Moi boas a todos!
Este fin de semana, aproveitei para facer unha pequena pero preciosa viaxe ás illas Cíes. Onde está a (según non sei que asociación) a praia máis bonita do mundo.
Cólgovos unhas fotos. Quíxenvos colgar máis fotos onte á noite pero coa tronada que caeu non nos atrevimos a ter ningún tipo de aparato eléctrico enchufado. Caeu unha granizada en fisterra na que os granizos eran do tamaño dunha pelota de pimpom. Sen esaxerar absolutamente nada. unha landra (bellota) era a metade do granizo. Bueno, ó que ía.
Unha vez en Vigo, collimos un barco para ás Cíes. Cando chegamos ó porto alegreime ó ver esta nave intergaláctica. Nunca fora en avión e pensei que chegara o meu primeiro vóo supersónico... eu estaba todo ilusinado, pero ó final resultou ser un barco. Solo ía pola auga... que baixón xD
Aquí temos a primeira visual da praia dende o barco. Para ser unha illa, máis masificada do que me esperaba, pero moi bonita.
Aquí temos de novo o "interprais" unha vez feita a aterrizaxe
o camping, estaba a 1 km do porto onde che deixa a nave, así que si ves moi cargado, como era o noso caso, recomendo ser pillo e buscar uns carriños que había por aí para transportar tódalas mochilas ata o camping. Eu non fun dos pillos; tocoume sudar :)
Nun restaurante dixéronme que si ía antes de que se puxera o sol, non tería que facer cola para cear, pero que se ía despois... que me preparara. A min sorprendeume a precisión da camarera no seu coñecemento do comportamento dos turistas...pero pronto o entendín todo.
A posta de sol, era unha atracción máis para os visitantes. Na súa maioría viron poucas veces poñerse o sol polo mar.
esta é a mesma foto pero con algo máis de contraste e saturación
aquí vemos a todo o mundo sentado disfrutando do espectáculo
ó fondo temos a cidade de Vigo
aquí, salvia e eu estivemos nun sitio, no que si saías da auga e seguias en liña recta, volvías a entrar na auga...vamos, unha mobida.
Hai un pequeno lago que sube e baixa xunto coa marea. Curioso
a erosión fixo que se fora toda a area/terra no que medrou este pino, quedando esta xaula de raíces
O sábado, que foi o día que puidemos aproveitar por completo, decidimos facer rutas para ver toda a illa, xa que para disfrutar de playa xa tíñamos as nosas que non teñen nada que envidiar sinceramente.
Non se podía prender lume en toda a illa (normal) ¿sería por iso que este pino rebosaba piñas?:)
Despois dunha pequena camiñata chegamos ó alto do príncipe
A min recordábame á rocha da película de Rei león :) o que pasa que en lugar de ter abaixo centos de cebras e búfalos, tiñas centolas herbas e pulpos
Esta era a vista da illa dende alí. Podedes ver a lagoa á esquerda, a pasarela de pedra na que nos sentábamos á ver a posta de sol e o camping ó fondo
Había sitios que parecían de película, e podías tirarte 10 minutos mirando aparvado
Supoño que esto foi consecuencia do temporal este que houbo
Neste lado da illa que visitamos pola mañá, tamén estaba o faro do peito
Con respecto á limpeza da illa, a verdade é que está moi coidada. En toda a illa so atopei unha lata fora de lugar. Hai carteis por todas partes (En Vigo, no barco e en todas partes) de que non hai papeleras na illa, que tes que traerte a basura de volta á casa. En parte paréceme ben, é unha forma de concienciar á xente... pero hai persoas que tiran a lata por non ir ata o contenedor que está a 20 m e que polo tanto nin de coña van a facer o "esforzo" de aguantar coa lata/botella/merdiña na man toda a mañá no caso de que estean na outra punta da illa.
Eu diría que o ideal sería algo intermedio. Non plagar a illa de papeleras pero polo menos poñer un contenedor en cada punta da illa, ademáis do punto limpo que había no camping.
Ó final, a xente parece que se porta como dios manda e a illa estaba limpa, pero por outro lado...
Despois da camiñata tocou chapuzón nunha praia nudista que tiña a auga máis fría que a de Nemiña e tirámonos a descansar un ratiño.
Había caliñas por todas partes
Esta é a praia da Figueira (a nudista)
Aquí está Salviña, toda morena e con cara de rapaciña. Quen diría que aí onde a ves xa é funcionaria e en dúas semanas comeza a traballar no colexo..
Despois de comer durmimos unha siestiña. A min sempre me gustou durmir escoitando algunha gaivota, recórdame ó mar e paréceme relaxante. Pero nas illas hai miles de trillóns de gaivotas! e non paran de berrear, ó principio faiche gracia pero e que nin pola noite calan! que alguén experto no tema mo explique, por favor, que pasa? non durmen ou que?
Tamén había carteis de que non podías deixar bolsas de basura ou comida fora das tendas porque as gaivotas collíanas, abríanas e zarrapiscaban todo. a nos pasounos, pero porque non pensei que se ían a meter dentro do toldiño da tenda para sacar unha bolsa! inda non sei como o fixeron...
Pola tarde fixemos as rutas da parte sur da illa. Pasamos por esta pequena praia
Os iates... buf.. con cal te quedas? eu con un veleiro, seguro.
Resulta que non poden vir ás Cíes así por que si. Teñen que pedir un permiso con 15 días de antelación, e hai un cupo limitado de barcos. En parte paréceme ben, pero un señoriño, dono dun bar, díxome que era un lío e non lle parecía ben, porque cada vez que el quería ir ó seu bar co seu barquiño para limpalo, arreglalo..etc tiña que pedir o permiso de marras con moita antelación e non sempre llo daban.
Despois de camiñar un bo rato... chegamos ó faro máis alto; o faro das Cíes
Había unha altura impresionante. Eran 175 m de altura
Esta era a parte norte
e esta a parte sur
Ó volver ceamos no restaurante máis enxebre dos 3 que había na illa. A min gustábame, non sei, tiña o seu encanto.
Facían rutas en quad jeje
O día seguinte, o domingo, decidimos marchar antes de tempo porque o tempo non pintaba nada ben. Recollimos a tenda e cando marchábamos comezou a chover.
No barco onde íamos a escapar para Vigo, viña unha cantidade de xente tremenda a pasar o día nas Cies, coas neveras, sombrillas, toallas... e diluviaba. Meus pobres. As caras eran un poema. Os que máis sabían eran os máis maiores, que xa lles daba a risa. pero os mais novos traían unha cara de cabreo de manda cuidao. Decía unha "¡nos tendrían que haber avisado de que iba a llover antes de vendernos el billete!" jeje pero bueno, tiveron sorte que ó final clareou; sempre que non marcharan de volta no seguinte barco, si non si que lles ía dar mal..
Xa baixo teito
E chegando a Vigo
Bueno! pois isto é todo! dou por finalizada esta pequena reportaxe da escapada ás Cíes, espero que vos gustara.
Unha aperta a todos!
2 comentarios:
Que bonitoo... esa zona é unha das miñas viaxes pendientes. ¿Cómo está de coidado? conta, que queremos saber!
Bicoss.
MANDA CARALLO JASTANDO CARTOS EN VIAXAR ATA ALI ABAIXO PARA VER UNHA ISLA CON CATRO PREDRAS E DOUS ARBUSTOS. TAMEN COMO SODES.
QUE PENSARA A LOBEIRA DE TODO ISTO E XA NON QUERO PENSAR NO POBRE CARUMEIRO OU NOS COLLONS DO BOI EN CANELIÑAS.
MEUS POBRES AHI SOLIÑOS SEN QUE NADIE OS VISITE MOLLANDOSE TODOLOS DIAS......
JJEJJE
BUENO A ISLA ESTA MOI BEN PARECE A TIPICA ISLA PARAISO DAS PELIS JEJEJE
MOLABA BAIXAR UN FINDE TODOS XUNTOS.E QUEN SABE DARLLE UNHA NABEGADAS.
VEÑA UN SALUDO
DEIVIS
Publicar un comentario