jueves, 22 de enero de 2009

Making off da curtametraxe Campelo

Pois eso, aquí vos deixo o making off da curta na que participei a semana pasada en Lugo. Unha curtametraxe de medo tipo "rec" ou "la brujula de blair;)"



Grabámolo nun hotel abandonado, á beira do río Miño (Facía máis frío dentro que fóra)
Unha das curtas na que mellor o pasei e máis bo rollo se creou entre todo o equipo.
É incrible cómo unha experiencia así, de tan só 3 días, pode unir tanto.

Hoxe estou en Bueu co 5º corto, estoulle collendo o gustillo a isto jeje. Estamos grabando un corto chamado "O burato" ("el bujero", dicimos de coña), producido pola escola de imaxe e son de Vigo.

Se estás flipando ó enterarte de que andaba metido nestas "movidas faranduleras", cóntoche:

Sempre me gustou a interpretación, dende os 9 anos ou así estiven na escola de teatro do concello de Cee e tiven o privilexio de ter como mestre dende aquela a Artur Trillo. Hoxe en día, sigo disfrutando como un enano cada vez que me teño que meter no corpo dun personaxe alleo (ou non) a min. Actualmente, no grupo da escola de teatro, estamos preparando unha obra chamada "Criaturas" de Roberto Vidal Bolaño.

Dende Xuño do 2008, tiven a sorte de poder convertir esta aficción en algo máis que un Hobbie. Comecei a traballar como actor para un programa chamado "arredemo", un programa de cámaras ocultas tipo "pillados" que se emite na galega (non sei cando nin a que hora, cambian cada dous por tres). Aínda estamos esperando a que comecen a emitir a 4ª temporada (que foi na que empecei), xa que están repetindo moitos capítulos vellos e exprimindo ó máximo tódolos programas grabados. Así que se alguén me ve que me avise! jeje

A raíz disto, dedícome a gastar bromas, con ou sen cámaras (o mellor traballo do mundo jeje). E aproveito tooodo o tempo libre para participar en proxectos como o das curtametraxes.

Bueno! pois xa sabes un pouquiño máis do meu "lado oscuro" jaja

Un abrazo e ata a próxima!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Honbree si tenemos a un artista por aqui, que wuapo eso que nos cuentas rubén, algo mencionaste de que te gustaba el teatro o la intepretación alguan vez por aqui, pero que estabas tan metido en el ajo no...aunque tu ya eres todo un personaje jajaja toliño como el solo (sin animo de ofender jajaja)
pasalo muy bien y a disfrutar que yo he estado detras de algun teatrillo ayudando y tienes razon lo que une al equipo y el buen rollo que se crea. Una experiencia inolvidable

P.D dsd fuerteventura Alis

Maika Boquete dijo...

pois, se estás a facer o que che gusta...noraboa rubesiño!!! xa nos deixaras ver os curtos enteiros.
un bikiño!

Néstor dijo...

moi ben iso de transmitir cousas en pouquiño tempo, seguramente sexan o futuro xa que cada vez temos menos tempo nas nosas vidas como pra gastar duas horiñas en ver unha peli.
Saudos

Rubén dijo...

jeje, nestor, tes razón... anque pareza paradóxico.. a min dame moita pereza "perder" dúas horas ou máis en ver algunha película. Se finalmente non me gusta fastídiame moito a perda de tempo jeje.

Graciñas Maika! a ver cando teño o material e permiso para subilo á rede... avisareivos :)

Alis, de artista nada... jeje simplemente me gusta probar cousiñas, e mentras poida aprender sobre temas que me gustan... aí andamos :)

abrasooss, e coidado coas olas