O piano sempre foi un dos meus instrumentos favoritos xunto coa guitarra. Levaba moito tempo querendo un pero, por unha cousa ou por outra, nunca me decidín ata que me surxiu esta oferta.
Un teclado Casio WK-110. Perfecto para ir aprendendo o básico
En moitas ocasións teño escoitado algunha canción a piano, destas que te teletransportan ó séptimo ceo, e sempre pensaba: dios... o que ten que ser poder tocar isto. Ese pensamento xa foi motivación suficiente para intentar aprender algo sobre este instrumento.
Atópome coa limitación de que non teño nin idea de música, nin de solfeo, nin de nada.
O único que podo ir facendo por agora é aprender algunha canción a oído e/ou mirando videos de xente tocando. Algún día terei que poñerme a estudiar en serio para poder, nun lonxano futuro, chegar a leer unha partitura e estar xa escoitando a canción mentalmente. Eso ten que ser unha pasada.
Polo de pronto, metéuseme entre cella e cella aprenderme unha das cancións que máis me gustaban; unha canción que forma parte da banda sonora de Amelie: "Comptine d'un autre ete" de Yann Tiersen
O final ten coña...non sei si foi provocado pola desastrosa interpretación da canción, ou pola tendencia suicida de cada un :)
Unha aperta!
10 comentarios:
piano ????ese organillo es el que lleva el gitano de la cara a mi barrio jajaaja no sabes como toca las de camela el solito jejejejeje
gitano de la cabra
xa estaba eu pensando.. a que se referirá con gitano de la "cara"? jeje.
Pois si jose, non sabes o contento que estou co organillo este :) Non é un piano, pero en realidade faime máis función. Que cando aprendo as cancións soe ser denoite e non molesto a ninguén se me poño os cascos...
Un forte abrazo! ;)
Está genial Rubén!
Besos geniecillo.
vai o carallo, canto tempo levas tocando o aparello este? porque o tema está moi ben interpretado, eso si, o mellor o final jajaja.
sau2
Graciñas Patri! :)
Sr werty, pois debo levar co aparello este un mes e medio dous.. por aí. A canción aprendinma antes do que me imaxinaba...máis que nada porque pensei que me levaría anos... pero bueno, fáltame poder pestañear mentras toco e esas cousas jajaja.
O que eu dicía, un home do renacimento...
Ainda que tocar, tocar... eu caseque preferiría tocar ,poñamos por caso, a Sara Carbonero...
Por certo, o final da tua execución é a mellor parte de todas.
Deus, que silencio máis agradabel.
jajajajajj que capullo jejejej
déixate vir.. que se na próxima regata unha escota de spi se queda enredada na túa perna sin pasarse polas poleas e despois disparo a cargadera... eu non tiven nada que ver ehh jejejej quen te vería voando a 30 metros de altura colgado por unha pata jejejeje
Aí si que ías a renacer ti jeje
un abrasoo.. sabes que te lo digo con amorrr
Aquí queda que nin dios o chiste de cando a nai lle pregunta ó ministro "?que le parece la ejecución de mi hijo?" e dille el: mujer... ejecutarlo no, pero un buen par de hostiassssssss
Moi ben neniño moi ben... a Pedro, nin caso, que o que ten é que o come a envexa....¡chincha rabincha!
TE-MA-ZO
e temazos casi todos os da banda sonora, unha das miñas preferidas.
Publicar un comentario