Onte tocou bañazo con maiúsculas.
Despois de miralas condicións meteorolóxicas...o baño, prometer xa prometía, pero cando me chamou Carlos de Camelle e me di: "Rubén, xa teño o traxe posto, von pa ajua que esto está mui ben"...non tardei nin 3 segundos en ter os bártulos no coche e estar arrancando para a praia de "alí fora". Carlos é destos que cando di que un baño está ben... podes estar seguro de que está ben. Téñoo na axenda do mobil como un dos "fiables" no tocante ás olas jeje
En canto cheguei á praia, vin unha ola a lo "puerto escondido" na parte esquerda da praia rompendo de dereitas e esquerdas larguíísima. Como poucas veces se ve nese lado da praia. Estaba grandiño e con vento off-shore. As olas color verde claro debido á colocación do sol (detrás das olas).
E na parte dereita da praia seguía rompendo esa esquerda que poucas veces nos abandona. Vamos, que collín a cámara, tirei dúas fotos sin esperar nin un segundo, collín a táboa e corrín a todo trapo ata a praia. Tiña medo de que ó baixar a marea se desfasase.
Saían esquerdas que me recordaron a Pipeline! e non é coña. Dígoo, primeiro polos tubos que caían, e segundo pola forma que tiña o labio ó caer. A ola enroscábase cunha forza tremenda, pero antes de caer subía bastante. É difícil de explicar. É como se en lugar de lanzarse o labio cara adiante e abaixo, se lanzase cara arriba e adiante...dando a sensación de que tiña un labio gordísimo.
Ó principio compartín uns 15 minutos de baño con Carlos, pero despois tivo que irse e quedei só nese pico aproximadamente unha hora. No pico da esquerda da praia, había 4 surfistas, e non me explicaba que facían alí tendo un pico tan bo ó lado do canal...total.. que me acabou picando a curiosidade e fun ata alí non fora ser que estiveran pillando olas aínda mellores. Alí estaba pana e uns colegas... a resposta era que non querían moito tamaño, e alí rompía algo máis pequeno. Vamos, que ó final volvín ó outro pico a coller esquerdolos eu solo e despois con Docal e a moza (Silvia?dios..que merda de memoria).
Peeeeero... a verdade sexa dita. Como me dixo non sei quen (Perry?eu e a miña memoria) agradécese algo de "sinceridade blogueira". Polo que che vou contar que non era todo flores.
Ó canal tiña moitísima forza, deixábache no pico en 2 minutos mentres te sentabas na táboa, pero despois seguía empuxando cara o centro da praia e había que estar remando casi continuamente para estar "quieto" e ben situado no pico. Cousa complicada porque unhas series rompían nun punto, e outras máis grandes casi encima das pedras. En resumidas contas, que olas pilleinas e boas, pero tamén comín de lo lindo. Ó que coñeza a praia sabe a distancia que hai dende os coches ata as olas, e poderase facer unha pequena idea do que se cocía alí abaixo con esta foto
Comentoume un rapaz que nun dos "lavado-centrifugado" quedou espatarrado no fondo, alí atrás, no pico. E a min cazáronme un par que me recordaron ás lavadoras de Mundaka (véase entrada "barrika" jeje) Que violensia! e eso que non eran moi grandes, terían sobre 3 metros reais (porta e media), pero tiñan bastante forza.
Hoxe o baño foi máis tranquiliño e pequecho, pero xa o contarei mañá noutra entrada para non saturar :)
Un abrazo!
6 comentarios:
ESTAS FEITO UN TAMAÑOMAN, TES QUE COMPRAR UN PINCHO. MENTRES QUE EU UN TABLON PARA ONDA PEQUENAS.
Mimá, que medo! É o peor que hai eses centrifugados salvaxes.
Un saúdo e boas ondas!
Que sorte, eu ando mancado por un tablonazo no lombo e co nervio ciatico inflamado. Xa levo unha semaniña en seco e na cama. Polo menos estou rebaixado e non me toca traballar.
A moza de Docal, chamase Lisa.
Un Abrazo.
joderrrrr menudas olas.. y yo en louro muriendo de asco con unas olas de medio metro, 1m las mas grandes... ademas rompian medio entubadas y no te dapa para hacer nada... -.-"
en fin que menuda playa ahi por esos lares jaja
me voy a ir aprendiendo los nombres de las playas para as medras jaja
martin
salutes
vamos bautizalo pico como decimos na costa da morte pipeline e como? pois pailan jejeje Que che parese
jose, pincho xa teño un... é unha especie de híbrido/pincho 7,5... vai moi ben en olas grandes pero leva un ano parada por non cambiarlle a quilla jeje..
Gerry, a todo se acostuma un jeje. Anque os peores son os que caen por sorpresa, esas "oliñas" que non parece que machaquen moito e téñente media hora baixo a auga.
King, esperemos que xa andes mellor do lombo...E graciñas pola aclaración! que verjuensa, tou cansado de charlar con ela...moi majos os dous
Martín, aquí estaremos pas medras e non tan medras :) que xa lle vas collendo o toque bastante ben..
...pailán? jeje parece que estamos insultando a nosa propia ola... non me convence moito :)
UN abrazo a todooss!
pd. perdoade por contestar tan tarde!! fóiseme
Publicar un comentario