martes, 10 de febrero de 2009

De escapada ós Madriles

A asociación de actores e actrices de Galicia (www.aaag.es) organizou xunto con Aisge (www.aisge.es) a presentación do catálogo de actores galegos en Madrid.

A tódolos socios nos chegou unha invitación de Vicente Montoto e Pilar Bardem (presidenta de AISGE), e como non é cousa que pase tódolos días... deume a arroutada e decidín ir. Xunto con outra actriz que coñecía collín un billete de ida e volta a Madrid. Ida o día 3 e volta o 4.

Anque pareza mentira, con 23 anos que teño, nunca fora en avión; un motivo máis que me animou a ir. Ademais, cos temporais que estaban caendo malo sería que o vóo non fose animadiño e así levaba algunha descarga de adrenalina no pack.

Por desgracia.. case non houbo nin turbulencias. Fun coa compañía Rynair, e o vóo foi do máis tranquiliño. Anque fomos máis da metade da viaxe con nubes...
Photobucket
Por momentos despexou para que puidéramos ver tódalas montañas nevadas. Intentei divisar algunha estación de esquí pero non fun quen.
Photobucket

Pensei que o tirón do despegue iba a ser máis potente, que as ás ían a flexar máis, que iba a haber máis turbulencias, e que na aterraxe, a sensación de descenso ía a ser máis forte... pero bueno, estivo ben. Todos estaban moi contentos polo relaxado da viaxe así que non imos a ser egoístas :) Como 1ª viaxe en avión estivo ben.

Aterramos na T2 e tiven que ir ata a T4 que foi onde aterrara a miña amiga no vóo anterior. Cando preguntei como ir da T2 á T4, insinuando que ía a ir camiñando, miráronme raro. ¿como iba a saber eu que había uns 8 km de distancia entre unha e outra? Bus gratuíto e listo. O que non foi tan fácil foi reencontrarme con Elena unha vez que os dous estábamos na mesma terminal, levounos media hora e unhas cuantas chamadas.

Atravesamos Madrid a base de metro, e chegamos á Rúa onde se ía a celebrala presentación (c/Ruiz de Alarcón). Era hora de comer así que xantamos nun restaurante que estaba alí ó lado (de menú, por 10€, todo riquísimo) e despois fumos a facela dixestión paseando polo parque do retiro que estaba alí ó lado.

Photobucket

Preséntovos a Elena Couto. Ademais de facer cousiñas de interpretación ten unha casa rural en Coirós impresionante. Pegádelle un vistazo www.casadosnoche.com
Photobucket

Photobucket

Photobucket

Presentaron a ceremonia Isabel Blanco e Camila Bossa (María e a moza de Petroleo en mareas vivas, respectivamente) e despois falaron Pilar Bardem, Vicente Montoto (presidente da AAAG) e o presidente Touriño.
Photobucket
Photobucket

Había unha cantidade inxente de periodistas, cámaras de fotos e tv
Photobucket

Alí reencontreime coa miña "veciña" e actriz Sara Casasnovas, de "amar en tiempos revueltos".
Photobucket

A sorpresa do día foi que levaron como convidado especial a Martin Sheen (de apocalypse now, pai do de hot shot II) e o fillo Emilio Estevez.
Photobucket
Photobucket

Despois da ceremonia houbo unha festa destas como as das películas.
Foi o momento no que todos charlaban con todos e as risas e voces comezaban a igualar o volume da música.
Había pinchos riquisísimos e camareros paseando continuamente con bandexas cheas de cava, cubatas, cervezas, zumos, cocacolas... de todo.
Photobucket
Eu, acostumado as miñas viaxes a baixo coste, comendo e ceando bocatas de xamón york...disfrutei dunha forma especial iso de beber do mesmo champán que Touriño e Pilar Bardem... daba o seu gustirrinín, para que negalo jeje
Photobucket

Majísimo o actor galego Xulio Abonjo (cuestión de sexo), botámonos unhas boas risas charlando con el.
Photobucket

Aquí están Camila Bossa e Victoria Perez
Photobucket

Uxía Blanco, Belén Constenla e.... (non me lembro da terceira!)
Photobucket

As traballadoras de AISGE tamén eran moi... simpáticas :)
Photobucket

E despois había outros actores do panorama nacional dos que non teño fotos.
Cando xa nos botaban de alí, Sergio Pazos (caiga quien caiga) colleu o rol de guía e levounos a todos de marcha por Madrid adiante.

Fumos ó "Lacón"
Photobucket
E despois ó "negro" onde nos atopamos a Pepe Viyuela (Aída), colega tamén de Sergio Pazos
Photobucket

Xa a iso das 6 e pico, Elena e eu decidimos ir tirando porque o avión dela saía en cuestión de hora e media, así que acompañeina ata a T4, durmimos unha hora escasa tirados no chan cual vagabundos, e a almorzar.
Photobucket
Eu estaba especialmente cansado porque o día anterior, estivera en santiago e tamén durmira unha hora escasa antes de collelo avión...(mala vida) jeje.
Despois de que Elena collera o seu avión, eu dirixinme á T2, terminal dende onde saía o meu avión 3 horas máis tarde.

Peeero, cando fun a collelo billete....sorpresa:
- Perdone caballero, pero su vuelo no existe.
- ¿Cooooooooomo??
- Es más, hoy desde esta compañía no sale ningún vuelo a Santiago de Compostela
- Cajinanaiquemepariu....

Despois de un par de chamadas, comprobación de códigos, pitos e flautas... chegamos a unha conclusión. Houbo un erro na reserva do billete por internet...

- Caballero, tiene usted razón, el vuelo está reservado para el día cuatro, para las 11.30 pero del mes que viene. Lo siento. No podemos hacer nada.
- Coooooooomooo???
- Lo único que puede hacer es ir a otra compañía y comprar un billete de ida a Santiago
Cajinanaiquemepariu.....

(Iberia)
- Hola muy buenas, quería un billete para santiago de compostela
- Si, ahora mismo..... le sale en 320 euros
- Coooooooomo??
- y a Coruña?
- 280
- Mecaaaaa....*^Ǩ¨Ç

A todo esto mencionar que eu fun a Madrid SOLO co posto. Por levar non levaba nin bolso. Carteira nun bolsillo da chaqueta, cámara noutro e veña, "poavión".

Nada... pensei que era unha señal para vivir unha aventura máis e decidin ir á dedo. Rollo Pekín Expréss ou "la vuelta al mundo en 80 días"

Cando xa estaba buscando un mapa para ver en que carretera colocarme para empezar a miña aventura, e recordando que media España debía estar nevada co frío que había.... acordeime de que houbera xente que fora á presentación en coche dende Galicia. Un par de chamadiñas e asunto amañado. Volvín a Galicia en coche con Fernando Morán, Vicente de Souza e Victoria Pérez. Ata agradecín a volta en coche porque aproveitei para durmir un bo cacho, charlamos e rimos, pasamos por neve e comimos de marabilla nun sitio do que non recordo nin o lugar nin o local, polo que vexo difícil que volva.

En definitiva, unha viaxe/aventura na que coñecín moitísima xente en pouco tempo, paseino xenial e vivín experiencias novas.
Nada mal para escaparse co posto a golpe de martes

Pd. Os actores dos que dixen nome e apelidos, poderédelos encontrar no catálogo de actores da asociación

Un abrazo moi forte a todos!

16 comentarios:

Alex Fidalgo dijo...

Coño Rubén! Estoy en el curro y me tiré un rato entretenidillo leyendo tus andanzas por la capital. Tenías que haberme avisado cojones. Y ya de paso me colabas por ahí entre el champán y los bocatas. Maravillosas tus pretensiones de ir a dedo a Galicia jajaja

Un abrazo!

Rubén Prieto dijo...

Home! que sorpresa ti por aquí, alégrome de leerte :)
Pois a verdade é que non caín, non me acordaba de que estabas en Madrid. Igual é que tampouco me parei a pensar, non é algo que faga moi a miúdo.

O de ir a dedo xúroche que era en serio, bueno, os que me coñecen xa non fai falta que lle lo xure, pero estaba todo decidido. Se non me paraban, pararía os coches, contaríalles a miña historia e malo sería que en un par de días non chegase e a casa jeje... pero... desgraciadamente ocorreuseme a outra opción máis fácil.

E o final debeu de ser por algo, porque mentres esperaba polos que me ían a levar en coche, coñecín a unha rapaza de cerceda que traballa nunha productora que acaba de abrir Arguiñano en Madrid, e xa falamos de futuros proxectos... si é que.. todo nesta vida pasa por algo jejeje

Un abrazo!

KingMatt dijo...

Vaia nivel!!!!!!
Mi madriña, JAJAJAJAJAJA.
O que non che pase a ti!!!!

Vaia aventura, meu, muy guapa!!.

Apertas.

Anónimo dijo...

que bien te trata la vida rubén jajaja me alegro por ti chaval!!

oye y lo de ir a dedo muy heavy jajajaja menos mal que se te ocurrió otra idea.

P.D: saúdos dsd fuerteventura.

Isabel dijo...

Non sei por que te cagas tanto na que te pariu que non ten culpa. Fixáraste cando reservaches, ¿non te fastidia? E o de vir a dedo.. non sei nos tempos de hoxe, pero "una servidora" no ano 1977 con menos añitos que tú, foi de Lugo a Madrid a dedo e cheguei antes que as miñas colegas que saíran en tren unhas horas antes. Pasábame como a ti: tampouco tiña pelas... xa ves meu fillo, todo se hereda ;)

KingMatt dijo...

Bueno Isabel, que no 77 chegases antes que o tren , non ten merito, JAJAJAJAJA. Se hoxe debe tardar unhas dez horas, non quedo imaxinar o que tardaba daquela.

Dicho un que traballou pra Renfe.

Tes un fillo, que e un Sol.

Apertas.

aKuA dijo...

Menuda odissey!! si llegas a volver a dedo la crónica aún no la habrías terminado :D

Por cierto, me encanta Martin Sheen! ainssssssss..

Anónimo dijo...

boas meu,son Docal, contigo non hai historia que me sorprenda, pero si te metes na aventura de vir a dedo, daquela sí, apaga e vámonos.
Un saúdo dende o Ortegal.

Anónimo dijo...

oye... que ainda podes devolver o billete... no??ou polomenos cancelalo, que algo che devolverán!!? se ainda che saiu máis barato do que pensabas!!jaja

Rubén Prieto dijo...

jajaja.. tes razón anónimo, igual me devolven algo, pero agora tiña pensado ir a dedo a Madrid para volver o 4 de marzo en avión. O malo é que me coincide con outra viaxe... si que pode ke me saia máis barato.

Un saúdo Docal! fai tempo que non nos vemos! tranquilo que este ano algunha viaxe a dedo bajo mínimos farei. levarei un libretiño para ir preparando o megapost no blog. unha aperta!

Akua, tienes razón, ya me llevó lo mío escribirlo todo con el final del viaje "normal"... si vengo a dedo estaría escribiendo aún. Una de dos, o escribiendo, o llegando

King, pero os trens de agora non son os mesmos que os de 1977?? eu pensaba que si, jeje A ver cando vos fago unha visita, que xa teño ganiñas desas noites de guitarreo/pearljam/fogueira/charlas/risas/surf

Alis, la verdad... no me puedo quejar jeje.
Un abrazo pa todosss!!

Aole dijo...

walaaa pero con q gente t codeas tu no??
tuvo q ser genial! besinees

ALX dijo...

guaaaaauuuuuuu!!! Martin Sheen, que caña, que escena la de Apocalyse Now cuando Robert Duvall manda a dos tipos a coger olas entre bombas.....je,je....
"AAAAaaaaahhhhrrr...me encanta el olor del Napalm por la mañana ...huele a victoriaaaa!!!..."
un saludoooo..

Rubén Prieto dijo...

jajaj.. aole, tes razón... foi un pouco surrealista a verdade jeje. Anque non me codeo con esa xente a diario eh! só foi ese día.

alx, o martin sheen portouse xenial. Estivo toda a tarde e noite sacandose fotos con todo o mundo sin parar e sen unha sola cara mala.un sol

Peter P. de Mille dijo...

Moi maaaal. Pero que moi maaaal!!!

Sí, moita "fotito" e moito pincho, e moito sorriso pa o afoto... pero ONDE CARALLO ESTÁ OS TFNOS. DESES PEDAÇOS DE BOLOS,EH???

Sobre todo o de Isabel Blanco, e a asafata loira que á que te amarraches pola banda de babor.

Capullo!!! Mal amigo!!!

Lagartón!!, Lurpio!!!

Anónimo dijo...

Vaya jeta, en eso se gastan el dinero de todos, menuda panda de CHORIZOS

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,