Cantas máis veces vas a unha praia, máis veces che sorprende para ben ou para mal; O que fai que cada vez esteas menos seguro das posibilidades de baño.
Moitas veces, chámanme amigos preguntándome como están as praias de por aquí para non pegarse a kilometrada de balde, e atópome co dilema. Se lles digo que non creo que haxa nada, e paso eu de casualidade porque vivo ao lado e hai olazas... síntome mal claro! e se digo que se veñan porque creo que pode haber algo e ao final quedamos todos en terra coméndonos os mocos...mal asunto tamén.
En fin...
Que o outro día achegueime a Nemiña sabendo que non a ía a coller no punto de marea adecuado... e había baño igual.

Houbo un pico en marea alta, outro en media e outro en baixa. Cando normalmente só hai un piquiño en alta (e con moita sorte).
Xa saíran todos da auga, e bañeime eu só. Bueno, non tan só: Cando o sol comezou a sumerxirse no horizonte, acompañáronme unha bandada de golfiños que saltaban e surfeaba moi preto de min. Un auténtico espectáculo natural. Sen adestradores nin elementos artificiais. Neses momentos, por un lado sínteste en total harmonía coa natureza, integrado molécula a molécula, e por outro sínteste un pouco intruso, por pertencer á raza animal que pretende destruílo todo.
Suso Tudor, que andaba por alí, quedouse coa miña cámara e sacoume un par de secuencias:




Non hai nada como verse (en foto ou video) para darse conta de todo o que un fai mal, ou todo o que se podería ter intentado e non se intentou.
Neste caso, ademais de correxir a postura, penso que o que se podería ter intentado sería un reentry aproveitando o punto vertical da onda, non? Porque fun demasiado optimista pensando que o tubo sería o suficientemente grande para entrar. E digo "intentar" por decir algo... é como mercar un boleto do euromillón. Se non se merca non toca non? :)
Unha aperta!
E esta semana disfrutádea, mirádea, e saboreádea como se fósedes nenos...