domingo, 1 de febrero de 2009

Curtametraxe: A dúas velas

Moi boas

Gustaríame que vises esta curta, xa que, a ademais de ser moi "galega", fai unha moi boa crítica ó mundo que vivimos. Anque non é de recente creación, está moi relacionada coa actualidade. E se non, que llo digan ós miles de familias que estiveron sin luz moitos días por culpa do temporal


No medio dun apagón, dous irmáns despídense na casa da aldea onde vive un deles. O outro regresa ao lugar onde está emigrado. Os apagóns seica son continuos na zona, e non é tan doado poñerse de acordo para reclamarlle a Fenosa...

Curtametraxe incluída no proxecto "Hai que botalos", que recuperamos en Flocos pola súa oportunidade no medio dos problemas no subministro eléctrico que causaron en Galicia os temporais de xaneiro.

Director:
Enrique Otero
Intérpretes:
Miguel de Lira, Víctor Mosqueira

Duración:
4:57
Ano:
2005


Flocos.tv

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Dimo a min, que vivindo a 100m do paseo marítimo da Coruña estiven catro días (4) sen luz.
E os de "Fenuestra" facéndose o avión.

Isabel Tomé dijo...

Pedro, case é peor uns dunha aldea ó pé da central térmica das Pontes, que levan anos sen luz tendo ó lado ese monstruo que o exporta a casadiós.