Cal foi a táboa máis bonita que viches na túa vida?
O recoñecido shaper Chus, de chusmasurfboards e máis eu decidimos xuntarnos para ofrecer un servicio conxunto que consiste no seguinte:
Renovar por completo a túa táboa (short, fish, evolutiva, longboard...)
Chus dalle un prelixado a táboa, eu píntoa cun deseño orixinal ou copiado dunha foto que o dono escolla, e Chus volve a darlle unha capa de resina de acabado para protexer o debuxo e a táboa, coa posibilidade de darlle un acabado en brillo para que quede coma un cristal.




(Descoñezo a fonte destas fotos porque foron collidas de páxinas tipo "photobucket" ou "imageshak", así que pido disculpas ós donos das mesmas e se están lendo isto que mo fagan saber na dirección que hai ó final da entrada)
Esta cutremontaxe é miña:

Podes renovar a túa táboa dende 80 € (pintada e con capa de resina que protexe o debuxo e a táboa sen incremento de peso)
Se o deseño é moi complexo, o precio incrementaríase.
E se a táboa ten toques, golpes ou aboiaduras grandes, será totalmente arreglada e restaurada tamén por un pequeno incremento no prezo.
Se queres surfear na táboa máis bonita do mundo contacta conmigo a través do correo electrónico e falamos: carpediemsempre@hotmail.com
Pide sen compromiso o teu presuposto adxuntando unha foto co deseño que queres e describindo estado no que tes a táboa
Apertas!!



5 comentarios:
Un bo curro si señor.
sau2
pareceme unha idea moi acertada, non vos vai a faltar traballo
eu xa eston pensando. a miña tabla ten un deseño ben feo. pero unha prejuntiña...como fasedes co grip?deixadelo e pintades solo pola volta?
saludos
Pois si quedase mellor, pintaríase para integralo co debuxo da táboa, e se non tápase para que non se manche de pintura.
IMPRESIONADA me tenés!!!
No puedo comentar todo lo que me viene a la cabeza con cada foto o mural que he visto que haces... Sería un cúmulo de onomatopeyas! Eres un ARTISTAZO, pero de verdad, me encanto todo. Qué suerte tanto talento... Flipada!! Enhorabuena!!
Publicar un comentario en la entrada