martes, 13 de octubre de 2009

Fotos do San Froilán 09

Como che viña contando...
O Sábado fun de Sanxenxo directo para Lugo.
Cando cheguei, esperaba encontrarme moita xente, como de costume, pero unha vez máis sorprendeume o tráfico que había. Para que vos fagades unha idea, nos atascos que había ó entrar deume tempo a ir ó maletero, coller a bolsa coa comida, abrirme unha barra de pan, facerme un bo bocata de pavo, comelo, e xusto cando o acabei (a sorte coma sempre acompañándome) estaba pasando pola estrada que está máis preto da festa, e xusto pon o intermitente para saír un coche que estaba ó meu lado. Miro para arriba e sorríolle a quen me estea regalando estes detalliños cada dous por tres :) e aparco.

Saquei de trípode e fixen unha foto un pouco sosa.. pero que lle queres, quería quitarme a espiña da típica foto de tráfico coas liñas das luces converxendo
Photobucket

Como aínda non quedara cos amigos, tirei para a festa cargado coa cámara, obxectivos e trípode a ver se saía algunha foto.
Recién ceado, aforreime as tentacións, as colas e os cartos. Pero ter tiña unha pinta... mmmm
Photobucket
(quen dixo que o pulpo era a comida típica do San froilan?)

Fun directo para a zona das atraccións, que era á que máis ganas lle tiña para "afotar".
Pareime no saltamontes
Photobucket
Photobucket

A noria parecía antiga, e para meu disfrute, estaba instalada xusto ó lado de un edificio bastante vello
Photobucket
Aínda que non din sacado a foto que tiña en mente. Faríame falta un gran angular, pero bueno, das que fixen esta é unha das que máis me gusta.

Nesta festa, a parte baixa do parque de Rosalía, vólvese un miniparque de atraccións. Ata montan unha especie de atraccións de auga, con rápidos e balsas circulares que van baixando polos tobogáns. Pero a que máis me gusta é a Booster.
É como un muíño eólico pero con dúas aspas, e nos extremos das mesmas ten unha cabiniña basculante con dous asentos por cada lado. Cando vai a toda velocidade a forza centrífuga fai que a cabina non se mova practicamente e da a volta completa xunto coa aspa.
As fotos, feitas cunha exposición lenta quedaron moi curiosas, porque os brazos iluminábanse de mil maneiras, e os resultados non pararon de sorprenderme.
Photobucket
O que máis me gustou, este rosetón.
Photobucket
Eu non pasaba nada desapercibido co camarón e co trípode no medio da multitude. Ademais, para estas últimas fotos, estaba no medio de todo dios, e co trípode levantado ata 1.90 ou así. Escoitei algún comentario en plan:"que putada trabajar en fiestas" jeje
E fíxome gracia un rapaz dunha atracción que se me acercou a preguntarme:
-Para quien son? (suponse que as fotos)
-Para min...(silencio)
-Para ti?(silencio)
-Para min...(silencio grande)
O rapaz sorríu e foise alonxando coa cara de (este está tolo) jajaj.. pena que non lla fotografiase.

Despois chegou o momento de ir gardalo equipo, quedar cos antigos compañeiros de piso, da facultade, e pasar unha noite de risas e charlas como poucas hai no ano... e festa rachada.

PD.Non saber onde ía a durmir esa mesma noite dáballe un punto de emoción á situación. Aínda que xa me estou acostumando demasiado a esa sensación jeje.

Bo día!

4 comentarios:

Fran dijo...

Hola Ruben, gustanme moito estas fotos nocturnas, especialmente a do saltamontes, recordame a esas peonzas de colores. Unha aperta

Rubén Prieto dijo...

Graciñas Fran! :)
Outra patí

Unknown dijo...

E certo Ruben; xa tiña mirado as tuas fotos e a verdade que este post en concreto reflexa que tes boa maña para o das fotos, e refirome a todo,tecnica, ollo fotografico e posterior procesado no pc. ¿Levas pouco tempo coa Canon? Pois iso que congratulations polas fotos; e xa vera lo cambio cando teñas na cam un L!!! Xa falaremos de fotos que eu tamen son un perdido. Reapunto Surf na costa da morte en Nordeslizamento.
Pronto mais mm jejej

Rubén Prieto dijo...

Moitas gracias Pabolinho.
Pois levo coa cámara dende mediados de septembro creo. Pero xa estivera uns 3 meses cunha cámara igual antes do verán.
Agradezo astúas palabras. A min tamén me gustan os teus traballos... por eso as recibo con especial cariño.

Unha aperta!