6:00 am Almorzo
Sona o despertador do mobil. A pouca luz branca que desprende o aparato é suficiente para iluminar parte da habitación, na que o único que rompía a oscuridade absoluta eran 3 ringleiras de furadiños da persiana que permitían que se colaran unhas raias de luz laranxa das farolas.
A medida que Dani e eu nos desperezamos (cada un na súa cama) váisenos dibuxando un sorriso na cara pensando no día que nos espera.
6:30 am
Almorzamos Javi, Danix e eu uns ovos fritos e unhas salchichas (sempre pensei que nunca me entraría un almorzo así, e menos a esas horas... pero non vexas o ben que me sentou!) Había que cargar o corpo de enerxía!
7:00 am
Xa chegamos ó aparcamento do Chino antonio (o centro comercial chino máis grande que vin). Alí facíamos tempo mentres non chegaba Jaime, Jesus, santi e javi, escoitando heredeiros da crus, cantando e bailando a versión que fan de Camilo Sexto (siempre me traiciona la razón y me domiiiina el corazoooóoon...). En canto chegaron, cargamos todo o material na furgo de Jaime, cargámonos nos mesmos tamén, e tiramos os 8 para leita. Juntos pero no revueltos.
9:30 am
Chegada a leita co correpondente flipe pola cantidade de neve
10:00 am
Empezaron a aparecer rampas nos bordes das pistas (pero que xogetona é a estación máis barata de españa)
Eu
Dani
Alex. A pena é que os mellores saltos, saen cando non hai unha cámara diante. A que sí Alex? jeje
Danix
Eu. Unhas veces sae o que queres facer...
Pero a maior parte das veces, os saltos acababan coma este. Cuada do quince
Jaime, o conductor da furgo, atopou no foro de leita esta foto, na que alguén dende un telesilla nos sacou unha foto cando estábamos ó lado dunha rampa sacando fotos
Nunha das baixadas que fixemos Alex e eu buscando sitios novos, atopamos esta ola de neve, e aproveitamos para facer un pouco o tonto e sacar un par de fotos "na boca do tubo"
O video que colgo a continuación, non se corresponde con este día, senon coa escapada anterior, na que non houbo tanto sol, pero si mellor calidade de neve (puro polvo)
É unha pena que a maior parte dos videos que teño dos saltos da última escapada fosen sacados co mobil e o "muvimeiker" non mos acepta... tereinos que subir un a un ó youtube e sen editar.. pero dame un montón de pereza..
É todo polo de agora. Se consigo editar un video coas grabacións feitas co mobil colgareino nunha nova entrada. E a non ser que volva a haber un día moi moi apropiado para ir á neve (temporada baixa, paquetón recien caído, e pronóstico de día soleado) supoño que ata o 1 de Marzo non volverei á neve. Tal día, estaremos marchando en avión para Formigal jiji.. que ganiñasss.
É a viaxe que se corresponde coa de Andorra do ano pasado, organizada polo concello de Teixeiro, con avión, hotel, forfait e comida pagados durante unha semana polo módico precio de 270 € para os empadronados nese concello. (a que dan ganas de empadronarse alí apropósito?jeje, un servidor xa o fixo jaja xD )
Un abrazo a todos, a pasalo pipa nas festas e mellor aínda nos días de "non festa"
3 comentarios:
hola rubén me acabo de echar unas risas con el video, pues suena mi canción favorita de tu blog la de semente, y cada vez que le daba al play me iba a lo de la musica a pararlo pensando que era lo de arriba hasta que me di cuenta que era el video que la tenia puesta jajaja. que loca ando
P.D: saúdos dsd fuerteventura. FELIZ AÑO A TODOS un abrazo y que empiecen el año con buen pie.alis
jajaja sabía que a alguén lle íba a pasar jejeje. Parei a música ata que quite algunha canción que se "acortou" e renove algo a lista
Feliz ano para ti tamén aliss! :)
Hey, o centro comercial Chino Antonio de Lugo ou? É que é o único que coñezo, e chamoume a atención velo por aquí... se é este xD
Por certo, os Heredeiros son a hostia, e camilo insexto tamén xD
E nada máis, cheuguei ao teu blog por moita casualidade e pasei un cacho moi entretido lendo entradas. É moi bo!
Saudos e sorte!
Publicar un comentario