Hoxe, o meu amigo david adiantóuseme 5 minutos ó despertador, e chamoume para avisarme de que estaba funcionando a miña ola favorita: "está mellor que o outro día!" Con amigos así da gusto despertarse.
Almorcei e arranquei para alí. Como era de esperar, estaba só. Unha, por ser luns pola mañá, e outra por ser esa ola, que non coñece moita xente (por ahora).
as series tardaban, pero unha de cada 4 rompía dende moooooi lonxe. Rompían con un tamañiño respetable, e por momentos os tubos afogaban a súa rabia cun bo sifonazo
Como era a vez que mellor vin romper esa ola, non iba a quedarme en terra por estar so. Puxen o traxe (que ahora que me acordo estaba mollado, coa emocion nin conta me din), dosis de parafina no pincho recien reparado, e comecei a atravesar un monte de toxos, silvas, árbores queimadas... Unha vez rematada a sesión de senderismo agrestre con traxe e escarpíns, comeza a escalada libre sen arnés pero con tabla. Chego a áuga e póñome a remar.
Despois tocoume pegarme unha remada de uns 600 m, (polo menos foi co pelo seco), pero sorprendeume que a ola rompese uns 70 metros máis atrás do que cría que podía chegar a romper. Rompía tan lonxe que o que normalmente era unha dereita eterna, tamén sacaba unha esquerda bastante larga, pero que a remontada non me facía moita gracia.
Despois de gozar dun olón de aproximadamente case 3 portas, 6 metros reais, 3 metros vascos, 1 metro hawaiano, medio metro canario (en fin...) collín unha ola de uns 500m de recorrido (medido co google earth).
Dende alí atrás so collín unha máis. As series grandes tardaban moito e a marea estaba aniquilando a ola lentamente, así que funme á metade do recorrido a pasar o resto do baño. Cada vez, máis cerca das pedras.
Normalmente, cando me atopo nunha situación complicada (dudar de si facer un take off tardío ou difícil, ou algunha maniobra) uso un chip que me instalei no meu minicerebro que me di: "en caso de duda... faino". Por culpa dese condenado chip, pégome moitíisimas leches na auga, como se non bastaran as caídas provocadas pola falta de nivel... Bueno, pois ese "chip" apágoo cando estou só na auga.
Por iso, decidín saír da auga antes de estar cansado, por se me pasaba algo.
Comecei a remar para saír, e cando estaba chegando ás pedras, chegoume unha ola que pensei que sería surfeable.
Intentei pillala. Remeina, e cando estaba arriba e vin o tubarro que se iba a formar, o paredón vertical que se levantou, e o cerca que estaban as pedras... rajeime e tireime da táboa. A táboa seguiu baixando a ola mentres eu me quedaba atrás. A ola enguliu a táboa, comezou a tirar a tirar a tirar ata que me rompeu o invento.
A táboa estampouse contra as pedras e eu empecei a nadar cara fora. Cando cheguei a estar nun sitio seguro, quedeime flotando un bo anaco esperando a que o vento me sacase a táboa do pico, pero nada... cando viña a serie volvía contra as pedras. Como as series tardaban bastante, dudei si nadar ata a táboa para collela e marchar pitando antes de qeu me viñera a seguinte serie, pero era demasiado arriscado.
Imaxineime a miña nai flotando alí ó meu lado e dándome collejas: "¡estás tolo! vas a arriscalo pelexo por unha táboa?? se fai falta cómproche unha joder!, pasa pacasa cagando mistos!"
Fíxenlle caso ó meu mamisferio cerebral e nadei contra o vento e corriente ata chegar a terra. Cando me dispuña a escalar e atravesalo monte de toxos e silvas para chegar ó coche, saltoume a bombilla e quedeime parado uns segundos (para pensar teño que parar de camiñar, que as neuronas non dan para máis). Decidín intentar recuperar a táboa por outro lado. Fun polas pedras, escalando ata chegar ás pedras onde cría que tiña que estar a táboa. Bingo, recupereina dende unha pedra e para casa.
A táboa... destrozada
Base da quilla levantada
Cu destrozado (non se aprecia ben)
Punta flexada
e máis rascazos e golpes ó longo da táboa, por arriba e por abaixo.
Invento: 20 euros
arreglos: 70 euros (calculo)
sáleme a uns 16 euros a ola surfeada
¿Volvería a facer o que fixen sabendo as consecuencias? si :)
Esto do surf é indescriptible
Saúdos e coidadiño co temporal, que ahora está no mar
boas ondas... sede felices :)
13 comentarios:
bah, sólo es material....ahora tienes una historia que contar...
seguro que no te arrepientes...
un saludo...
Moi orixinal a historia que acabas de publicar, sobre todo cando pensaches na túa nai...
Hay ter coidado co mar, que cando bate contra os cantis, non perdoa.
Pero merece a pena arriscarse para facer surf alí!!!
Amiguiño!
Os días gordos hai que entrar cun bo invento. 9 pes polo menos, e gordo, que se quedas no pico sin tabla, a túa nai escarállate!
Boa historia, se queres unha boa reparación, xa tes excusa para baixar por aquí...
Graciñas trum
ALX, tes razón, non me arrepinto de terme botado, pero non por poder contala anécdota, senon porque as olas que collín mereceron a pena :)Clasificaríaas dentro das 10 mellores olas que collín na miña vida
Perry, tes razon, hai que reservar un invento novo e gordo para estes días. O que levei era de 2.5 m e creo qeu de 7 mm. pero xa tiña moita tralla. Xa tiven unha tiradiña desde onde me rompeu ata onde se sube á terra, non quero pensar que me rompa dende o pico, mimadriña, uns 600 m de travesía a nado con oliñas que facían tragar auga, en contra do vento e contra corriente. Houbo un tramo que o nadei de espaldas, porque se me facía incómodo respirar ó nadar a crol por culpa das oliñas de vento.
Cando vexas a walter cóntalle máis ou menos como de jodido teño o pincho e a ver que presuposto lle calcula a groso modo.
Por certo, vou ter que baixar por vigo para a semana, que non acabamos de grabar unha curta que fixemos en bueu. Xa te chamarei
Abrazos pa todoss
Polo menos estás enteiro ;) e podemos seguir lendo o teu blog
Como dixo Perry, é moi importante dispor de un invento adecuado! E sempre en boas condicións!
Apertas e ten coidado!
Sou un antigo adicto os blogs de surf pero polo que vexo ultimamente os blos so estan pa jodela. "OS PARAISOS SO SON PARAISOS MENTRES NON CHEGUE A MULTITUDE", xa bos daredes conta, xa pasou antes noutros sitios, un saudo e fora de este comentario felicidades polo ben currado que tes o blog.
Estou en gran parte dacordo contigo. Xa surfeei con multitudes en Mundaka, Sopelana, Nemiña...Sei o que é.
Por iso "tuneei" as fotos para eliminar calquer resto de costa que se puidese ver. Por exemplo,na primeira un cadro de cor gris ceo cubre todo o horizonte/costa/ceo. Non sei si te diches conta ;)
Eu considero que teño unha ideoloxía "intermedia" con respecto ó localismo. Nin me considero local heavy nin pretendo facer unha guía de spots da costa da morte. Non me importa compartir un spot con 3 amigos (estean empadronados no lugar da ola ou non) pero tampouco quero facer coñecidas olas solitarias. Por iso non dou NINGUNHA pista
E digo "en gran parte" porque penso que na maior parte das veces non son os blogs os que dan pistas senon os que escriben os comentarios.
Graciñas polas felicidades e por participar co comentario. Anque se agradece que sexan firmados ;)
Un saúdo
buf tio menuda safada juas juas.. pero bueno nada que una buena cartera no pueda arreglar jaja
mejor eso a matarte o romperte algo... bien elegido, aunque a mi la vez que me fue la tabla contra piedras fui a por la tabla.... aunque las olas no pasaban del metro y medio jaja
Ruben non fagas caso dos comentarios.o conto e surfear,con xente sen xente,o iportante e pasalo ben e aproveitar estas ondas ke nos dan dias coma estos.home os paraisos pra min non deixan de ser paraisos pola multitude eu tamen estiven e ondas coma mundaka ou mismo en super tubos pra coller duas ondas catro horas e non deixan de ser paraisos,a quen non lle gustaria ir a idonesia? que o ano van multitudes de surfistas de todo o mundo,e non surfistas,e non deixa de ser un paraiso surfeiro etc etc etc.home ¿a quen non lle gustaria coller nestes sitos ondas so?.tede cuidado cas rochas.mirade ben antes de botaros a auga. pd: non hai cousa mais bonita ke compartir e se e cuns bos amigos mellor.unha perta koko adeus.
Aaaaaahh!!! que ben soa túa nai!!!
Pasapacasa...
jajaja...
Estouna ouvindo...
la verdad k hace tiempo me paso algo parecido en nemiña contra el saburil yo solo un dia de mareton y lo pase muuuuuuuuuy mal y no kiero pensar si seria capaz de llegar a tierra sin aletas ahora lo recuerdo como anecdota y me rio pero akel dia no me reia nada pense k palmaba recien inaugurada mi aficion surfera pero como me dijo Tito de la coru,neno el surf hay k mamarlo! ke razon tenia...
Buff.. Marcos, pois Nemiña un día de maretón sin invento tampouco o quero para min eh. Que Nemiña cando esta heavy ten unhas olas que levantan area e matan a cristo.
Ó final, o que non mata engorda. Quero dicir, hai que sacar o positivo desas situacións. E eu vexo que cantas máis experiencas "negativas" vive un (e se sae airoso) fante máis forte e dan máis seguridade na auga un día grande.
Un abraso!
claro
Publicar un comentario