29 de enero de 2008 14:02"
Quen ía a imaxinar que, neste cachiño de comentario que fixen onte no post de "bañazos", se ía a convertir en realidade tan pronto.
Pois si señores, as NSP non son irrompibles

rompeume diante un olote dunha serie desfasada, fixen un pato profundo, pero a ola arrancoume a táboa das mans e rompeuna en dous no revolcón.
Hoxe houbo outro BAÑAZO en Mar de fora. Antes de marchar vin que a boia de cabo vilano marcaba 3,5 m polo que supuxen que estaría tirando a grande. De feito rompía peor que estos días atrás. Había seriotes que arrasaban a praia, rompían por encima do canal e todo. Pero seguían saíndo esquerdazas. De tamaño... pois máis ou menos os que marcaba a boia. uns 3 metros reais (Algo máis as máis grandes).
Marcos estívonos sacando fotos, pero non as podo colgar porque a cámara non era dixital, e aquí en cee tardan 2 días en revelar as fotos dende que a riada estropeou as máquinas de revelado. Pero espero colgar algunha en uns días.
Así que, xa sabedes, a falta de foto...

jeje, como vedes, o "lienzo" é un tanto orixinal. Tal é a pasión/obsesión por este deporte, que mentres limpaba a vitrocerámica...cada círculo que facía vía un tubo: Círculo-tubo, círculo-tubo. Así que, nun deles, pegueille uns retoques e dibuxei unha das olas que 2 horas máis tarde estaría surfeando.
un abraso!