cabeza con composicións, puntos de fuga, proporcións, escalas...; Agora se misturo esta cor cun pouco de negro xa fago a sombra deste lado...; Maltido momento no que escollín esta foto para debuxar; joder, na foto este cable coincide con este tornillo e no debuxo non... que falla?; Merda! que rápido pasan as horas!; voume a poñer con aquelo mentras seca esto, que así non podo correxir; Bueno, xa acabo que me teño que poñer co outro; ai! agora que teño este gris feito, vou a darlle a tódolos puntos grises do debuxo; diola, como se me cansa o brazo de pintar alí arriba; E que na foto non se adiviña que é esto!; Fuá! como zumba a pintura esta...; pero que carallo é esta sombra que aparece na foto?!; Eli, cantas horas levo aquí?; Esta foto é unha merda, se fago o debuxo realista teño que facer os pixels do tamaño de unha pelota de golf; Ah! con esta foto si home! mira que era esto!! o intermitente coño!; E que carallo fago con este furado na parede???pois póñolle unhas patiñas e como si fose unha cucaracha, así queda; Bueno, déixoo xa...joba pero os edificios non poden quedar así!!... (o conto de nunca acabar) Bueno, por ahora queda así, cando acabe cos outros xa lle retoco a chaqueta e o pantalón. Bueno, e algún edificio tamén. e a roda traseira. Ah, e algún brillo na parte baixa da roda dianteira.pffff... Eliseo? en cantos días querías ter esto listo??
Este é o tamaño que ten o dibuxiño de marras...
Agora a seguir coa moto de auga...que aínda queda mooooooito para acabala, mínimo un día enteiro ou dous
Cóntoche: todo isto é un traballiño que me encargou un amigo. Resulta que vai a abrir unha pedazo tenda/taller/expositor de motos e quads en Cee, e nas salas de exposición das motos e quads quería uns murais nas paredes. Entre os que estou facendo eu, e os que fixo Juanma, penso que pode quedar algo resultón.
Así que xa sabes, se tes un negocio e queres ter unha fachada simpática, ou pintar os interiores do teu taller, pub, cafetería, etc... contacta comigo
(Copio e pego un post que colguei no foro da asociación de actores, www.aaag.es)
Moi boas
Aquí vos deixo, con un pouco de retraso, fotos realizadas na festa dos nominados ós Premios María Casares. Pasámolo bastante ben, polo que animo a tódolos socios a asistir a este tipo de eventos que organiza a asociación xa que a boa organización e o bo trato brilan tanto como a simpatía dos asistentes.
O Vicente non se perde unha... ;)
Juanma e Elena, compañeiros inseparables de aventuras e viaxes :) Tamén facendo amizades por onde pasan...
Aquí estou coa miña mestra favorita de interpretación! María Bouzas, un encanto de muller. E Pico, simpático onde os haxa (encantado de coñecerte)
María Bouzas con outra das súas alumnas, Elena.
Belen Constenla e Mariana Carballal. Mariana, a única que podía dicir que me tivera no seu regazo cando era un bebé jeje.. ("bella" amiga de meus pais)
Neste tipo de eventos, é raro que non acabes falando con esas persoas que coñeces de sempre, pero nuna coñeciches... non sei se me explico :)
Elena con Marta, motor da asociación de actores. (que sería de nós sen ela!)
Aquí teño a honra de posar con Artur Trillo. Se a miña vida fose só teatro, el sería o meu pai. Dirixíndome dende que eu tiña 9 anos...e seguimos!
A última hora ocorréuseme facer un "plano xeral pataqueiro"... pero xa cacei a pouca xente
Momento no que se transladou a festa ó "100budas", alí en Narón
Onde seguíu a festa, as charlas, as risas... Toñito de Poi acabou sacando a guitarra, fixo corro, e aí xa se liou parda. jeje
Vémonos mañá! que gañen os mellores! :)
Saúdos a todos!
Pd.a gala dos premios María Casares foi este mércores e pasámolo xenial. Unha gala tremenda e moi divertida no teatro rosalía de castro en coruña, e festa con pinchos, bebida, música...etc no real club náutico de Coruña. Quería darlle a miña noraboa a tódolos premiados, pero en especial a Artur Trillo e María Bouzas! (se alguén está en contra de que se publique algunha foto súa, que se poña en contacto comigo antes que coa policía) :D
Non vou a prometer que colgarei unha entrada á semana con videos curiosos, porque sei que é moi posible que non o cumpla... pero sí que de vez en cando, compartirei contigo eses videos simpáticos ou curiosos que se van atopando pola rede... Ahí vai a primeira tanda.
... é que haxa que mirar de reollo, con cara de can para que digan: ui! aquí hai locales.. aquí non podo facer o que me dea a gana.
Resulta que si recibes á peña con un saludo e un sorriso... pérdenche o respeto...cando tería que ser XUSTO o contrario.
Vaia merda... de tódolos deportes que practico, é no que máis desencantado quedo coa xente e compañerismo en xeral.
Este domingo 30 e pico persoas no pico en Nemiña. Bueno, pois NIN UN!respetaba turno... esperar un pouco a que outros pillaran olas. TODOS en canto pillaban unha volvían parao pico e non se cortaban un pelo en buscala preferencia.
Como se o resto non soupésemos onde hai que colocarse para ter preferencia nas dereitas. Como se o feito de ter tablón permitise faltar un pouco máis o respeto ós locais...e colocarse no pico continuamente
Pois sabedes que? eu négome a poñer cara de can para poder surfear máis...Prefiro surfear algo menos e seguir intentando transmitir bo rollo. xa me buscarei as miñas armas... que para cans guardiáns xa hai algún colega por aquí. Que polo que vexo vou a ter que darlles a razón... vou a ter que decirlles que sí, que teñen que poñer cara de can e de vez en cando soltar algún berro para que nos respeten en Nemiña.
Que asco de verdade...
E eu que pensaba que na "civilización" de hoxe en día, xa non funcionaban os gruñidos.
E eu, iluso de min, que pensaba que o máis educado merecíase máis respeto que o maleducado.
Pregúntome se aínda hai xente que pense que alguén é racista por decir "negro" no lugar de "persoa de cor". Co fácil que é entender que o racismo está nas cabezas, pensamentos, xestos, miradas... e non nas palabras
Malrecordo un texto que dicía algo así como:
"Cando nacín era negro cando teño frío son negro cando me mareo son negro cando teño fiebre son negro e cando morro son negro
Ti, blanco, cando naciches eras morado cando tes frío estás azul cando te mareas estás blanco cando tes fiebre estás amarelo e cando morres eres gris
e ti, tes o morro de chamarme a min "home de cor"?"
O racismo está na cabeza dos que prefiren que ese home "de color" non se sente con eles no tren ou no autobús...porque non poderá botar unha cabezada tranquilo, ou porque tratará de colocar a carteira ou o bolso fora do seu alcance.
O venres collín un tren de Santiago a Coruña e sentouse comigo Abu,un senegalés. Fumos falando todo o camiño. Leva 2 anos en España e domina moi ben o castelán. Cando falamos de racismo comentábame que se notaba que había discriminación en todos lados, incluído no seu país, pero que aquí en España, máis. Que o notaba en xestos, miradas, cando no autobús non se sentan ó seu lado, broncas..."a veses me disen negro de mierda".
Parece mentira que nestes tempos que vivimos aínda queden residuos de xenofobia. Que intentemos transmitir ós nenos que unha pel doutra cor non é motivo de discriminación, e que sexamos nós os que inconscientemente preferimos que se sente con nós un blanco que un negro. O pai dunha amiga dixera unha vez: "eu non son rasista, pero un neto nejro non o quero nin de broma!"
É normal ter prexuízos, pero debemos de controlalos. Eu cometín un erro tamén...cando se acercaba o revisor, Abú miroume e díxome que tiña que ir ó baño e largouse escopetado. Pensei que non tería billete, pero pensei mal. Tería un apretón porque se volveu a sentar no seu sitio xusto antes de que chegara o revisor. Dinme unha autocolleja mentalmente. Abú ten o seu traballo, a súa licencia no mercadillo de roupa, e de noite fai "el rollito" que é vender cd`s polas noites "le llamo rollito porque es un poquito peligroso".
Nun momento da conversación, falamos de música. Sorprendeuse gratamente cando lle nomeei grupos que me gustaban do seu país como Ismael lö, Boubacar Traoré ou Amadeu et Bibian. Pregunteille polos grupos que lle gustaban a el do seu país e fixen unha lista para baixalos de internet. Onte, mentres escoitaba un deses grupos (Youssou N'Dour), levei unha alegría ó escoitar unha canción que xa coñecía e que me gustaba moito pero non atopaba por ningures e quería compartila contigo. Nesta canción canta con Neneh Cherry e é a que che puxen ó principio de todo.
A letra dí así en castelán (traducción medio pobre, creo)
7 Segundos
No me veas desde la distancia No veas a mi sonrisa y piensa que yo no sé Que hay abajo y detrás de mi No quiero que me veas y pienses Que lo que está dentro de ti está en mí Lo que está dentro de mí es ayudarles a ellos
Matanza y groserias Deberíamos utilizar En los que practican encantos perversos Por la espada y la piedra Malos hasta los huesos La batalla no se ha terminado Incluso cuando se gana Y cuando un niño nace en éste mundo No tiene ningún concepto De el tono de la piel en la que está viviendo
No es un segundo 7 segundos lejanos El tiempo que me quede Estaré esperando No es un segundo 7 segundos lejanos El tiempo que me quede Estaré esperando Estaré esperando Estaré esperando
Asumo que las razones que nos empujan para cambiar todo Quisiera que olvidaramos su color para que puedan tener esperanza Muchas opiniones de la raza que los hacen desesperar Deseo que las puertas estén completamente abiertas A los amigos para hablar de su dolor y su alegría De modo que podamos dar información Que no nos dividan para cambiar
7 segundos lejanos El tiempo que me quede Estaré esperando No es un segundo 7 segundos lejanos El tiempo que me quede Estaré esperando Estaré esperando Estaré esperando
Y cuando un niño nace en éste mundo No tiene ningún concepto De el tono de la piel en la que está viviendo Y hay un millón de voces Y hay un millón de voces Para decirte lo que deberías estar pensando Así que mejor que tomes sobriedad por un segundo
7 segundos lejanos El tiempo que me quede Estaré esperando No es un segundo 7 segundos lejanos El tiempo que me quede Estaré esperando Estaré esperando Estaré esperando
Aquí veeeeenn! e eu que pensaba que xa non teríamos máis temporais neste inverno... Sin duda debeu de ser o mellor inverno de olas e neve dende fai mooito tempo