sábado, 4 de octubre de 2008

Arrugadiño coma unha pasa

Así me quedei hoxe despois de 6 horas e media de baño.
Pola mañá de 11.30 a 15.30 nunha praia "externa" e pola tarde un baño normal no "quinto pino" con bastante xente para ser esta zona. Unhas 10 persoas.

Esta foto non é de hoxe pero si da mesma praia fai un par de semanas. (Ferdy, cuando vosotros estábais en Razo)
Photobucket

a foto sacouma Xigui. Un fotógrafo e empresario de Rianxo que se dedica a isto e ten unha empresa de informática. A súa web de fotografía é www.tufotografia.es

Despois do baño nada mellor que compartir unha preciosa posta de sol dende o cumio do monte de fisterra bebendo unha cerveza e comendo donuts, patacadas e máis guarradas con Jaime de louro, Tere (a muller), e dúas surfeiras alemanas Ana e Elena que están de visita pola costa da morte.

Poñerei fotos desta posta de sol en breves (Jaime mándamas! jeje)

PD y despues de la publicidad...post con fotóns de indonesia traídas por Xose de Viveiro (véase rana voladora despues de tubazo en machacona)
Todo un fora de serie

Un abrazo amigo!

2 comentarios:

docal dijo...

Boas Rubén:
Pois parece que onte foi o baño das pasas, porque nos pola nosa terra tamén tivemos un par de baños de 5horas+-. Non eran os izquierdotes do outro día en fisterra, pero eso sí... a auga estaba un pouco mais quentiña.
Por certo, tocoume todo o ano para Ferrol, pero algunha visitiña tocará, asique... vémonos meu.

Rubén Prieto dijo...

Noraboa! unha interinidade ó lado de casa! que sorte meu, alégrome un montón.
Onte a verdade é que gocei coma un enano. o baño gustoume máis que o día dos "esquerdotes" non eran tan grandes pero moito máis ordenado...

Xa non parece coincidencia, xa van moitos "4 de outubro" nos que me pego bañazos... dende o 4 de outubro do 2002, que collín unhas das mellores olas da miña vida en nemiña (con body)... jeje

Ah, a auga estos días por aquí está conxelada. Pero Mooi FRIAA. Xa de costume está conxelada, pero estos días... a sensación non é frío.. é dolor intenso

estes días que andarei por coruña a ver se me acerco por ferrol e che pego un toque.

Un abrazo meu!