miércoles, 11 de noviembre de 2009

Noctambuleando por Rostro

Hoxe escapeime do traballo, (pintando máis palmeriñas, esta vez nun interior), para ver se había baño en Rostro. Para a miña sorpresa, había pouco mar. Non sei se vos pasa pero, dame a sensación de que canto máis surfeo, menos coñezo o mar.

Así que, collín a cámara e dispúxenme a sacarlle partido a esa gasolina queimada ata a praia.

Cando estaba chegando ó extremo do cabo onde tería unha boa visión da praia para facer unha panorámica, púxenme todo nervioso quitando cámara, obxectivo, trípode... porque por un momento a praia estaba sendo iluminada cunha luz moi alaranxada. Pero nesto, tal e como se notases unha presencia, deume o pálpito e dinme a volta. Unha raiola de luz saía do monte, e comecei a correr coma un tolo para chegar o alto do cabo e poder ver a nube de onde nacía o raio
Photobucket
Puxenme a disparar coma un tolo, con zoom, sen zoom, con pedra e sen zoom, con pedra e con zoom, con gaivota por medio... antes de que se fose o raio. Cando me da por mirar para a pantalla da cámara...."sin tarjeta cf" -AAAAHH! saíume un berrido como si me sentase nun mato de toxos. jajaja.. deume a risa, puxen rápido a tarxeta e saquei a foto que vistes. Que non ten nada, pero paréceme curiosa.

Non tiven que esperar moito para que a luz se comezase a ir permetíndome facer exposicións largas.

Baixei por unha zona pola que nunca me metera, que por certo é preciosa, e saquei esta panorámica
Photobucket
En realidade a panorámica "orixinal" segue pola esquerda ata atoparse de novo cos cantís, pero finalmente non a incluín porque non estaban ben enfocadas as pedras. Non sei como facer para enfocar ben algunhas zonas cando non hai luz suficiente nin para que o enfoco automático funcione nin para que eu poida mirar polo visor e enfocar a man. Se alguén que o sepa ten algún truco, agradeceríallo. Eu en ocasións así mandaba a alguén poñerse cunha linterna ou un mobil mesmo na zona escura para que o AF o collese, pero estando solo, e tendo as pedras entre as olas.... complicado.

Aproveitando a técnica de unir fotos, acordeime dun procesado dunha foto que fixera Dani, e púxenme a elo. Dúas tomas con exposicións distintas. Unha máis larga para a auga, e outra máis corta para as luces. Xuntámolas e non quedan nin as luces queimadas nin a auga escura. Non me gusta moito o encuadre da foto, pero chovía por momentos, facía moito vento, tiña que apretar o trípode contra o chan para que o vento non mo movese... vamos.. que non era momento para crear/buscar nada apropiado (con escusitas, que mal que mal jeje).Isto é máis ben unha proba.
Photobucket


Que teñas moi bo día!

8 comentarios:

Peter p. de Mille dijo...

Non sei como será en dixital... pero os que provimos da fotografía en película solíamos facer 3 disparos variando parámetros como distancia de enfoque, velocidade e ou diafragma (creo que se chama "bracketting).
Normalmente alomenos unha achégase ó que buscabas.

Dani dijo...

En el menus de la camara desactiva la funcion de disparar sin tarjeta CF. Te ahorrara muchos disgustos...

Un abrazo!!

Rubén Prieto dijo...

Jajajaj... é verdade dani, xa mo dixeras no seu día e non o cambiei...

Peter, o diafragma e a velocidade manéxoa igual con pouca que conmoita luz, digamos qeu o fotómetro da cámara sigue funcionando ben.. o tema é qeu non atopa un punto o suficientemente luminoso como para enfocar automaticamente.. e cando a camra non ve, eu tampouco!... pero si, a solución estará en, como ti dis, facendo varios disparos enfocando de máis cerca a mais lonxe. malo sera que algunha...
Abrazoooss!

Anónimo dijo...

as letras das fotos molan cando parecn escritas,boas fotos

Rubén Prieto dijo...

Graciñas anónimo... se o dis polas letras da cabeceira... as que parece que están escritas a man.. é porque están escritas a man :) é a miña letra jeje
Estou pensando en firmar así tamén as fotos, por norma xeral.
Saúdos!

Isabel dijo...

"Genio y figura hasta la sepultura": Ou sexa, que tes marchado surfear un día deixando o traxe no tendal,outro a táboa no xardín... e agora fas fotos sen tarxeta...Calquer día surfeas sen auga. Es o despiste con patas, meu fillo!

Juan Louro dijo...

Olvídate do AF da cámara. Enfoca en manual a distancia hiperfocal (Dado un diafragma determinado,e a distancia mais corta a que pode enfocarse un objetivo de forma que a profundidade de campo se extenda hasta o infinito. Dita profundidade exténdese desde aproximadamente a mitade da distancia hiperfocal hasta o infinito). Tes en internet cantidad de tablas xa feitas para cada diafragma e cámara específica.
Aquí,tes unha.
Seleccinas un diafragma F8,p.e,a distancia que lle coresponde da tabla,enfocas a esa distancia,daslle a velociade que pida en ese momento e¡ala! a disparar 10 fotos sin variar nada

Juan Louro dijo...

Donde puxen "Aquí" e esto:
http://www.megaupload.com/es/?d=88TH841U