Unha tarde calquera, despois dun baño mañanero, achégome ata Rostro pola posibilidade de ter un segundo baño. Nestes segundos baños, tralo cansancio coa correspondente sesión de frío, aumenta a pereza/prejisa/vagancia/desazón/cansancio...que fai que inevitablemente suba bastante o nivel de esixencia con respecto á calidade das olas.
Vamos, que ten que estar moi bonito de dios para botarse por segunda vez un día de frío :)
E cando existe a posibilidade de sacarlle unhas fotos a dous amigos, as posibilidades de quedar en terra aumentan.
Aquí van unhas fotos que lles fixen a Dani Trillo e a Brais de Ézaro
Brais "cutbackeando" (sin enfuciñar, aínda que pareza o contrario)
Dani perfeccionando o seu botom
Secuencia (manobra rematada)
Si tivera que escoller unha foto que definise para min o surf, escollería esta:
Despois de un bo botom
Ven un bo xiro
Noraboa a Brais polo nivelazo que está collendo a pasos de xigante e a Dani por ese dominio con tan só un aniño de experiencia ;)
E de propina esta fotiña que describe moi ben como me sinto agora mesmo :)
Unha apertaza a todos!!
2 comentarios:
ese brais!! a mellor promesa da costa da morte!!
Que tal Ruben! Chulas as fotos, xa mirei que dominas outras disciplinas, refirome o asunto de piloto...jeje xa sabes non?
Veña, unha aperta!
Publicar un comentario