Moi boas!
Agora deume pola edición de video (xa levaba moito tempo con moitas ganas de atacar este campo).
E aínda que polo de agora son o novato dos novatos e só sei o máis "basiquísimo" deste fascinante mundo... aquí vai o meu primeiro video editado:
Trátase de imaxes que ía gravando cando podía sacala cámara durante a rodaxe da última película que fixemos dirixida por Jorge Algora
Como vedes, pouco máis fixen que cortar pegar e poñer unha musiquiña chula (ben howard). Foi gravado coa canon 550D e o 50mm 1.8 e editado co adobe premiere pro cs5.
Aquí tedes un avance do making of desta mesma película (neste si que saio jeje)
E o seguinte video foi gravado coa mesma cámara montada no oktokopter e estabilizado co after effects cs5 pro
É o faro de Touriñan. Recomendo ver o video a full hd (1080) e a pantalla completa.
Apertas!!
3 comentarios:
Boas Ruben! Alegrome de ver que as cousas van ben, notase que hay un ambiente cojonudo, iso e genial. Non acabo de creerme que esa calidade de imaxe salga de unha camara fotografica, e unha pasada!
Pois nada, unha aperta!
Dioossss, que vello vai Xurxo Algora... o que me enseñou a escribir guións (ainda que él xa nin se lembrará) ; e que mágoa ver que o galego segue a ser únicamente idioma de plató.
Polo demáis unhs imaxes boas e coidadas. Bonitos encadres e un ritmo axeitado.
Ah, e cando teñas tempo e poidas, que tal uns planiños do faro de Fisterra?
E xa postos a pedir, que comencen a ras de auga e suba en panorámica ascendente pola colina do faro, xiro sobre a linterna e sen cortes abres plano ata abarcar as Lobeiras, co faro na esquina inferior dereita do encadre.
Ahi o tes. E gratix!!
Publicar un comentario