Hoxe, antonte, e algún que outro día deste mes, fun a surfear aproveitando estas nordestadas que tan ben lle pegan a algunhas das nosas queridas praias.
Houbo días regulares, bos, e bastante bos... pero se algo tiveron en común estes baños foi o FRÍO.
Quitando que estamos no mes de decembro, cando o vento sopla do norte, sempre veu máis frío. De toda a vida. De feito son estas nordestadas continuas as que nos estan traendo as temperaturas adecuadas para que haxa neve nas estacións de esquí. Pero estas temperaturas que nos dan tantas alegrías na montaña, restan motivación á hora de entrar á auga a surfear, sobretodo se chove ou graniza. O corpo perde efectividade
ante tales temperaturas.
Pero algo positivo do frío é que moito surfista prefire quedar en casiña, polo que quedan máis olas para os masocas que toleamos por seguir en acción.
SENSACIÓNS DO FRÍO:
- Cando fago os patos, é na terceira ola cando casi non soporto a dor de cabeza que me provocan as corrientes de auga conxelada. É como se cunha prensa, ou un sargento, me apretasen a cabeza polos ósos temporais.
- Os que teñen un furadiño na entreperna do traxe (non é meu caso) notan como as súas partes tenden a desaparecer escapando do frío hacia o ombligo :)
- Os dedos dos pes parece que os levas colgando. Sóese dicir que non os sintes, pero en realidade é que doen tanto por culpa do frío que calquer sensación ó tacto é insignificante.
- Cando saio da auga e vou cara o coche correndo para entrar en calor, noto como se pisase cristais en vez de area
CONSECUENCIAS:
- Según o meu amigo/kiter/patrón/farmacéutico jose (non fagas máis cousas que despois vou a pasar de citarte! jaja), díxome que estiven cerca de ter unha parálise facial polas sensacións que lle dixen que tiven na cara durante unha semana
- O frío provoca nos músculos unha perda de elasticidade (máis posibilidade de rotura de miofibrillas)
- É necesario un maior gasto enerxético para contraelos músculos, polo que tamén é máis probable que se dean contraturas.
- Pero o que non comprendo, é como se poden atrofialos músculos de tal maneira, que non sexamos capaces de facer a forma de "pala" coa man ó remar (xuntar os dedos). Primeiro empeza a separarse do gupo, o dedo meñique. Despois o anular tamén parece non querer xuntarse co corazón... ata que acabamos remando coas palmas.
Hoxe, despois dun baño con Jaime, Jorge e Felipe, e despois de cambiarnos, aínda nos botamos unhas risas vendo como non recuperáramos a movilidade das mans (eu sobretodo). Era incapaz de xuntar os dedos. Algún experto sabe a que se debe esto?? Jorge tampouco podía xuntar o dedo meñique cos outros
14 comentarios:
Hola Rubén! soy Alis, en el texto preguntas ¿que como se pueden agarrotar tanto las manos? todos sabemos que el origen es el frio sin duda.. Pero yo como quiromasajista os diria que es porque estais locos de atar jajaj, me explico: los músculos con el frio tienden a apretarse y agarrotarse cuanto más frio hay lo cual conlleva a cortar el riego sanguineo porque los vasos capilares se cierran y congelan y por lo que yo se las extremidades son las primeras en kedarse kao.
En resumen,! normal que no pudieseis mover ni un dedo!, yo os aconsejaria que si no estais dispuestos a estar poco tiempo en el agua cuando salgais de ella os froteis bien las manos y hacer rotaciones para activar la circulación.
P.D: y despues dicen que el frio es bueno para la circulación jajaja
Ruben al final cumplistes y actualizastes eh jaja
dios no eres el único que le pasa eso de los dedos... yo no soy capaz de remar y apenas me muevo jaja y me paso la mitad del baño frotando las manos... lo peor es cuando salgo del agua y los pies me duelen muchisimo al andar (y eso que llevo escarpines) y por encima no soy capaz de quitarme ni los escarpines ni el traje....en fin que es una putada...
salutes
jajajaja, Alis, dis que estamos locos de atar? claro, como aí entrades en bañador todo o ano... pero aquí si queremos surfear non nos queda máis remedio que pasar frío! :)
graciñas pola explicación. Eu penso que o frío é bo para a circulación cando te estás duchando en auga quente e pegas un zorregazo de auga fría, polo contraste... pero ten lóxica o que dis, o corpo, por un itnento de manter a temperatura corporal cerrará o "grifo" dos capilares para que o sangue non se acerque ó exterior e se enfríe, non?
se hai alguén que controle que explique, que é interesante o tema jejeje
aaiii diossss!! martín!... xa mo fas a propósito non? jaja digo polo de "cumplisteS y actualizasteS" jaja...
(e que sempre llo digo cando chateamos) tiven que cerralos ollos e apartar a mirada do ordenador. (Con esto non digo que eu non teño faltas eh, pero hai algunhas ás que lle teño especial manía)
Estou dacordo co que dis meu.
abrazosss
O que é un punto é bater nunha superficie dura (a táboa vale ben) cando os tes así...Notas como formiguea todo...O dia menos pensado quedamos lisiados en plan croisant!
Moi guay o post!
Por certo...que tal o de usar guantes? Eu non os levo e non sei que tal serán, pero alomenos algo fará...Para a cabeza xa atopei algo bastante mellor que o gorro! Deixei barba! Parece que non, pero vaime moito mellor a verdade...
Veña, un saúdo, toliiiños!
Si señor, que mitico lo de con tanto frio no poder ni quitar el traje y mucho menos abrochar los botobes de los pantalones...eso ya era una odisea, jejeje.
Asi que estos dias bien por ahi, no???
Por aqui tal cual, a ver si este finde pillamos otra vez algo decente, pero no se porque me da que el viento lo va estropear todo otra vez.
Venga Ruben, un saludooo
Moitas gracias gerry! o do golpe pasoume ó remar unha ola e darlle ós pes sin querer, batindo co dedo gordo contra a cola da táboa...sshhh (condenados movementos residuais herdados do body)
Pois jose, si se estropea co vento por ahí, e non tedes nada que facer, a ver si me vides a facer unha visita logo!! que ma debedes eh, que eu xa fun moitas aí :)jeje
un abrazooo
hola a todos. desde que me compre mi gorro de neopreno alder con forro termico ha cambiado mi vida ...el 40 por ciento del calor corporalse va por la cabeza...o eso dicen...desde luego yo me lo creo...jejej
un saludo a todos
tes razón ...Perry? o do gorro é o "complemento" que me queda por probar. o que me tirou para atrás foi a idea de ter os oídos tapados... pero vou ter que mercar un polo meu ben. Saúdos!
Xa viches cómo saía eu da auga non?
Pois cargadiño de goma é como hai que afronta-lo inverno, que o peor non é a auga, é o vento que racha o cutis!!!
Un saúdo
Non confudas Gerry con Perry, que o compañeiro é da zona de Ferrolterra, e "para hacer bien el amor hay que venir al Sur!"
Jejejeje
los gorros alder vienen con unos pequeños orificios para que no sea tan molesta el agua y no se te quede encharcada en el oido , ademas te protege del viento que es lo que perfora el timpano.
saludos a todos y a cuidarse.
a otros niveles por canarias también tenemos mucho frío...
un saludo...
Buf es q estos dias mucho frio hizo, yo ayer con escarpines y con guantes (eso q no me gusta nada ir con guantes)Pero el dolor de cabeza al hacer los patos, buff, es mucho jajaja, a mi se me congelan las ideas.
Igual me compro un gorito de esosde neopreno, q ya he visto a gente con el puesto; el q se quiera reir de mi, q se ria.
Ande yo caliente riase la gente.
Un Saludo e Boas Ondas.
ALX, a otros niveles??? si en tus fotos vi a un tio en bañador! si haces eso aquí acabas como leonardo dicaprio en titanic... pal fondo en 15 minutos jeje
Begoña, eu tamén me acabarei comprando o gorriño me parece a min... Porque aguantaría o frío, pero o que no naguanto é a impotencia de non poder remar as olas xk os dedos non se me cerran para remar. Tamen estou pensando si unir os dedos con cinta islante para que non se me separen, ou comprar uns guantes con membranas entre os dedos para remar igual anque se me separen. :)
abrasooss
Publicar un comentario