domingo, 21 de noviembre de 2010

O que o ollo non ve...

Recordo que, fai uns 10 anos, había unha sección nunha revista de bodyboard que se chamaba así "lo que el ojo no ve" e tiña fotos do interior de tubos. Alucinábamos como monas. Eran as primeiras fotos dese estilo que víamos en ningún sitio. Nin internet nin porras. Desexábamos que rematara o mes para recibir a seguinte revista só por ver esa sección.

Bueno, isto a que viña?... ah, si. Gotas.

Fedellando no flash atopei a opción de poder disparar a alta velocidade, e recén comprado o obxectivo canon 50mm f1.8 púxenme a experimentar con gotas de auga.

Miña nai botoume un cable. Xa é unha goteadora profesional :)
A medida que me ía emocionando coas probas ía engadindo elementos á elaboración da foto. Algunhas delas quedaron tal que así:

gota panom r

zzz---zzz----gota_4

gota_5

4 comentarios:

Antonio dijo...

Moi chulas. Cando vexo cousas así apetéceme máis mercar un flash competente.
Qué ben se sinte un cando obtés resultados en algo ata o momento descoñecido, non?

paideleo dijo...

Unha pasada !.
E falando de pingas e augas, que cámara levas cando surfeas ?. Non se molla ?. Perdoa a ignorancia pero se non pregunto sigo ignorante.

Rubén Prieto dijo...

Antonio! pois eu vou ter que mercar un flash tamén! porque o que empreguei para estas fotos caeume antonte polas pedras do cabo vilano.... en fin..
si que é gratificante si.. simplemente facer o tipo de foto que quixecehs facer dende fai tempo e finalmente facela... mola :)

Paideleo! as fotos de surf qeu hai na entrada anterior, por exemplo, son feitas dende a area pero empregando un telezoom bastante grande. Nunca me metín a auga cunha cámara. Pero de facelo habería que empregar unha carcasa acuática (valen unha pasta). Ou unha destas compactas que se poden mollar :)

apertas e graciñas!!

paideleo dijo...

Graciñas pola explicación e que sigas facendo fotos así de boas que vas chegar lonxe.
Curioso: a palabra clave é wavess.