Gracias ó feisbuk, onde ás veces informo da miña situación "espacio-temporal", avisoume Dani (tamañero do Oeste) que ía a haber sesión en Montalvo. Ofreceume táboa e traxe por se me quería pegar un baño, pero as olas non é que abriran moito, eran o suficientemente fortes como para romper unha táboa (non me gusta arriscar a integridade das táboas alleas), e ó romper as olas tan cerca da orilla...case que aseguraba a posibilidade de sacar algunha foto interesante.
Así que, collín a cámara e púxenme a disparar. (Teño que mercar un tele 400, que o 200 quédaseme corto)
Dani estrenando a táboa como se merece
Un rapaciño que dominaba moi ben o body a pesar de ter 15 anos e ter empezado ós 14
As fotos máis curiosas e abundantes foron as dos wipe outs, xa que as olas caían con forza e só abría unha de cada 10.
Surfista anónimo amerizando en augas pontevedresas
A este rapaz, que andaba moi ben, cazouno esta ola de pleno. Vin como o labio lle caía na espalda e o espatarraba literalmente contra a táboa. Ata me deu a impresión de que rebotou e todo. Non puiden evitar alegrarme cando vin que na foto, cazara xusto o momento no que o labio entraba en contacto coas súas costas.
Abrían poucas,...
pero as que o facían, eran espectaculares
Onda branca
Este é o típico "wipe out, que me quiten lo bailaut"
Algunha dereita tamén saía
Unha aperta!
7 comentarios:
Carallo coas olas o que tes que mercar e a Nikon D90 para gravar en HD
Sau2
Ó mellor non tes que mercar nada...olla aquí:
www.lensclub.es
O da 6ª foto, ¿non e Perry?
¿Sobreviviu? JAJAJAJA.
Apertas!!!
Boas fotos Ruben.
O rapaciño do body e Victor e a verda e que da gusto velo na auga,o da 6ª foto e Nacho Tuñon,un ckack,5ª e 8ª foto e Yago Chamorro,7ª e 10ª Pipo.
O da foto 4 disparamoslle ti e eu a vez,jajaja.
Xa me recuperei da "molladura"
Saudos!!
Muy chulas las fotos, saludos.
O "amerizador" e o da foto wipeout que me quiten lo bailaut chámase Albino, ... un fenómeno, sempre con un par...
Noraboa polo blog, saúdos.
antes de mercar unha cámara que me grabe video eh HD teño que mercar un ordenador.. que xa para xuntar as panoramicas teño qeu usar o fixo de casa jeje...
peter.. alugan material? peguei un vistazo rápido pero foi o que entendín..
Edu.. perry creo qeu non estaba :) e si... penso que sobreviviu. polo menos por alí ambulancia non pasou ningunha (de milagro) jeje
Moi boas Javi!encantado de verte por aquí. Graciñas pola aclaración dos personaxes. quen nos vira na cazada de ola aínda se iba a pegar unhas risas jajaja... a verdade é qeu tiven qeu procesar moi rápido para decidir non axudarche jaja...e iso qeu a operación mental era sinxela: si che axudaba... 2 moollados, si escapaba correndo, 1 mollado. jeje..síntocho pero gañou o instinto de supervivencia jaja.. que mala persoa son diormio.. :)
Administrador.. graciñas! dani? :)
Max! moitas gracias e benvido!
apertas para todos
Publicar un comentario