jueves, 29 de enero de 2009

DÍA (con maiúsculas) en Razo

Hoxe espertei en Coruña na casa de David de Viveiro (Hubbard), e tras pegarme un bo almorzo e facer unhas cousiñas en internet, chámame Dani (surfinglife) para ir comer xuntos e despois coller rumbo a Razo para surfear.
Houbo un amago de cambio de plans cando pensamos que podía funcionar Malpica, pero mirando pola webcam, dímonos de conta de que estaba pequeno. Polo que collimos uns bocatas no gastof, recollimos a Alex e tiramos para Razo.

Cando chegamos vimos a dous rapaces de Viveiro que se estaban poñendo as botas (Chema, un deles). Olas de tamaño perfecto (para o meu gusto) rompendo de dereitas e esquerdas, con pouco vento, e o pouco que había, dáballe perfecto.

Tíñamos pensado esperar a que subira máis a marea para coller o baño no momento bo, pero como parecía difícil melloralo presente, non nos aguantamos. Comimos os bocatas e lanzámonos á auga.

O que máis e o que menos, collimos algunha ola moi boa. Olas larguísimas, grandes, superficie lisa, "huecas", con forza, paredes suaves, tubos, sifóns, esquerdas, dereitas, gritos animándonos uns ós outros...vamos, unha gozada.

Como eu non saquei fotos, e a confianza da asco, fixen este minirecorte dunha foto de Daniel Almeida
Photobucket
Para que teñas que ir ó seu blog (se non fuches xa) a ver esta foto enteira e algunha máis que subiu do día. Para ver a súa entrada do día fai click AQUÍ

A min prestoume Alex un gorro de neopreno que me veu de pinga. Gracias a el puiden aguantar as 3 horas de baño que nos pegamos. Anque ó final eu estaba igual de áxil que un oso perezoso fumado de marihuana. A resistencia ó frío que teñen estes rapaces é sobrenatural. Vou ter que comprarme eu tamén un traxe de buzo de 5 mm como o de Alex.

Xa se nota que medraron algo os días. Ás 7 da tarde aínda había luz suficiente para que Dani de Raz puidese escoller a última onda do día.

De volta a Coruña, fumos de cháchara, recuperando o calorciño cos asentos calefactables, escoitando música reggae, ríndonos con algunha bromiña, e recordando as olas surfeadas...

Despois dun día así, no que é difícil borrar a sonrisiña que se che queda no careto, penso:

Os filósofos que din que a felicidade non existe...non fan surf

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaia baños que te estas pegando cabronazo, eu de pequeno quero ser coma ti. un jaiteiro!!!
parece que se pode rascar aljo para este finde, estaremos atentos.
Unha aperta.
Mesi

Rubén Prieto dijo...

jajaja vaste queixar... e eu de grande tamén quero ser coma ti. jaja
Este finde hai que estar ó loro.

outra aperta patí maifren

ALX dijo...

no entiendo muy bien el gallego pero me parece leer al final del post que los filósofos que dicen que no existe la felicidad es que no haccen surf....pues que gran verdad!!!!...je,je...ellos se lo pierden...
un saludo...