lunes, 20 de octubre de 2008

Bañazo laaargo

O Mércores, estaba na Coruña sen saber que facer, así que empecei a mirar as previsións, fixen algunha chamada e púxenme en órbita.

Ós 20 minutos estaba Dani nos rosales para recollerme e poñernos rumbo á praia.
Cando chegamos, ó ver as olas, comimos rápidamente uns bocatas, saquei unha foto e tirámonos a auga en menos do que canta un galo.

Photobucket

Había dous picos, os dous rompendo de dereitas e esquerdas. Un estaba bastante saturado, habería unhas 18 persoas, e neste da foto seríamos de media uns 6 ó longo da tarde. Farteime a coller dereitas, anque unha das olas que máis me gustaron do baño foi unha esquerda.
As series que caeron ó longo da tarde, eran algo máis grandes que a da foto. A verdade é que foi un baño bastante bo. A xente remaba cun sorriso de orella a orella e había olas para todos (polo menos no pico no que estiven). Sempre me sorpendeu esta praia polo bo ambiente que se respira na auga. Moi bo rollo. Nada de localismo...esperemos que dure.

Saímos da auga Dani e eu cando xa non se distinguían as series do horizonte. Unha pola oscuridade que empezaba a tragalo día, e outra porque o mar estaba tan glassy e gris, que se confundía co ceo.

De camiño para casa, a sensación de placer de ter disfrutado dun bo baño, viuse multiplicada polos asientos calefactables da vito de Dani, que lle ían dando vida a eses riñonciños nosos que estiveron a remollo toda a tarde jeje. Que gozada de furgo!!

abrazoss!

PD: Entrada de Dani deste mesmo día aquí

abrazos!

1 comentario:

Anónimo dijo...

menudas olas debia de haber...6 persona no estan mal, es un buen numero jaja aunque yo prefiero el de 3 personas o asi, pero bueno, para gustos, colores

bueno tio cuidate y a ver si nos vemos que desde septiempre del año pasado nada jaja

salutes, martin