sábado, 22 de septiembre de 2007

iniciación ó surf en "familia"

Cando miramos o mar, e pensamos: "pff, imos para casa..." penso que realmente non estamos sendo conscientes das posibilidades que nos pode ofrecer o baño. Ou do afortunados que somos polo simple feito de poder pegarnos un baño, camiñar, nadar, rir, e xogar coas olas... por moi feas pequenas e fofas que sexan.

Un día no que nin nos plantearíamos meternos á auga... por razóns obvias, pasámolo de medo Salvia, Mateo e eu. (moza e cuñado)

Resultou ser o primeiro día de surf de Mateo, que despois das miñas innumerables tapas de orella sobre este deporte, xa tiña bastantes ganas de probalo. Púxose de pe o primeiro día e con esas olas!. Todo un logro, inda que o rapaz é moi coordinado e ten moi boa condición física.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
parece que leva unha táboa corta, ou unha evolutiva 6,8" ou algo así, pero é un 9`2". É que o rapaz mide máis de 1,90 dende os 15 ou 16 anos jeje

O pai, que facía de fotógrafo non o cazou en ningunha de pe de todo, pero estou de testigo. conseguiuno :)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Esta é salvia en Nemiña o día seguinte
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E este son eu experimentando cos equilibrios invertidos jeje
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

1 comentario:

Andres dijo...

Hola Rubén, que bueno que sigues adelante con el blog, te quería informar que el mió cambio de dirección ahora lo puedes visitar en: http://andressoulsurf.blogspot.com/
Saludos!