...a que vimos media Galicia este luns 12 de Outubro. Un ceo especial que presaxiaba o mellor dos espectáculos xa dende a tarde. Eu tiven a sorte de vela dende Mar de Fóra. Un marco incomparable.
Coa compañía da miña Rula, mentres observaba atontado a intensidade das cores, volvíame tolo disparando sen parar.
Foi un momento tan bonito que ata non me enfadei conmigo mesmo por olvidarme do trípode (só levaba un de 15 cm que levo sempre na funda da cámara, menos mal)
Fixen tantas fotos e cóstame tanto decidirme por algunha delas, que editei un video onde as metín todas, sen procesado de ningún tipo (a estas que colguei non lles fixen nada, bueno, nivelei o horizonte), e a ritmo dunha cancionaza de Ludovico Einaudi. Espero que vos guste
E se vos aburrides, decídeme cal é a foto que máis vos gusta indicando o minuto e segundo no que aparece.
Unha aperta das fortes!
3 comentarios:
Precioso ceo!!
Saludos dende o Nordés
Hai que darlle as gracias á nai natureza! :) vaia espectáculo de cores que nos regalou.
Saúdos
Aaaaaiii!!! Tempos aqueles cando un rollo de diapositivas costaba mil e pico pelas, revelado aparte, e moderaba o uso compulsivo do dedo e facía que foses moi coidadoso na elección do encadre,saturación cromática, etc...
Os fotójrafos de agora son:
Fulano Fotoxó Prieto
Publicar un comentario