Hoxe, o meu amigo david adiantóuseme 5 minutos ó despertador, e chamoume para avisarme de que estaba funcionando a miña ola favorita: "está mellor que o outro día!" Con amigos así da gusto despertarse.
Almorcei e arranquei para alí. Como era de esperar, estaba só. Unha, por ser luns pola mañá, e outra por ser esa ola, que non coñece moita xente (por ahora).
as series tardaban, pero unha de cada 4 rompía dende moooooi lonxe. Rompían con un tamañiño respetable, e por momentos os tubos afogaban a súa rabia cun bo sifonazo
Como era a vez que mellor vin romper esa ola, non iba a quedarme en terra por estar so. Puxen o traxe (que ahora que me acordo estaba mollado, coa emocion nin conta me din), dosis de parafina no pincho recien reparado, e comecei a atravesar un monte de toxos, silvas, árbores queimadas... Unha vez rematada a sesión de senderismo agrestre con traxe e escarpíns, comeza a escalada libre sen arnés pero con tabla. Chego a áuga e póñome a remar.
Despois tocoume pegarme unha remada de uns 600 m, (polo menos foi co pelo seco), pero sorprendeume que a ola rompese uns 70 metros máis atrás do que cría que podía chegar a romper. Rompía tan lonxe que o que normalmente era unha dereita eterna, tamén sacaba unha esquerda bastante larga, pero que a remontada non me facía moita gracia.
Despois de gozar dun olón de aproximadamente case 3 portas, 6 metros reais, 3 metros vascos, 1 metro hawaiano, medio metro canario (en fin...) collín unha ola de uns 500m de recorrido (medido co google earth).
Dende alí atrás so collín unha máis. As series grandes tardaban moito e a marea estaba aniquilando a ola lentamente, así que funme á metade do recorrido a pasar o resto do baño. Cada vez, máis cerca das pedras.
Normalmente, cando me atopo nunha situación complicada (dudar de si facer un take off tardío ou difícil, ou algunha maniobra) uso un chip que me instalei no meu minicerebro que me di: "en caso de duda... faino". Por culpa dese condenado chip, pégome moitíisimas leches na auga, como se non bastaran as caídas provocadas pola falta de nivel... Bueno, pois ese "chip" apágoo cando estou só na auga.
Por iso, decidín saír da auga antes de estar cansado, por se me pasaba algo.
Comecei a remar para saír, e cando estaba chegando ás pedras, chegoume unha ola que pensei que sería surfeable.

Intentei pillala. Remeina, e cando estaba arriba e vin o tubarro que se iba a formar, o paredón vertical que se levantou, e o cerca que estaban as pedras... rajeime e tireime da táboa. A táboa seguiu baixando a ola mentres eu me quedaba atrás. A ola enguliu a táboa, comezou a tirar a tirar a tirar ata que me rompeu o invento.
A táboa estampouse contra as pedras e eu empecei a nadar cara fora. Cando cheguei a estar nun sitio seguro, quedeime flotando un bo anaco esperando a que o vento me sacase a táboa do pico, pero nada... cando viña a serie volvía contra as pedras. Como as series tardaban bastante, dudei si nadar ata a táboa para collela e marchar pitando antes de qeu me viñera a seguinte serie, pero era demasiado arriscado.
Imaxineime a miña nai flotando alí ó meu lado e dándome collejas: "¡estás tolo! vas a arriscalo pelexo por unha táboa?? se fai falta cómproche unha joder!, pasa pacasa cagando mistos!"
Fíxenlle caso ó meu mamisferio cerebral e nadei contra o vento e corriente ata chegar a terra. Cando me dispuña a escalar e atravesalo monte de toxos e silvas para chegar ó coche, saltoume a bombilla e quedeime parado uns segundos (para pensar teño que parar de camiñar, que as neuronas non dan para máis). Decidín intentar recuperar a táboa por outro lado. Fun polas pedras, escalando ata chegar ás pedras onde cría que tiña que estar a táboa. Bingo, recupereina dende unha pedra e para casa.
A táboa... destrozada
Base da quilla levantada
Cu destrozado (non se aprecia ben)
Punta flexada

e máis rascazos e golpes ó longo da táboa, por arriba e por abaixo.
Invento: 20 euros
arreglos: 70 euros (calculo)
sáleme a uns 16 euros a ola surfeada
¿Volvería a facer o que fixen sabendo as consecuencias? si :)
Esto do surf é indescriptible
Saúdos e coidadiño co temporal, que ahora está no mar
boas ondas... sede felices :)