jueves, 26 de febrero de 2009

Semana de paseo

O martes, tal e como temos por costume, fumos en familia a Lugo, a terra de onde procede a nosa árbore xenealóxica.
Ademáis do que aleda atoparse cos familiares que ves un par de veces ó ano, é un día especial pola cantidade e calidade da comiiidaaa!! jeje. Particularmente, os postres, son os que máis me gustan de tódalas festas gastronómicas do ano. As orellas e as filloas...aaahhhggshssshh
que cousa máis rica dios mio..
Photobucket
Photobucket
Porque só se farán nestas datas??

Se alguén me quere facer un regalo.. con un platiño destes vou máis que agradecido jaja

Despois da comilona dimos un paseo por Lugo, onde facían unha pasarela de disfraces.
Fixéronme gracia estas dúas rapazas que, independientemente da pasarela, fora de todo concurso, colleron as súas sillas e puxéronse alí toda a tarde a morenear as súas celulíticas pernas jeje
Photobucket

O mércores funme ata Santiago.
Unha nave con material do audiovisual e do teatro regalaba o que lles quedaba para que "llo quitaran de diante" antes de mudarse de sitio.
Alí atopeime a Ton, un amigo que coñecín en Lugo, co que fixen un número de Mimo para o concello, nos días da seguridade vial.

Facía tempo que non nos víamos, así que acabamolo día xuntos. Fumos comer unha pasta al pesto (nunca a probara, está cojonuda!) e despois de paseo por Santiago. Liándoa un pouco...
Photobucket
ata acabar no parque de garabolos? (sempre me confundo). Un sitio moi bonito ó que nunca fora onde recordamos vellos tempos, fixemos acrossport, practicamos xestos do munda da pantomima... é dicir, fixemos o tonto ata non poder máis

Photobucket

No hay comentarios: