Chegando á praia comecei a comprobar que as miñas sospeitas eran acertadas. Marcando windguru máis de 4 metros... era difícil que Rostro aguantase o tamaño de forma ordenada e "razonable".
(primeira panorámica, dúas tomas)
A pesar diso, aproveitando que estaba completamente só na praia e escoitando boa música, regaleime uns minutos, collín a cámara e prepareime por si viña algunha ola digna de fotografiar. E tanto que veu.
Rompeu máis de un dereitón de película, pero o precio que había que pagar para disfrutalo, parecíame demasiado. Moi caro remontar atravesando barrotes grandes, ocos, arenosos, con pouco fondo e corrientada cara o norte, cara o mar de espumóns debido á orientación oeste do mar de fondo.
Pero canto máis esperaba, e máis olas vía, máis ganas tiña de pegarme un bo baixadón. A música non facía absolutamente nada por intentar frenarme. Xa disfrutei varias veces da sensación de estar completamente só, ninguén na auga nin en terra, rodeado de olas "rompebarcos". Incha o peito, parece que os pulmóns se che duplican de tamaño. A forza e a resistencia á dor aumentan. E cando me papa unha ola (non vos riades, probádeo) penso para min que son un superhome, que non me vai a pasar nada nin de coña, e xa está.
Imaxínome dende fora, un puntiño negro nun mar branco. Imaxino a unha gacela toreando a unha manada de leonas famentas, ríndose delas. Así me sinto por momentos. Anque son consciente de que un zarpazo en mal sitio, e podes quedar ferido. Ferido entre leonas, mal sitio.
Decidín entrar. Anque fose para probar, ver os olóns de cerca, e sair. Penso que os límites de cada un deben de romperse así, pouquiño a pouco. Primeiro unha toma de contacto, despois unha especie de familiarización con sesións dese tipo, e finalmente, a disfrutar.
Tomei un par de precaucións. Antes de entrar, mandeille un sms a Deivis, bo amigo, informando de que si en un par de horas non lle facía unha perdida ó mobil, que se pasase pola praia por se acaso (pagaría por que miña nai non lese esto).
Sempre penso que na auga, ao fin e ao cabo, un sempre está solo. Se o estivese pasando mal, papando olas sin parar, e sin poder saír.. o último que querería é que alguén estivese intentando chegar á mesma situación na que estou eu. O mellor é unha chamada a salvamento marítimo e xa está. E para iso non che fai falta ninguén na auga. Precisas a alguén en terra. E si vas a estar pendiente de sair e entrar á auga cada vez qeu hai ou non hai xente en terra, é ridículo. Hai deportes e situacións nas que hai un factor risco, e punto pelota. Igualiño que coller o coche tódolos días.
Outra precaución que tomei, que nunca vira en ningún lado pero ocorréuseme e pareceume boa idea, foi usar un invento adicional. Arrinqueille o cordón a un bañador, dobleino en seis e puxen por primeira vez o meu segundo invento :)
O único que frenaba o ritmo no encerado da táboa, preparación de inventos etc, eran uns barrotes que caían de vez en cando arrasándoo todo. Houbo sifonazos que nin en pipeline :)
E sospeitaba (acertadamente) que a corriente e o vento tirarían cara esa zona.
Corrín ata a orilla e entrei á auga. Pronto comecei a atoparme espumóns que me arrincaban a táboa en cada pato. Vía o pico tan lonxe que por momento me parecía imposible atravesar a liña de barrotes que rompían con tubos nos que cabían coches e sobre pouquiño fondo.
Vin romper a uns 20 m de min uns pedazo tronchos con unha forza e uns tubos tan grandes (na metade da remontada aínda) que estiven a piques de abandonar. Pero xusto despois houbo unha pequena encalmada e remei a dolor para intentar chegar ó pico antes de que chegase a serie. Tiven que controlar o ritmo da remada porque a situación invitábate a deixarte os pulmóns, pero non era boa idea tendo en conta qeu non sabías con certeza se te ía a papar algunha ola da serie. Máis vale que te pape unha serie estando "descansado". Nadaba por un deserto de auga á espera de uns monstruos descoñecidos mentres escoitaba a banda sonora da miña respiración.
Cheguei ó pico e funme mar adentro uns 50m máis atrás para descansar e ver como funcionaban as series... pero a primeira que veu xa me sorprendeu. Comezou a romper máis atrás de onde estaba eu. Sorprendeume o tamaño, era algo novo para min. Dudei si soltar a tabla e bucear coma un cosaco, ou remar hacia a parede coma un tolo para intentar safar. Fixen un rápido procesado mental, que nin un pentium 8, e remei coma un cosaco. Pasoume o labio xusto por encima. Fixen o pato dentro do tubo. Había moitísmo espacio e moito ruído.
As seguintes non me colleron, esquivei ás leonas (non sabedes a seguridade que aporta o doble invento). Esperei un par de series, e sen darme conta, o mar xa me desplazara cara a zona de impacto. Evidentemente dinme conta cando chegou unha serie grande. Remei cara o sur para intentar safala, pero dinme de conta de que ía a pasar moi moi preto do punto perfecto para o take off, así que dinme media volta e remeina. Cando remas a ola e esta te levanta un par de metros, ou 3 sobre a zona plana da ola xa solemos pegar un pequeno "uuuhh!!" en falsete, medio gay, antes do baixada... Bueno, pois a min a partir dese punto seguiume levantando outro tanto. Ía remando pero xa a unha velocidade bastante grande, coa tabla case en vertical xa. Se intentase rajarme (que non foi o caso) penso que me tería papado a ola de igual forma por non dar frenado. Levanteime e comecei a baixar. O primeiro que se me pasou pola cabeza foi á altura dende a que me levantei. Estaba bastante alto. Desto que si saltas dende un trampolín desa altura abaixo, como coloques mal os brazos ou as pernas levas un planchazo de moito cuidao. O segundo que máis me sorprendeu foi a velocidade...
o ruído da tabla sobre a superficie....
o vento na cara...
Foi o meu momento de gloria, euforia, adrenalina, ego satisfeito, meta conseguida, concentración, diversión, sensacións puras, equilibrio, loita co mar gañada...
En situacións así parece que escolles os sentidos que queres que funcionen. Parece que para intentar non caer se apagasen as funcións corporais innecesarias para ese momento. Porque derrepente un ruído atronador comeza a sonar a pouquiños metros de min. O ruído de un tubo que crea a súa propia caixa de resonancia. O máis parecido a un trono.
Xusto despois do botom, no que case caio polos rebotes da taboa e a amplitude de xiro que acada a táboa a esas velocidades, despois de subir pola parede caín ó intentar xirar cara abaixo de novo. Eu inclineime e intentei cantear pero é como se tivese que terme inclinado menos porque a tabla non obedecía. Supoño que ou estaba moi adiantado na táboa ou que coa velocidade que levaba os radios de xiro son moito máis amplios e me inclinei máis do que a táboa podía xirar e caín.
Caín a rolos pola superficie da ola como se fose de auga sólida. Debín de dar como unhas 2 ou 3 voltas sobre min mesmo pola superficie (xa sin poder respirar) intentando sumerxirme dunha vez... ata que me papou a ola. Notei a sensación de caída libre, dentro da auga 2 veces. Foi un centrifugado forte, intenso, e bastante largo.
Cando saín a superficie xa tiña a seguinte cerca, expulsei todo o aire que tiña, deume tempo a inspirar e espirar un par de veces para osixenar un pouco o corpo, collín aire de novo e buceei, pero non me papou tanto.
En nada, xa estaba demasiado ó norte do pico, lonxe da dereita que abría. Xa toda esta semana era difícil remontar pola dereita do pico, así que, como xa "probei" a ola tanto encima como debaixo, decidín que xa estaba servido e era hora de saír.
Para chegar a terra, intentei coller algún espumón dos que me estaban caendo encima, pero era literalmente imposible. Viñan tan rápido que simplemente te engulían no lugar de empuxarte. Tiña que ser simpático visto dende fora: un tipiño remando, ven un espumón, non hai tipiño :)
A corriente seguíame levando cara o centro da praia, cara o mar de espumóns tubos e area, así que pensei que a solución sería intentar remar un deses barrotes, baixar a ola facendo un recto intentando que non me cazara o labio (caía moi lonxe da parede, mínimo uns 3m)e coa inercia seguir na espuma ata a beira.
Dito e feito, un barrote viña rompendo dende os dous lados deixando unha pedazo de rampa vertical que sería a última parte da ola en romper. Xusto aí, non sei porque, as olas collen unha forza sobrenatural pero decidín facelo porque non me quedaba outra. Dinme a volta, remei, e non me deu tempo a nada. Cando me din conta xa estaba voando incrustado no labio. Teño a foto mental de ver a caída dende a cúpula, dende a metade do labio. Collín aire e atalogo.
5 mangueiras de bombeiros na cara, no peito, as pernas que collen vida propia e fan o que queren. Golpes de auga violentos durante moito tempo, sensación de caída libre no medio puñetazos acuáticos... toquei fondo pero non me golpeei.Non sei canto estiven debaixo. Estiven bastante. Deume tempo a pensar que podería ser a última onda, pero iso non é nada grave, non te asustes mama, que tamén o penso cada vez que me subo ó coche. E aí si que o penso sempre. Posiblemente foi un dos peores centrifugados que vivín, pero curiosamente, non foi para nada a vez que o peor o pasei. Aguantei a respiración bastante ben. Outras veces, en olas moito máis pequenas cheguei a ter as típicas convulsións diafragmáticas; teño vivido momentos nos que o corpo despois de pedirme aire de tódalas formas posibles, literalmente me abreu a boca para respirar auga pero impendinllo cerrando o paso coa linga. E neste revolcón nin convulsions tiven. Igual que o centrifugado de mundaka, foi dos peores pero para nada descubrín ningún límite novo no aguante de respiración.
Cando saín á superficie, recorrera tanta distancia debaixo da onda que xa non faltaba moito para chegar á orilla. As olas xa estaban debilitadas e puiden coller un espumón para chegar a terra.
Cando volvía camiñando cara o coche... mirando o mar... sentía por un lado unha grande satisfacción por terme enfrontado así ó mar e saír airoso, sen cámaras, sen amigos, sen nada que demostrar a ninguén. Só eu e o mar. Recordando o baixadón e os momentos de "son un superhome" mentres recibía un bo centrifugado.
Pero por outro lado, coñecer o mar así, é unha dosis de humildade tan grande como a de adrenalina. O mar é forte. Baños así recórdanche que el manda e ás veces hai que baixar un pouquiño as orellas
Apertas!
17 comentarios:
Fenomenal. Consigues transmitir as sensacions perfectamente, incluso se me acelera o corazon lendo.
Jose Romero
Pero qué jamao questás, primo.
Y sí, como bien dice Jose, yo también tengo el corazón bombeando de lo lindo.
.Que fotaza la primera! que buena ola. Enhorabuena polo baño.
Eu xa fixen un par de intentos e dinme conta que esas ondas no son pra min,se ves que esta grande ou e un reefbreak moi perfecto, para un surfer da pe unha praia galega con mas de 4m de parede de frente olvidate ,e nasoquismo.un saudo
JOdeer rubix te as lucido, tu estas loco!!!!...que mal escribes.
A mi lo que mas me impresiona es lo del invento, yo me hubise puesto 10,jajja aquien se le ocurre eso??jajajja eres unico, patentalo!
Randy en encantador.
estas fatal...pero echoquehai
bo baño Rubén!!!!!!!! que mal se pasa co mar así. Recordame a unha sesión parecida, fai moitos anos, en Razo con tres portas de ola no cordobes, 50 minutos para chegar o pico, unha ola e para casa. Never more, compañeiro, never more.
unha aperta
Serás fillo de...? Se non queres que me entere para que o contas, gilipollas? Un día heiche queimar tódalas tablas, e despois, vas na da plancha!
Hola Ruben. fotos incribles e moi bo testo gustoume moito, sensacion moi ben trasmitida.....a verdade precioso.
Buscando os limites, que tera esto do surf, que tera????
jajajaja...eu alíome con Isabel. Imos ter que facer unha asociación de nais, mulleres e adxuntas victimas do surf. ;D
graciñas a todos polos comentarios!.. canta boa palabra :)
Alégrome de que puidésedes imaxinarvos un pouquiño como foi a experiencia esta lendo o texto. faime gracia o das aceleracións de pulso jeje.. a min pásame un pouquiño tamén ó recordar momentos jeje
Carlos.. jamao eu? jamao o que tira a vida no bar ou tirao no sofá :) (que non digo que non se estea de pm así eh.. pero estase mellor aínda despois dun bañiño)
Pablo, a cuestión é que poucas veces vira romper unha ola tan grande e tan boa sobre fondo de area.. bueno.. nin sobre fondo de pedra tampouco...pero.. que sabía que se podía surfear. E ademais... saber que aguantas perfectamente un revolcón de 3 portas, fai que esteas moi cómodo con olas de 2 portas... e iso non ten prezo. (bueno si.. un par de revolcóns guapos jeje)
Randy!! jajaja.. pois non sabes a seguridade que me aportaba o dos inventos tio.. solo o feito de que o tirón se exerza sobre media pantorrilla e non sobre un solo invento.. xa mola.
Damiaaann!! jajaja.. (é valenciano) viste como esa frase gallega se adapta a todas las situaciones? jejeje
marcos.. penso que o que máis e o que menos tivo a súa experiencia relixiosa jeje.. pero 3 portas... xa é outro deporte tiu. impresionan esas montañas casi tanto antes de romper coma despois. Pero eu nunca diría nunca máis eh.. gustoume a experiencia. Repitiría sin dudalo vamos (sobretodo sabendo que non pasou nada jeje)
mamaa!.. jajaa.. non te enfades ohh... pensa que podería ter sido peor.. podería terche saído un fillo drojadito.. ou... ou.. pff.. non se me ocorren moitas cousas pero bueno.. como di o valenciano...echoquehai jeje
Rodri.. estar menos limitado é un gustazo, e si o surf é un gustazo... gustazo ó cadrado
Maika! que conste que eu sempre dixen que as nais e mozas/mulleres de surfeiros merecen un monumento eh! :)
apertas!
Moi ben contado Rubén, a verdade é que lendo a túa experiencia un recorda certas situacións desagradables. Describes xenial o que se sinte con certos revolcons, o de rebotar contra a parede 'sólida' e o da caída libre e tal cual.
Aínda así permite que che diga unha cousa: Sentidiño!
Apertas
funkymonk
Amigo, has descrito a la perfección esas sensaciones que hemos vivido muchos, sobre todo los que disfrutamos del surf día a día, los que no lo flipamos y los que sí hacemos surf porque no hay nada igual, ningún otro deporte o forma de vida y pensamiento. Es más, aún siendo del sur, he vivido esas mismas sensaciones también en Nemiña. Sigue disfrutando.......
guau rubi¡¡¡¡conseguiches poñerme os pelos de punta e a pel de galiña,joer¡¡¡
ten coidadiño porfa so che pido iso e que sepas q tua nai ten moita razon.
esto so e un deporte pa pasalo ben e disfrutar de todo iso q dis ti...sensacions,adrenalina.....pero recordoche q pa pasalo ben e non pa sufrir ainda q so sea un pouquiño.
sei q ti sabes de sobra o que fas q tes moita cabeziña pero controla un pouquiño os teus impulsos e digocho por ben eh rubi.
un bikiño
unha tia do meu pai ( apedidabase Barran) foi panadeira moitos anos perto de cee penso que esa prai é de cado fun de cativo na dereita caron o mare habería unha cala protexida,com se chama apraia?? grazas
isa praia!! cando cativo pasei uns anos ca tia de meu pai panadeira da bisbarra de CEE ( apelidabase Barran) e fun a dreita a caron do mar existia unha cala protexida . Como se chama esa cala??? grazas
estou moi de acordo co que falan estes tres últimos...xD
txurrasco, a praia chámase "praia de rostro" en fisterra.
Libeeeer! gracias por preocuparte corasóN! e polo comentario! jeje mil biquiñoooooos!!...
surfeño e funky, moitas gracias por comentar! :) :) :)
apertaas a todooos!
Publicar un comentario