martes, 24 de febrero de 2009

Un día no fin do mundo

Hoxe fun ata a praia pola mañá, alí xa estaba Dani na auga (surfinglifebydani.blogspot.com) Collimos unhas oliñas decentes con pouquiño vento e moito sol. Eu de cara a el cual cormorán secando as ás, e Dani de espaldas xa que se queimou a cara os días anteriores...

Despois de coller un par de esquerdiñas... fumos ós coches e estivemos alí un rato de palique, tomando o sol tumbado sobre o coche e con Bob Marley cantando para nós.
Photobucket

Despois de relaxalos músculos tralo baño... chegou a hora de comer. Outro dos grandes placeres da vida, despois do surf e o sexo.

Nada mellor que un bo bocata de calamares da típica taberna de fisterra medio escondida e medio cutre, pero que fai os mellores bocatas da comarca. Invitou Dani porque un minuto antes de comprobalo euromillón díxome: si me toca, te invito. E cumpliu a palabra jeje

E que mellor sitio para comer? pois un sitio que, para min, é un dos máis bonitos da costa da morte. O cumio do monte Facho, dende onde divisamos a un lado a salvaxe praia de mar de fora, e ó outro o pobo de Fisterra

Esta foto saíu mal porque se me nublaba a vista coas ganas de jalarme o bocata...
Photobucket

Despois do bocata, charlas e fotos.
Photobucket
Aquí tedes ó cazador cazado. Xa veredes as fotos que sacou o fenómeno este... Casi igualan en calidade ás miñas feitas co mobil jaja

Despois volvimos á praia a sacarnos unhas fotos moi curiosas... a ver se me pasa Dani algunhas das que fixen ca súa cámara, e senón xa as veredes no seu blog :)

Despois da posta de sol, un biscoito de chocolate riquisisisísimo (leader price) un sandwich e para casa.

Balance do día: Surf, bocata riquisimo en sitio cojonudo, fotos e charlas con amigos, posta de sol incrible no fin do mundo, e algo novo aprendido para casa (é difícil non aprender algo de fotografía con este home). Que máis se pode pedir?

Se algún filósofo sigue dicindo que non existe a felicidade, que se pase por aquí.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Que felicidad tio!!
olitas, Bob marley, bocata de calamares , buenas vistas y con los colegas...!que buenas vibraciones! me alegra que haya solito por ahi,( Galicia con sol si que es vida ).

Saúdos dsd fuerteventura

Anónimo dijo...

dios tio que envidia dás... aunque bueno, yo no me quejo, pero me molaría tambien hacer cosas de ese estilo, en plan con amigos, surf, sol.. a ver cuando llega el verano ya xD

Rubén Prieto dijo...

Martín, eu ós teus anos entre semana estaba encerrado estudiando tamen eh... ten paciencia que todo chega :)
Ti, polo de pronto, tes moitísima sorte de empezar tan pronto co surf (5anos antes ca min) e que teus pais te apoien niso é unha virguería. Por certo, mándalles un saludo a tódolos Fabeiro :)

Rubén Prieto dijo...

saludos aliiss! vosotros teneis esto ahí pero todo el año no? jejejeje
vivir aí no debe estar nada mal tampoco...:)

Maika Boquete dijo...

Si que se estaba ben si... nos estivemos ahí a noite do viernes e o sabado pola mañán, marchamos xusto cando Dani ía pra auga. Foi unha pena no poder quedar mais tempo pero os entroidos esperaban por nos...
A ver se un finde deste repetimos e nos xuntamos.
;D

Rubén Prieto dijo...

Ohhh.. que pena.
Nunca damos coincidido jeje
Verémnos na próxima :)
un abrazo para os douss

Anónimo dijo...

Por un bocata de calamares,
le habeis dado por el culo
a la reina de los mares.

Ahora no lloreis
por ver a la gente venir.
Os toca compartir,
con la misma sonrisa,
con la que me visteis
venir.

Oh Rubén Prieto¡¡
Cuando te vea en la ruta.
Te recordaré que a Mar de fora,
la trataste como a una puta.

Que Popular eres, mi amigo¡¡
Eres tan popular que
un carnet deberías tener.
para saber,
que un tesoro,
un secretillo,
no lo has de perder.

Oh Ruben¡¡¡
Non fas ben
deixando
as taboas de pé.
Porque un vento,
as pode tirar
romper.

Polo menos tes casa e ben sabido,
quen ten casa se casa.
Aunque a túa sea unha caseta,
sen tellado, mollado quedarás,
pero as estrelas verás.

Un saludo, Rubén.

Michi

Rubén Prieto dijo...

jajajajaja
ajajajjaja

que colgado estás,
querido amigo

o teu ven de atrás,
pero de igual forma serás benvido

Contigo, os baños unha festa son.
alegría e simpatía emanas sin razón

Enerxía positiva en estado puro,
con optimismo velo mundo
Contaxias ó compañeiro
sen comelo nin bebelo

Mais unha cousa che quero contar
querido amigo.
Mar de fora ten de secretillo
o ke eu de popular

vamos...nocin de nocin

Os espárragos son diuréticos
e ti elo amor da miña vida,
e ti elo amor da miña vida.

Unha aperta loco de la colina

Anónimo dijo...

Que razon tienes Michi, a algunos le gusta mucho alardear de los buenos baños que se dieron el fin de semana solo para decir mira que guay soy y que bañazo me pegue. Mar de fora es una playa conocida asi es, pero no sabia que los fondos estaban tan bien, quiza en el proximo nordeste me acerque por esa tierra yo y unos cuantos colegas mas.
solo dicen la verdad los niños y los borrachos, ahora tendriamos que añadir y tambien los idos.
Un saludo y buenas olas.
C. Ramos.

Rubén Prieto dijo...

Querido C.Ramos

Alégrome moito de que deduciras (acertadamente ou non) que o baño que nos dimos foi en Mar de fora.. mira ti por onde.. nin a nomeei.

Alégrome de que este blog che sirva para coller mellores olas o próximo finde cos teus amigos. Gústame facer feliz á xente... e que mellor que disfrutar dun paraíso cos colegas collendo olas.

Alegrarame recibirvos sempre que surfeedes con respeto e co pasaporte, que é un sorriso na boca e un agradable saúdo...
Toda enerxía positiva é benvida

E como ti ben acabas de decir, só os nenos e os borrachos din a verdade, e como non che considero ningunha desas cousas... vou a interpretar que todo o que contas é mentira. Incluído o de que penses que escribo para alardear ou decir o guay que son. Ti o dixeches.. todo mentira.

Anque por outro lado.. moito tíñamos que aprender dos nenos... son felices. Espero que de vez en cando saques ese neno que temos dentro para ver a vida como debemos vela.. para vivila, sin pensar mal da xente e sacando o positivo de todo o que te rodea.

Un abrazo C.Ramos

pd. graciñas por firmar.. anque siga sen saber quen eres.
Espero que cando veñas.. me saúdes
ti e os teus colegas seredes benvidos pola miña parte

Anónimo dijo...

Non vos peleedes, que vos vai facer mal.
Ido son as veces, pero cando estou cunha rapaza, enredado no templo erótico dos sentidos. Aviso e sempre digo que me vou: umm,ahh,... me voy, me voy ..sigue, sigue... ;-)

Igual estou tolo ou igual non, depende de cal sea o voso concepto da tolemia. Eso si, a xente que aprecio sempre lles son sincero, de sentimentos, de palabra e de obra. Son sincero por condición e convinción humanista, non por un interés clientelista.

O daquela prai, xa o anunciarón noutra páxina, con nome e apelidos:
-http://boardculture.blogspot.com/2009/02/perfeccion-en-el-faro-finisterrae.html

Sr. Ramos:
Non se me ande pola ramas.
Se vostede anda por este lares
e porque a páxina de Rubén
lle cae ben e
lle gusta ver
outros fermosos lugares

un saludo, a tod@s.

Michi.