martes, 16 de septiembre de 2008

5º e 6º día barrika surfcamp: Mundaka impresionante

O mércores despertámonos con formiguiñas no estómago. Un maretón de 4 metros e pico estaba pegando xa na costa vasca.
Almorzamos a base de bien, Lurta prestoume o seu pincho 7,0 para estar ben armado á hora de intentar surfear MUndaka, e marchamos. Os cursillistas para Sope, coma sempre, e nós para a "OLA".

Mundaka, este día estaba cheíño de coches... non había un solo sitio para aparacar en ningún aparcamento do pobo, polo que me fixen un pequeno cálculo da xente que habería na auga e cheguei a conclusión de que o obxectivo do baño era "ir ver Mundaka dende a auga", e si pillaba algunha ola xa podía darme cun canto nos dentes. Ó final, aparquei máis cerca imposible. Xusto a uns metros de onde se salta á auga. Os que coñezan o sitio vanse a dar conta :)

 

Eu baixei do coche e xa fun directo a poñelo traxe. Nin se quera me asomei a ver como rompía. Ó final.... rompía grande :)

Descripción do baño de Mundaka:

Unhas 50 persoas na auga, que distribuídas nunha liña de uns 200 metros non se facía tan "espeso" como esperaba.
Rompían olas de un tamaño considerable 2m segundo os vascos, 4m reais, dúas portas, un 2º piso, chámalle X. Estaba grande de carallo. Ademais, a cuestión non era a altura da ola senon a anchura! algunhas eran tan anchas como altas. Había unha sección que sacaba un tubo que daba medo.

Según os locais, non rompía ben de todo. Non era unha cremallera perfecta. A "armonía" da ola rompíase nunha sección que cerraba uns 20 metros cun tubazo coma unha casa. A xente pasaba a sección por debaixo cunha velocidade impresionante, e algún outro colgado, como "Zumo" (David bustamante) entraba no tubo todo estirado cos brazos levantados en plan...."a lo loco". Era unha sección imposible de atravesar por dentro do tubo.

Quitando esa parte, o resto da ola abría perfecto moitíiiisimos metros.
A profundidade que había na sección tubera era moi pouca, por momentos tocabas cos pes na area. Habería metro e medio cando a ola chupaba.

A min cazáronme dúas olas das grandes na súa sección máis potente. Levantóuseme diante unha parede marrón (levantaron moitísima area) e caeu un labiazo gordísimo uns 4 m diante de min. Pegoume a lavado/centrifugado/paliza acuática máis salvaje que levei nunca. Pero non o pasei mal porque tiña moito aire, estaba tranquilo, sabía o que me esperaba. En canto din sacado a cabeza, só me deu tempo a dar outra bocanada de aire rápidamente antes de ser papado pola seguinte... Foi unha experiencia agradable. jeje. Despois deso remontaba máis tranquilo, como coñecendo o peor que me podía pasar na auga e sabendo que son capaz de sobrevivir :)

Eu só collín UNHA ola dende o principio ata o final. Unha das grandes, e foi porque veu unha serie moi grande e a xente tirou mar a dentro para non ser cazado e eu esperei pola primeira. Era a miña única oportunidade. Sacando ese momento, ou roubabas unha ola ou non surfeabas.
Cando cheguei ó último tramo da ola (ata que rompeu en barra despois de mooooitos metros surfeando) dinme conta de que a última sección da ola estaba casi vacía. Había 5 enanos de uns 10 aniños surfeando 20.000 veces mellor ca min. E a ola tiña nesa sección uns 2,5 ou 3 rompendo perfecto e con seccións moi tuberas. Dende que me quedei nesa parte xa surfeei máis. (unhas 15 olas máis)

Esta foi a entrevista que lle fixen ó meu amigo Alex despois do baño :)


e a ola, para quen non a coñeza, é esta
.

Estivemos surfeando unhas 3 horas e pico. Acabamos tan rebentados que despois de comer, aínda sabendo que había boas olas en laredo, quedámonos nas hamacas durmindo. Dímolo día por rematado

Rematámolo día, pero non a noite ;)
Photobucket
Un bar hippierolo a pé de praia




No hay comentarios: