domingo, 11 de octubre de 2009

De camiño ó San Froilán...

Onte despois de "acabar" un dos últimos debuxos que me quedan por facer no muro da piscina, tirei para Lugo coa intención de xuntarme cos antigos compañeiros de piso e facultade. E, de paso, pegarlle un vistazo á festaza do San Froilán ;)

Resulta que cando ía de camiño, despois de Arzúa creo que foi, vin un ceo cunhas nubes potentísimas e uns prados que se iluminaban por momentos e zonas.
Photobucket
(o meu tempiño me levou esperar a que o raio de luz pasase por esa árbore solitaria)
Pois ben, resúltame imposible pasar por un sitio que teña posibilidades e non parar. Así que, como de costume, aparquei e púxenme a disparar.
Photobucket

E sempre que me paro na estrada, intento practicar algún barrido. Xa que é unha técnica que cada vez me gusta máis.
Photobucket
Nesta foto non fixen unha cousa da que me din conta esa mesma noite. Ademais de intentar acompañar o coche, tiña que ter aberto o zoom. Cando algo se acerca, ademais de acercarse, tamén se está agrandando, e hai que acompañar esa "agrandación" cun movemento cordinado de cámara e de obxectivo (supoño).

Para variar caio co sono (en realidade non durmín gran cousa) e se sigo escribindo, mañá terei que levantarme cedo e mirar o blog medio acojonado por se puxen algunha cousa sen sentido, así que.. ata aquí chego.

Mañá máis fotos!
Apertas!!

1 comentario:

peter p. de mille dijo...

Aaaahhh!! canto ben pola fotografía de autor está traendo a tecnoloxía dixital co abaratemento enorme dos custos...
E cos cartiños que me teño deixado en película...!!