Onte acerqueime ata a praia para ver o que se cocía por alí, e xusto ó baixar do coche vin un dereitón moi bonito e abrindo perfecto. Avisei a David "deivis", que en dous minutos se plantou na praia e fumos para a auga.
Na auga habería 8 persoas, case todos amigos da zona.
As olas tiñan un tamaño moi bonito e nalgunha que outra sección enroscaba o suficiente como para escupir pequenos sifóns.
Non é o caso das olas nas que me cazou a nai de Brais coa súa videocámara. Pero non estaban nada mal...firmaba ahora mismo por ter olas así tódolos días! Polo menos podería practicar un pouco máis a miúdo, que boa falta me fai!
(acórdate de parala música do blog)
E esta outra, máis cortiña.
Agradécese moito ter algunha gravación surfeando, porque te das conta de mil fallos, posturas incorrectas, o que se podería ter feito e non se fixo, e sobretodo, é unha boa forma para automedicarse cunha boa dosis de realidade. Daste conta de que non se corresponde totalmente o que pensas que foi co que realmente foi. Eu penso que é efecto da adrenalina e endorfinas que deben de correr polo corpo a caudales, fan que transformes algo a realidade, como si fósemos todos drogados na ola jeje.
Sei que igual é tontería poñer música en videos tan cortos, pero foi a modo de experimento, xa que youtube dábame a opción de cambiar o sonido do video por un tema musical unha vez subido o video. É unha ferramenta útil.
E HOXE....
Cheguei a praia e estaba alí Andrés na súa furgo (edition hanover). Máis tarde chegou Dani e estivemos un par de horas charlando, sacando fotos, ríndonos por tonterías, tocando a guitarra, xogando ó national geographic analizando as formigas e súa organización...e mirando as olas ata que decidimos botarnos.
o baño foi, para min, moi bo.
Estaba máis pequeno que onte, pero máis ordenado, máis glassy, máis sol, auga máis verde cristalina, boísima, e na auga....un solitario señor guiri moi amable. Non hai fotos das olas, pero das que atopei por internet, a que máis se me pareceu foi esta.
(sin o surfista claro)
(a foto saqueina do flickr, da galería de dave hunt)
Eu creo que se houbese alguén na orilla durante todo o baño, na mellor sección dalgunha das mellores olas, igual sacaba unha foto parecida a esta.
Entramos á auga Dani, Andrés e eu. As olas saían como churros, casi todas dereitas.
Pillamos olas ata cansarnos, ata chegar o punto no que nos "regalábamos" as olas. En plan: - veñaa, esta para ti, dalle!
- no, dale tú, va buena!
- Bueno... gracias! jeje
a pesar de ter sobre 2 m reais, tiñan bastante forza, e sobretodo nalgunha sección en concreto na que ahuecaba ("ahuecar" en galego?). De feito, varias veces intentei meterme no tubiño...maiormente acababa caendo espatarrao, ou tragando o labio enteiro... Pero bueno, non me queixo, que conseguin saír en dúas ocasións. Xa me quedou un sorriso tatuado na cara para o resto da semana. Alguén que controle seguramente sairía da ola medio enfadao por ir coa mala postura que fun ou por non facelo máis profundo, ou non ter frenado máis, pero eu, para o que sei, e para as poucas veces que vin o que vin, quedei contento a jodelo jeje
Nos dous tiven que facer volver un pouco hacia a espuma, frenar un pouco coa táboa e outro pouco coa man pola parede...e tapadiña.
Nun deses tubos, o arco que fixo o labio ó rodearme foi bastante amplio. Tamén dicir que so foi unha fracción de segundo o tempo que estiven dentro, e tampouco foi profundo; Mais que nada foi unha tapadiña porque vin o labio caer polo meu lado esquerdo, pero debía de estar entrando en contacto coa auga á altura da metade da táboa. Pero o labio pasou o suficientemente lonxe de min como para que nin me caera unha gota de auga. Ademáis o sol tíñao casi alineado coa parede, e o reflexo do sol subía pola parede e fixo que o labio estivese tragando toda a luz, acadando un brillo casi lastimoso pero ó mesmo tempo celestial :) Quen fora poeta ou pintor para "imprimir" a foto mental que teño grabada no cerebro.
Dani tamén pillou moitas e moi boas olas. E o condenado de Andrés colleu para saír unha das mellores do baño. Eso é triunfar jeje
Ó saír, ás 4:30 ou así, fun a por unha empanada e comina con eles dous na praia. Semguimos charlando de mil cousas ata que se nos escapou o día e houbo que marchar
Sen dúbida ningunha, foi un dos 5 mellores baños que me din nesta praia.
Agora xa toca ir para cama que estou cansadiño
VENDO CORPO POR NON TER ANSIA PARA MOVELO!
5 comentarios:
Hola Ruben:
Tes moita imaginacion e iso e bo disfrutase moito mais na auga
cando pillas unha ola e pensas o ben que o acabas de facer e as caras que lle quedaron a todos os que te viron...ía igual que Kelly Slater...jejeje pensas para ti...pero cando tes un colega que pode corroborar con unha boa imaxe ou un video o momento,comprobas que ese tubazo non foi mais que un sombreirete e ese girazo que pensabas que saira unha cortina de auga tremenda non foi mais que un recorte a media pared...pero o que eu che diga...coa imaxinacion disfrutase moito mais o baño jejeje
Saudos e apertas ferrolás
jaja la verdad esque si que se piensa que haces mil cosas, cuando en realidad no haces ni la mitad, pero bueno, si estas satisfecho da igual lo que hicieras, aunque si que no está de más ver un video para poder autocorregirte de vez en cuando jeje
y bueno salutes, que te vaya bien
Pd.hice un blog, no creo que ponga muchas cosas, pero bueno es para pasar el tiempo ahora que me esperan unas largas tardes de lluvia jajaja
http://surfenaguadulce.blogspot.com/
Hola Moinelo.
Tes razón en que teño moita imaxinación. E tamén tes razón en que moitas veces pensamos que facemos algo tremendo porque o sentimos multiplicado por 10, pero en realidade foi algo sinxelo.
De todas formas, ó contar as cousas intento non deixarme levar por como as sinto, e sempre trato de ser o máis obxectivo posible, anque as veces non o consiga. O teu comentario gústame por un lado porque o interpreto como unha crítica constructiva. De todas formas, penso que igual te viches animado a decirmo porque na entrada, tal e como a tiña antes (cambieina) daba a entender que a foto sacada de internet podía ser similar á tapadiña ou sombreirete (como tidis) que me fixen eu. A verdade é que é certo que se podía entender que eu ía igual de entubado que o tio da foto, e como non era para nada a miña intención correxino. Espero que non che importe. Se o comentario o sigues apoiando a pesar do dito, poiss.. moi ben :) anque non estea de acordo coa forma, sempre se pode aproveitar para intentar dar unha maior dosis de humildade e modestia contando as cousas que nunca ben mal. Podía non contar nada, pero como o blog se trata de compartir cousas, fotos, videos, anécdotas... tamén me apetecía compartir esa boa experiencia que tiven, con vós. Porque eu tamén disfruto polos demais cando me contan o que disfrutaron nalgún momento. Anque diga "que cabróN" en realidade estoume alegrando por el e disfrutándoo casi igual.
Unha aperta!
Que maestro Ru...menudo baño mas guapo
que ganas de verte capullO!! gracias por pasarte. un abrazo tio!
Publicar un comentario