sábado, 6 de diciembre de 2008

Escapada a leitariegos

Martes 2 de Decembro

5:40 am
Sona o despertador cunha canción de Bret Denen que comeza cun guitarreo moi suave.
Os ollos ábrense como platos (a pesar de telos cerrado 4 horas antes) e un sorriso plántase na cara antes de escoitar o segundo acorde da canción. A ilusión do neno que vai de excursión da un paseo polas entrañas. Acércase o momento de estrenala temporada de neve...
Unha ducha, vístome, poño un par de calcetíns, as botas, e baixo á rúa. O material xa o teño no coche.

6:00 am
Aparecen Jaime e Tere. Colocamos no seu coche a miña táboa de snow, botas, casco, guantes, roupa e arrancamos dirección "estación de esquí de Leitariegos".

7:10 am
Xa dende antes de chegar a lugo atopamos neve por todas partes, cunetas, prados...
Hai que repostar gasoe, saímos da autopista por un cartel que nos di que hai unha estación de servicio na saída "baralla-sobrado".... en fin... "sobrada" a de kilómetros que hai que facer ata atopar a dichosa gasolinera. Nunca saiades na saída "baralla sobrado"!

7:40 am
Parada na estación de servicio "Vega de Valcarce". Sempre ten un montón de xente, sexa a hora que sexa. (Xusto enfrente ten un puticlub estratéxicamente colocado, pero con esto non quero dicir nada ehhhh! jeje)
Aquí almorzamos un bo colacao quentiño (para contrarrestar os 0 cº que había fora) cunha boa napolitana e un croissant. Esperamos por Dani, Alex, Keko e Javi, (amigos da vida universitaria en Lugo) intercambiamos uns walkis para charlar polo camiño e continuamos a viaxe descojonándonos coas mensaxes destes tolos.

8:40 am
Empezan os problemas na carretera. Cando empezamos a subida ó porto, vimos que a carretera non estaba arreglada polo quitaneves. Había unha capiña de neve que facía que o supercoche de Jaime con ESP ABS SPA JHY PSY e JODT e unhas rodazas anchotas...patinaba moitísimo. E dani, detrás co seu super renault 19 coméndonos o cu e berrando polo walkie: "vennga!! darle caña!! vamos que hay nieve polvooO!". Tivemos que poñer as cadenas e chegamos arriba. Ó ser temporada baixa, forfait 9 euros (a máis barata de españa), e para o telesilla.

(perdonade a calidade das fotos, que están feitas co móbil)
leitariegos
calidade da neve impresionante. Tanto en pistas como en fora pistas (polvo con bo espesor)

Ó medio día saíu o sol e disfrutamos de neve polvo con visibilidade perfecta e temperatura soportable...impresionante
Photobucket

Fumos a probar estas dúas novas pistas vermellas que nunca baixara porque as veces que fora a leitariegos o ano pasado non as abriran
Photobucket

Pero o teleski parouse cando estaba chegando arriba, e mentras esperaba saquei estas fotos. (mentres o teleski me tocaba os webos literalmente)
Photobucket





-forfait: 9 €
-gasoe (entre varios): 10€
-almorzo, comida, colacaos: 10 €

Pasar un día cos amigos na neve en polvo con bo tempo... non ten precio
para todo lo demás, master card

8 comentarios:

Jaime dijo...

Si señor, un gran día. Haber si paso máis videos e fotos para colgalos. Un saudo

Rubén Prieto dijo...

claro.. mándame algún video ou foto que o colgo :)
A ver se temos sorte e volvemos a pillar un día como este nesta temporada...
Un abraso

Anónimo dijo...

Que envidia y bien que lo pasais por ahí, para que vean que galicia no solo es frio y lluvia..... aqui en fuerteventura de nieve nada, como mucho tirarnos como albóndigas por las dunas de arena(eso si preciosas!!) o jartarte a hacer cualquier deporte cuyo factor principal para practicarlo sea el viento cuando no hay olas.

Rubfre dijo...

Vaya suerte!! con lo que habéis pagado de forfait+gasolina+colacao yo no pago ni la mitad del forfait, vamos como que vale 40 eurazos!!

Rubén Prieto dijo...

Joba rubre! pero donde cobran tanto polo forfait?? En leitariegos subiron de precio, que antes valía 8,5 €. O record de viaxe á neve máis barata (un día ida e volta) foi un día que gastei 13 euros contados. Indo dende lugo. Compartindo coche con xente do foro de leitariegos que non coñecía e acabaron sendo bos amigos, e levando a comida de casa.

Anónimo! non me das pena ningunha ehh.. que anque non teñades neve tedes unhas condicións para os deportes de deslizamento tremendas. si non hai olas, nunca faltará vento para facer kite ou wind. A ver cando me paso por esas terras que nunca as pisei :)
un abrazoo!!

Anónimo dijo...

Rubén soy Alis el anónimo... no has venido por aqui todavía a partirte la cabeza aún?? jajaj (es broma). Serás bien recibido tu y quien se apunte aqui estais invitad@s.
En enero me voy a vivir al norte de la isla, "al paraiso de las cometas del surf" como le llamo yo, ¿haber que tal? ya te contaré.

P.D: saúdoss

Rubén Prieto dijo...

Alis! pos nop, aínda non fun por esas terras :) pero non é por falta de ganas eh! en canto me atope un billetiño barateiro (ultrabarato) tiro para aí :)
Graciñas pola invitación!
cando vaia avisareite, e o mismo che digo eh.. cando te veñas á costa da morte xa sabes. Email ó canto

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,