Hoxe pegueime unha boa camiñata por Coruña. Dende a casa de Tei, nos Rosales, ata o Museo de belas artes.
Estamos tan acostumados a collelo coche para todo que ás veces olvídome do que me gusta camiñar, escoitando boa música e mirándoo todo e a todos. Ó camiñar dache tempo a pensar. Polo menos a saudarte a ti mesmo, cousa que xa case non facemos por culpa desta ritmo de vida que nos impón a sociedade que non nos deixa tempo para nós.
E dirás ti... e como che deu por ir ó museo ese se habiá olas?! Pois resulta que hoxe comecei un curso de interpretación, producción, guión e dirección de cortometraxes. É subvencionado pola xunta, polo que sae completamente gratis, e ademais venme moi ben para levar adiante un pequeno proxecto que teño entre mans.É dous días á semana, polo que nos meses de outubro e novembro estarei bastante por Coruña.
Hoxe ó rematalo curso, e despois de tomarme unha clara con alumnos e mestres do curso, volvín cara os Rosales, non sen antes intentar sacar algunha foto co efecto "seda" nas olas. Cousa difícil de conseguir cunha cámara compacta na que non che deixa regular a velocidade de obturación... pero bueno, fixen o que puiden. Ó final non coseguín o efecto desexado, simplemente as olas saíron un pouco movidas en comparación co estático dos outros elementos da foto, incluído o elemento de melenas que son eu. A foto está feita na parte da praia máis próxima ó pirulí.
Para hoxe recomendo buscar a canción Galicia Livre de Carlos Nuñez. Atopei este video na que a toca nun concerto, pero para o meu gusto non sona igual de ben que no disco de "almas de fisterra"
Un saúdo!
5 comentarios:
Boas Rubén!
pois mira ti por onde, que sempre dis que cando vaiamos pola túa terra che peguemos un toque, agora que estás ti na "nosa" estáremos encantados de que nos pegues un telefonazo ti a nos, e? o dito!
bikiños!
P.D. Morro de curiosidade por saber cal é ese proxecto que tes en mente...
pois tómoche a palabra! pero para a semana xa virei preparado, que me traio táboa fijo jeje. e se teño tempo chámovos pa tomarnos unhas claras
Pois o proxecto en cuestión é unha curtametraxe que estou facendo, xa levo escrito a metade máis ou menos e a cousa parece que vai para adiante... mantereivos informados :)
bikoooss!
soy chema Rubén ,lo mismo te digo,Pásate por la tienda algún día que estés por aquí (calle orzan,94)muy cerca de la playa.
saludos...
Graciñas Chema, pasarei encantado. Como se chama a tenda? non sabía que tiñas unha!
Un abrasoo
Se llama Itzu bazaar.
saludos.
Publicar un comentario