Hoxe escapeime do traballo, (pintando máis palmeriñas, esta vez nun interior), para ver se había baño en Rostro. Para a miña sorpresa, había pouco mar. Non sei se vos pasa pero, dame a sensación de que canto máis surfeo, menos coñezo o mar.
Así que, collín a cámara e dispúxenme a sacarlle partido a esa gasolina queimada ata a praia.
Cando estaba chegando ó extremo do cabo onde tería unha boa visión da praia para facer unha panorámica, púxenme todo nervioso quitando cámara, obxectivo, trípode... porque por un momento a praia estaba sendo iluminada cunha luz moi alaranxada. Pero nesto, tal e como se notases unha presencia, deume o pálpito e dinme a volta. Unha raiola de luz saía do monte, e comecei a correr coma un tolo para chegar o alto do cabo e poder ver a nube de onde nacía o raio

Puxenme a disparar coma un tolo, con zoom, sen zoom, con pedra e sen zoom, con pedra e con zoom, con gaivota por medio... antes de que se fose o raio. Cando me da por mirar para a pantalla da cámara...."sin tarjeta cf" -AAAAHH! saíume un berrido como si me sentase nun mato de toxos. jajaja.. deume a risa, puxen rápido a tarxeta e saquei a foto que vistes. Que non ten nada, pero paréceme curiosa.
Non tiven que esperar moito para que a luz se comezase a ir permetíndome facer exposicións largas.
Baixei por unha zona pola que nunca me metera, que por certo é preciosa, e saquei esta panorámica

En realidade a panorámica "orixinal" segue pola esquerda ata atoparse de novo cos cantís, pero finalmente non a incluín porque non estaban ben enfocadas as pedras. Non sei como facer para enfocar ben algunhas zonas cando non hai luz suficiente nin para que o enfoco automático funcione nin para que eu poida mirar polo visor e enfocar a man. Se alguén que o sepa ten algún truco, agradeceríallo. Eu en ocasións así mandaba a alguén poñerse cunha linterna ou un mobil mesmo na zona escura para que o AF o collese, pero estando solo, e tendo as pedras entre as olas.... complicado.
Aproveitando a técnica de unir fotos, acordeime dun procesado dunha foto que fixera Dani, e púxenme a elo. Dúas tomas con exposicións distintas. Unha máis larga para a auga, e outra máis corta para as luces. Xuntámolas e non quedan nin as luces queimadas nin a auga escura. Non me gusta moito o encuadre da foto, pero chovía por momentos, facía moito vento, tiña que apretar o trípode contra o chan para que o vento non mo movese... vamos.. que non era momento para crear/buscar nada apropiado (con escusitas, que mal que mal jeje).Isto é máis ben unha proba.

Que teñas moi bo día!